Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade de traballar de xeito seguro nos laboratorios coñecendo os manuais de operacións e as accións ante incidentes de risco |
A2 |
Capacidade de utilizar técnicas e instrumentos habituais na investigación biolóxica celular e molecular: que sexan capaces de manexar as técnicas e protocolos así como comprender as potenciais das mesmas, os seus usos e aplicacións |
A3 |
Capacidade de utilizar ferramentas Bioinformáticas a nivel de usuario |
A4 |
Capacidade para aplicar as técnicas moleculares ao estudio da célula vexetal e a súa fisioloxía, a súa resposta a estímulos externos e as súas aplicacións biotecnolóxicas |
A5 |
Capacidade de comprender o papel dos microorganismos como axentes patóxenos e como ferramentas biotecnolóxica |
A8 |
Capacidade de ter unha visión integrada dos coñecementos previamente adquiridos en relación coa Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, cunha formulación interdisciplinar e un grao de experimentalidad moi elevado |
A9 |
Capacidade de comprender a estrutura, e función das proteínas a nivel individual e da proteómica, así como das técnicas necesarias para analizaras e estudar as súas interaccións con outras biomoléculas |
A10 |
Capacidade de modificar xenes, proteínas e cromosomas con aplicacións biotecnolóxicas |
A12 |
Capacidade para comprender, detectar e analizar a variación xenética, coñecer os procesos de genotoxicidad e as metodoloxía |
A13 |
Capacidade para integrarse profesionalmente en servizos do sector sanitario, farmacéutico, veterinario, produción animal, biotecnoloxía ou industrias do sector da alimentación |
B1 |
Capacidade de análise e síntese de problemas biolóxicos en relación coa Bioloxía Molecular, Celular e Xenética |
B2 |
Capacidade de toma de decisións para a resolución de problemas: que sexan capaces de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na formulación de problemas biolóxicos e a busca de solucións |
B3 |
Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas |
B4 |
Capacidade de organización e planificación do traballo: que sexan capaces de xestionar a utilización do tempo así como os recursos dispoñibles e organizar o traballo no laboratorio |
C1 |
Capacidade de expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C3 |
Capacidade de utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Manexar os aparatos necesarios para as técnicas celulares e moleculares |
AI1 AI2 AI3 AI4
|
|
|
Coñecer os protocolos de uso das diferentes técnicas |
AI1 AI2 AI4 AI5
|
|
|
Coñecer as aplicacións das distintas técnicas |
AI2 AI4 AI5 AI10 AI12 AI13
|
BI2
|
CM6
|
Plantexarse as formas de solucionar problemas metodolóxicos asociados a realización das técnicas |
AI8
|
BI1 BI2 BI3
|
|
Establecer relacións de uso entre as distintas técnicas e a sua posible combinación para a resolución de problemas |
AI8 AI9 AI10
|
BI1 BI2 BI3
|
|
Interpretar os datos procedentes das observacións e medidas no laboratorio |
|
BI2 BI3
|
CM3
|
Planificar, deseñar e desenrolar experimentos en relación coas técnicas aprendidas |
AI9 AI10 AI12 AI13
|
BI2 BI4
|
CM3 CM8 CM9
|
Manter unha actitude crítica de perfeccionamento da labor experimental |
|
|
CM1 CM3 CM6 CM8 CM9
|
Relacionar as propiedades químicas e estructurais das biomoléculas cás técnicas de laboratorio que sexan mais axeitadas para o seu illamento, purificación e caracterización |
AI2 AI9
|
BI1 BI2
|
|
Coñecer en profundidade as posibilidades e características da PCR e a PCR en tempo real |
AI1 AI10
|
BI3 BI4
|
|
Comprender e manexar as técnicas de DNA recombinante que poden utilizarse para o analise e manipulación das biomoléculas |
AI1 AI2 AI8 AI10
|
BI2
|
|
Utilizar métodos e técnicas para detectar e analizar a variación xenética |
AI2 AI3 AI12
|
BI3
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Purificación de biomoléculas |
Principios das técnicas de centrifugación e instrumentación. Centrifugación analítica e preparativa
Técnicas cromatográficas: principios e criterios de selección.
