Iniciación á Botánica ou ciencia que se encarga do estudo dos diferentes grupos de organismos clasicamente coñecidos como vexetais, integrando información doutras materias (fisioloxía, anatomía e histoloxía vexetal, bioquímica, xenética, ecoloxía, etc) e que capacita ao alumno para traballar en diferentes ámbitos: como investigador, docente, na asesoría ambiental, a agronomía e a etnobotánica.
Competencias do título
Código
Competencias / Resultados do título
A1
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2
Identificar organismos.
A4
Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A7
Reconstruír as relacións filogenéticas entre unidades operacionales e pór a proba hipóteses evolutivas.
A19
Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A22
Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A29
Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30
Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31
Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
A32
Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B1
Aprender a aprender.
B6
Organizar e planificar o traballo.
B8
Sintetizar a información.
B12
Adaptarse a novas situacións.
Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe
Competencias / Resultados do título
-Aprender as técnicas básicas de traballo de campo e laboratorio en Botánica.
A4 A22 A30 A31 A32
B1 B8
- Desenvolver as capacidades de observación, descrición e identificación de organismos vexetais.
A1 A2 A4 A22
B1 B6 B12
-Coñecer a diversidade vexetal e os niveis de organización morfolóxica.
A1 A2 A29
B1 B8
- Comprender a organización taxonómica dos organismos vexetais e a súa nomenclatura.
A1 A2 A7
B1 B8
- Interpretar as evidencias das relacións evolutivas entre os organismos vexetais.
A1 A4 A7
B1 B8 B12
-Entender os tipos de reprodución e ciclos biolóxicos característicos dos distintos grupos vexetais.
A4 A19
B6 B8
-Incentivar un maior interese e motivación para a aprendizaxe da Botánica, como unha ciencia imprescindible para a súa completa formación como Biólogos.
B6 B12
-Desenvolver o hábito e a capacidade para o manexo adecuado e crítico da bibliografía.
A29
B1 B8
Habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
B6 B8 B12
Contidos
Temas
Subtemas
BLOQUE I: INTRODUCIÓN E CONCEPTOS XERAIS
I.1. Organismos estudados na Botánica.
I.2. Adquisición de coñecementos botánicos.
I.3. Teorías da evolución e bioloxía vexetal.
BLOQUE II: ORGANIZACIÓN DOS VEXETAIS E FUNGOS
II.1. Organización celular.
II.2. Organización dos talófitos.
II.3. Organización dos cormófitos.
II.4. A organización tisular da planta
II.5. A reprodución. Ciclos biolóxicos. Ecoloxía reprodutiva
BLOQUE III: BIODIVERSIDADE E EVOLUCIÓN
III.1. A evolución en vexetais. Encadre dos vexetais nos seres vivos. Relacións evolutivas e importancia da filoxenia. Caracteres e principais grupos.
III.2. Niveis morfolóxicos de organización dos vexetais. Evolución de talófitos a cormófitos.
III.3. Moneras e protistas fotosintéticos. Cianobacterias e algas.
III.4. Fungos e outros organismos heterótrofos. Simbioses fúnxicas.
III.5. As plantas sen flores. Caracteres xerais dos embriófitos. Os embriófitos vasculares. Caracteres xerais e ciclo de vida dos pteridófitos.
III.6. Os embriófitos prevasculares. Caracteres xerais e ciclo de vida dos briófitos.
III.7. As plantas con flores. Caracteres xerais e ciclo de vida dos espermatófitos.
III.8. As ximnospermas e anxiospermas (dicotiledóneas e monocotiledóneas).
BLOQUE IV: ECOLOXÍA E CONSERVACIÓN
IV.1. Comunidades e poboacións vexetais. Interación con outros organismos
IV.2. Os reinos florísticos e as principais formacións vexetais da Terra. Biomas. Vexetación de Galicia.
IV.3. A biodiversidade vexetal. Ameazas e estratexias de conservación.
SEMINARIOS
1.- Clasificación y sistemática.
2.- Ciclos de vida de vexetais e fungos.
3.- Diagramas e fórmulas florais. Claves de identificación.
4.- Estudos comparados de organismos.
PRÁCTICAS
1.- Introdución da paisaxe vexetal local, estudio organográfico e diagnóstico de campo dunha selección de especies. Recolección e métodos de conservación.
2.- Características e función de fungos e líquenes. Observación de estruturas vexetativas (micelio) e reprodutoras en Zygomycetes e Ascomycetes microscópicos. Recoñecemento de corpos frutíferos de Ascomycetes e Basidiomycetes. Tipos morfolóxicos de liques e o seu hábitat. Recoñecemento de estruturas reprodutoras en liques.
3.- Características e función de algas microscópicas. Manexo do microscopio. Análise de algas microscópicas en augas continentais (eutrofizadas ou non). Estudo de algas en plancto mariño.
4.- Características e función de algas macroscópicas. Observación de representantes de de auga doce e mariña. Organización e morfoloxía, estructuras reprodutoras e ciclo vital.
5.- Características e función de briófitos e pteridófitos. Estudo de diversidade de representantes de briófitos (hepáticas e musgos) e de pteridófitos (fentos, equisetos e licopodios).
6.- Características e función de ximnospermas. Observación de caracteres vexetativos e reprodutores. Recoñecemento de especies de ximnospermas (Pinaceae, Cupressaceae, Taxaceae) representativas da flora ibérica.
7.- A flor. Análise da flor. Estudo morfolóxico de diferentes tipos de flores.
8.- Estudo das características e función de anxiospermas monocotiledóneas. Recoñecemento de especies comúns en ambiente eurosiberiano ibérico.
9.- Estudo das características e función de anxiospermas dicotiledóneas. Recoñecemento de especies comúns en ambiente eurosiberiano ibérico.
ESTUDO DE CASO
Esta actividade consiste nunha na creación e implantación de recursos fotográficos dixitais de calidade científica e didáctica para o ensino e a aprendizaxe na área de Botánica. Realizarase como unha estratexia válida de formación investigativa que posibiliten a integración teórico-práctica dos coñecementos previos e ancestrales coas novas tecnoloxías da informática, para obter unha aprendizaxe significativa.
Planificación
Metodoloxías / probas
Competencias / Resultados
Horas lectivas (presenciais e virtuais)
Horas traballo autónomo
Horas totais
Sesión maxistral
A1 A2 A7 A29 B1 B8
23
46
69
Prácticas de laboratorio
A2 A4 A30 A31
20
20
40
Seminario
B12
8
8
16
Estudo de casos
A19 A22 A32 B6
0
18
18
Proba mixta
B8
2
0
2
Proba obxectiva
B8
2
0
2
Proba práctica
B1
1
0
1
Atención personalizada
2
0
2
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Sesión maxistral
O profesor impartirá os conceptos básicos para a comprensión da materia axudándose de presentacións e notas que porá a disposición dos alumnos.
Prácticas de laboratorio
O alumno terá que realizar descricións macroscópicas e microscópicas de organismos vexetais representativos dos distintos grupos e completar un guión dispoñible con anterioridade á práctica e que será avaliado. Na primeira práctica realizarase unha saída á contorna próxima durante unha hora para a aprendizaxe da recolección do material representativo dos distintos grupos vexetais que estudarán no laboratorio.
Seminario
O alumno deberá resolver distintas cuestións ou preparar de forma autónoma algúns dos contidos da materia. O traballo do alumno será posto en común durante as distintas sesións nas que se someterá a discusión e, no seu caso, avaliación.
Estudo de casos
Esta actividade Realizarase como unha estratexia válida de formación investigativa que posibiliten a integración teórico-práctica dos coñecementos previos e ancestrales coas novas tecnoloxías da informática, para obter unha aprendizaxe significativa. O traballo será compartido e posto en común, e empregaremos a autoavaliación, a coavaliación e a avaliación do profesor.
Proba mixta
A avaliación final sumativa dos contidos teóricos e prácticos farase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar.
Proba obxectiva
Proba dirixida á avaliación continua. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo.
Proba práctica
Proba na que se busca que o alumno resolva unha pregunta/problema que teña como resultado os coñecementos aprendidos nalgunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas.
Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Estudo de casos
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada realizarase de forma individual respecto cando a retroalimentación de face ao alumno así o requira. En caso de situación de presencialidad, terá lugar durante o desenvolvemento das tutorías da materia.
En caso de situación de non presencialidad, terá lugar online, en horario de tutorías previamente concertadas, e a través de correo electrónico.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao comezo do curso as tutorías específicas, ben ás que asistir, ou ben concertadas telemáticamente a través de correo electrónico, e que sexan compatibles coa súa dedicación
Evitarase a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas.
Facilitarase a integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades para superar a materia, mediante as axudas oportunas.
Avaliación
Metodoloxías
Competencias / Resultados
Descrición
Cualificación
Estudo de casos
A19 A22 A32 B6
Ao comezo do curso infórmase os alumnos da actividade a realizar ao longo do curso, que será individual. Cualificarase o contido, calidade e presentación da actividade.