Fundamentos da electroforese. Tipos de electroforese
Isoelectroenfoque. Electroforese capilar. |
PCR |
Conceptos avanzados de PCR
Diferencias entre PCR e PCR en tempo real
Métodos de detección de amplicóns
Deseño de ensaios e analise de resultados |
Tecnoloxía dos marcadores moleculares |
Marcadores moleculares: concepto e características xerais
Principio, desenvolvemento e xenotipado de RFLPs, microsatélites e SNPs |
DNA Recombinante |
Enzimas e protocolos utilizados nas técnicas de DNA recombinante
Xenotecas xenómicas
Xenotecas de expresión
Analise de xenotecas
Técnicas de transferencia e Blotting
Secuenciación
Técnicas de mutaxénese dirixida
Silenciamento
Usos e aplicación de organismos transxénicos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A3 A12 B4 C8 C9 |
24 |
48 |
72 |
Traballos tutelados |
A2 A3 A8 A9 B1 B2 B3 |
0 |
42 |
42 |
Análise de fontes documentais |
A4 A5 A8 A10 A13 C1 C3 |
0 |
28 |
28 |
Proba mixta |
A2 A3 A9 A12 B1 B2 C6 |
2 |
4 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Clases prácticas no laboratorio, resolución de problemas e casos prácticos |
Traballos tutelados |
Traballo Titorizado relacionado coas técnicas realizadas no laboratorio de prácticas. Realizaranse de maneira individual baixo a orientación do profesor.
As titorías poderanse realizar a través do Teams
|
Análise de fontes documentais |
Para o estudo da parte teórica da materia os/as alumnos/as disporán de diversos materiais: presentacións de powerpoint, videos, webs... |
Proba mixta |
Exames con cuestións sobre os contidos teóricos e prácticos |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
As titorías realizaranse on line via Teams ou correo electrónico.
As Titorías serán personalizadas centradas na orientación para a realización dun traballo tutelado, resolución de dúbidas e aclaracións.
O horario de TITORÍAS especificarase ao inicio do curso.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A3 A12 B4 C8 C9 |
Nas diferentes sesións de prácticas, os alumnos resolverán situacións e problemas e/ou resolución de cuestionarios que se evaluarán como parte da evaluación continua |
20 |
Traballos tutelados |
A2 A3 A8 A9 B1 B2 B3 |
Elaboración e redacción dun traballo tutelado. |
30 |
Proba mixta |
A2 A3 A9 A12 B1 B2 C6 |
Consistirá nun exámen con cuestions nas que o alumno terá que aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na asignatura. |
50 |
|
Observacións avaliación |
-A asistencia ás prácticas é condición necesaria para ser avaliado. -En caso de non superar a materia no exame da primeira oportunidade da convocatoria (Xaneiro), as cualificacións obtidas nos traballos tutelados e prácticas conservaranse para a segunda oportunidade (Xullo), e nas actas aparecerá a cualificación de 4. -As matrículas de honra outorgaranse preferentemente entre os/as alumnos/as presentados/as na avaliación correspondente á primeira oportunidade da convocatoria, segundo a normativa de Cualificacións e Actas nos Graos e Másteres. -Os/as alumnos/As que no se presenten ás probas oficiais terán un Non Presentado nas Actas.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
M. L. Marina, A. Ríos, M. Valcárcel (2005). Analysis and detection by capillary electrophoresis . Amsterdam : Elsevier
Westermeier, Reiner. (2005). Electrophoresis in practice : a guide to methods and applications of DNA and protein separations. Weinheim : Wiley-VCH
Weiner MP, Gabriel SB, Stephens JC, (2007). Genetic variation: a laboratory manual. Cold Spring harbor Laboratory Press, New York.
Brown TA (2008). Genomes (3º ed). . Médica Panamericana, Buenos Aires.
Morteza G. Khaledi (1998). High-performance capillary electrophoresis theory, techniques, and applications . New York : John Wiley & Sons,
Nuez F, Carrillo JM, (2000). Los marcadores genéticos en la mejora vegetal.. Universidad Politécnica de Valencia.
Avise CJ (2004). Molecular markers, natural history, and evolution (2ª ed.). . Sinauer Associates, Sunderland, MA.
Keith Wilson and John Walker (1995). Principles and Techniques of Practical Biochemistry. Cambridge, University Press
Dorak, T. (2007). Real-Time PCR. Routledge Taylor and Francis.
Mackay, I. M. (2007). Real-time PCR in microbiology : from diagnosis to characterisation. Norfolk: Caister Academic Press.
Edwards, K., Logan J. & Saunders, N. (2004). Real-time PCR: an essential guide.. Horizon bioscience.
Logan J, Edawards K, Saunders N. (2009). Real-Time PCR: Current Technology and applications.. Caister Academic Press |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Ademais, proporcionaranse artigos científicos de revisión sobre os temas tratados na asignatura na plataforma Campus Virtual. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|