15
Proba mixta
B8
Proba final que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
40
Proba obxectiva
B8
Proba escrita utilizada para a avaliación continua da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
20
Prácticas de laboratorio
A2 A4 A30 A31
A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios e presentación de informes de prácticas. Cualificarase o contido e calidade.
5
Proba práctica
B1
Proba final que consiste na resolución dunha pregunta/problema que teña relación coas clases prácticas.
20
Observacións avaliación
Para poder superar a materia na primeira oportunidade será necesario ter unha participación de polo menos o 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o alumno deberá obter polo menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na teoría (proba obxectiva escrita e seminarios), e 4 sobre 10 na parte práctica (que inclúe o estudo de casos e o cuestinario de prácticas).
Para poder superar a materia na segunda oportunidade (xullo), o alumno, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita e superar a avaliación da parte práctica. A necesidade de realizar unha ou ambas as probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade.
As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas só durante o correspondente curso académico salvo a parte práctica. Para obter a cualificación de "non presentado" o alumno non poderá participar en máis dun 30% das actividades avaliables programadas. No caso dos estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, a avaliación das probas obxectivas será a mesma, e a avaliación continua da participación poderá substituírse por un traballo individual proposto polo profesor e avaliado en titorías.
No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia seguiránse os mesmos
criterios de evaluación para a 1ª y 2ª oportunidade que para o restante
alumnado.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso
"0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria.
Fontes de información
Bibliografía básica
Teoría:
BARNES, C. (2001). Invitación a la Biología. Panamericana
DIAZ-GONZALEZ,
T.E.; FERNÁNDEZ-CARVAJAL, M.C. & FERNÁNDEZ, J. A.(2004). Curso de Botánica. Ediciones Trea, Gijón.
FONT
I QUER, P. (1982). Iniciación a la Botánica. Editorial
Fontalba.
FONT
I QUER (1987). Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. Labor.
FONT I QUER, P.
(1993). Diccionario de Botánica. Labor, Barcelona.
IZCO, J.; BARRENO, E.;
BRUGUÉS, M.; COSTA M.; DEVESA, J.; FERNÁNDEZ, F.; GALLARDO, T.; LLIMONA, X;
SALVO, E; TALAVERA, S. & VALDÉS, B. (2004). Botánica. McGraw-Hill, Madrid.
NABORS,
M.W. (2006). Introducción a la Botánica. Pearson.
REECE, C. et al. (2008). Biology. Pearson International Edition
SCAGEL, R.; BANDONI,R.J.; ROUSE,G.E.; SCHOFIELD, G.E.; STEIN,J.R. &
TAYLOR,T.M.(1987). El Reino Vegetal. Omega, Barcelona.
STRASBURGER, E., F.
NOLL, H. SCHENCK & A.F.W. SCHIMPER. (2004). Tratado de Botánica
(actualizado por P. SITTE et al.) Omega, Barcelona.
Prácticas:
AIZPURU,I.;
ASEGINOLAZA, C.; URIBE-ECHEBERRÍA, P.M.; URRUTIA, P. & ZORRAKIN, I. (2000). Claves ilustradas de la Flora del País Vasco y
territorios limítrofes. Servicio
Central de Publicaciones del Gobierno Vasco.
ANDRÉS, J., B. LLAMAS,
A. TERRÓN, J.A. SÁNCHEZ, O.G. PRIETO, E. ARROJO & T.P. JARAUTA (1990). Guía
de hongos de la
Península Ibérica (noroeste peninsular, León),
claves-descripciones-fotografías. Celarayn, León.
BÁRBARA, I. & J. CREMADES (1993). Guía
de las algas del litoral gallego. Ayuntamiento de La Coruña, Casa de las
Ciencias.
BONNIER,
G. & De LAYENS, G. (1993). Claves para la determinación de plantas
vasculares. Omega, Barcelona.
CABIOC'H,
J., J. FLOC'H, A. TOQUIN, C.F. Le, Ch.-F. BOUDURESQUE, A. MEINESZ & M. VERLAQUE (2006). Guía
de las algas del Atlántico y del Mediterráneo. Omega, Madrid.
CASTROVIEJO, S. et al
(2001). Claves de Flora Ibérica, vol. I
. Real Jardín Botánico, Madrid.
EGEA FERNANDEZ, J.Mª
& P. TORRENTE PAÑOS (1997). Manual de Teoría y Prácticas de Botánica.
DM Librero Editor.
GERHARDT,
E., J. VILA & X. LLIMONA (2000). Hongos
de España y de Europa. Omega, Barcelona.
GARCÍA,
X.R. (2008). Guía das plantas de Galicia.
Xerais.
JAHNS, H.M. & A.K.
MASSELINK (1982). Guía de campo de los helechos, musgos y líquenes de Europa.
Omega, Barcelona.
MANOBENS, R. Mª (1988).
Botánica, instruccions per als recol-lectors de plantes: l'herbari.
Preparació i documentació. Generalitat de Catalunya.
MAYOR,
M. & T.E. DÍAZ (2003). La flora Asturiana. Ayala, Oviedo.
NIÑO RICOI, H. (2008). Guía dos fentos de Galicia. Baía Edicións.
PÉREZ VALCÁRCEL, C.,
LÓPEZ PRADO, Mª & LÓPEZ DE SILANES VÁZQUEZ, Mª (2003). Guía dos liques de Galicia. Baía Edicións.
SALVO
TIERRA, E. (1990). Guía de helechos de la Península Ibérica
y Baleares. Pirámide, Madrid.
WIRTH, V., R. DÜLL, X.
LLIMONA, R.-M. ROS & O. WERNER (2004). Guía
de campo de los líquenes, musgos y hepáticas. Omega
Bibliografía complementaria
ENNOS R. & E. SHEFFIELD (2000) Plant life. Blackwell Science Ltd.
FUENTES YAGÜE J.L. (2006) Iniciación a la botánica. Madrid: Mundi-Prensa.
HICKEY M & C.J. KING (2000) The Cambridge illustrated glossary of botanical terms. Cam-
bridge Univ. Press Cambridge.
KAUFMAN P.B. T.F. CARLSON P. DAYANANDAN M. L. EVANS J.B. FISHER C. PARKS
& J. R. WELLS (1989) Plants: Their Biology and Importance. Harper & Row Pub. New York.
MAUSETH J.D. (2003). Botany. An introduction to Plant Biology. Jones & Bartlett. Sundbury.
RAVEN et al. (1991) Biolog??a de las plantas.
ROBERTS K. (2007). Handbook of plant science. Chichester: John Wiley & Sons.
SEGURA MUNGUÍA S. (2009) Historia de las plantas en el mundo antiguo. Bilbao: Universidad
de Deusto, Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Cient??ficas.
SMITH A.M. G. COUPLAND L. DOLAN N. HARBERD J. JONES C. MARTIN R. SABLOWS-
KI & A. AMEY. (2010). Plant Biology. Garland Science. Abingdon.
Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Materias que continúan o temario
Botánica sistemática: Criptogamia/610G02024
Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025
Xeografía botánica: Xeobotánica/610G02026
Observacións
Le
atentamente o texto e as lecturas adicionais asignadas antes da
charla correspondente.
Asiste
a todas as clases e participa activamente en discusións, preguntas
interactivas e actividades. Algunhas investigacións teñen mostrado
unha nota inferior nun 2 % por cada hora perdida de clase. Do mesmo
xeito, moitos estudos demostran que o compromiso social activo coa
materia produce unha aprendizaxe significativa e duradeira.
Toma
boas notas de clase, preferiblemente escritas a man. Indica as áreas
de dificultade para buscar despois da clase. Estrutura as túas
notas como listas, esquemas, mapas conceptuais ou noutra forma que
che sexa útil. Este tratamento inicial da información comeza o
proceso para facela túa, a aprendizaxe.
Minimiza
as distraccións. Mensaxes de texto, redes sociais, actividade en
liña, vídeos, etc. Na clase tamén distrae inxustamente aos teus
veciños.
Fai
preguntas; solicita aclaracións o antes posible. Non hai preguntas
estúpidas!
Contribúe
ao grupo. Se vos axudades uns a outros, todos o farán mellor.
Revisa
os conceptos o antes posible despois da clase, usando o libro e
outros recursos para aclarar as áreas nebulosas. Para unha
aprendizaxe máis duradeira, intenta atopar as respostas ás túas
preguntas ti mesmo ou mediante a participación activa nun grupo de
estudo.
Aproveita
ás horas de titorías con calquera dúbida que aínda non estea
segura.
Le
todos os correos electrónicos e anuncios do curso no Campus
Virtual. Es responsable de toda a información neles, así como de
calquera cousa anunciada ou publicada na clase.
É
altamente recomendable superar esta materia para poder cursar
calquera das que continúan o temario nos seguintes cursos do Grao
(Botánica sistemática: Criptogamia, Botánica Sistemática:
Fanerogamia e Xeobotánica).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías