Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Paleobioloxía Código 610G02043
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Bao Casal, Roberto
Correo electrónico
roberto.bao@udc.es
Profesorado
Bao Casal, Roberto
Blanco Calvo, Luis Alejandro
Grandal D`Anglade, Aurora
Moncunill Solé, Blanca
Correo electrónico
roberto.bao@udc.es
alejandro.blancoc@udc.es
aurora.grandal@udc.es
blanca.moncunill@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Esta materia estuda os procesos biolóxicos que operan a escala xeolóxica de tempo. Despois dunha introducción ás características principais do rexistro fósil e a súa representatividade, estúdanse aspectos relativos a análise da forma orgánica, o papel do rexistro fósil no desenvolvemento da Teoría Evolutiva moderna e a análise de procesos paleoecolóxicos e paleobioxeográficos dende una perspectiva evolutiva. No último bloque da materia preténdese obter unha visión da evolución da diversidade da vida ó longo do tempo xeolóxico no contexto dun planeta cambiante, e relacionar os coñecementos xa adquiridos, cara a interpretación da Terra como Sistema.

O enfoque da asignatura é eminentemente conceptual, deixando os aspectos mais puramente descriptivos (Paleontoloxía Sistemática) para os obradoiros e as prácticas de laboratorio.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A3 Recoñecer, obter, analizar e interpretar evidencias paleontológicas.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Asumir o concepto de tempo xeolóxico A3
A29
B1
Comprender o fenómeno da fosilización e a representatividade no rexistro fósil das biosferas primitivas A2
B1
Entender cómo os procesos biolóxicos que funcionan a escala xeolóxica de tempo, como a evolución ou as extincións en masa, non poden explicarse por meras proxeccións dos fenómenos que acontecen a escalas de tempo menor A2
B1
B2
Afondar no coñecemento da teoría evolutiva desde unha perspectiva mutidisciplinar A3
B1
B2
Coñecer de xeito práctico os principais grupos taxonómicos que conforman o rexistro fósil e a súa utilidade A1
A2
A3
A4
B1
B2
Identificar os principais bioeventos na historia da Terra e as súas causas e consecuencias A2
A3
B1
B2
Sintetizar os coñecementos que compoñen disciplinas aparentemente dispares, como Xeoloxía, Ecoloxía, Microbioloxía, Bioquímica, Botánica ou Zooloxía, no marco conceptual que ofrece unha Terra sometida a contínuo cambio A2
A3
A29
B1
B2

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE-1. HISTORIA E CONCEPTO DE PALEOBIOLOXÍA
Tema 1. Introducción á Paleobioloxía 1.1 Introdución
1.2 Rasgos teóricos e rasgos metodolóxicos
1.3 Divisións internas da Paleobioloxía
BLOQUE-2. TAFONOMÍA
Tema 2. Concepto de Fósil. Tafonomía 2.1 Introdución
2.2 Concepto de fósil e tipos
2.3 Procesos bioestratinómicos
2.4 Procesos fosildiaxenéticos
2.5 Icnofósiles
2.6 Promediación temporal
2.7 Fossil-lagerstätten
2.8 Representatividade do rexistro fósil
BLOQUE-3. ANÁLISE MORFOLÓXICA
Tema 3. Tamaño e Forma en Fósiles 9.1 Introdución
9.2 Análise da variabilidade morfométrica
9.3 Tipos de crecemento
9.4 Variabilidade poboacional
9.5 Variabilidade ecofenotípica
9.6 Dimorfismo sexual
9.7 Variabilidade tafonómica
Tema 4. Ontoxenia e Heterocronía 10.1 Introdución
10.2 Lei Bioxenética e Lei de von Baer
10.3 Heterocronía e os seus tipos
10.4 Heterocronía e alometría
10.5 Heterocronoclinas
10.6 Heterocronía disociada
10.7 Implicacións evolutivas das heterocronías
Tema 5. Morfodinámica y Evolución Morfológica 11.1 Introdución
11.2 Morfoloxía construcional. Factor filoxenético. Factor funcional. Factor fabricacional. Outros factores
11.3 Métodos de investigación en morfodinámica. Análise Biomecánica. Morfoloxía teórica
BLOQUE-4. PALEOBIOLOXÍA EVOLUTIVA
Tema 6. Clasificación e Filoxenia 12.1 Introdución
12.2 Métodos de clasificación. Esencialismo, clasificacións evolutiva, fenética e cladística
12. 3 Fósiles e filoxenia. Estratocladística. Arbres filoxenéticas
Tema 7. Especiación 13.1 Introdución
13.2 Os conceptos de especie
13.3 Modelos de especiación
13.4 O problema do concepto de especie en Paleontoloxía
Tema 8. Modelos Evolutivos 14.1 Introdución
14.2 Darwinismo e Teoría Sintética da Evolución
14.3 Modelos de evolución e rexistro fósil. Gradualismo filético e equilibrios interrumpidos
14.4 Taxas de evolución
14.5 Tendencias evolutivas
14.6 Selección de especies
14.7 Estase coordinada
Tema 9. Paleobioxeografía 16.1 Introdución
16.2 Bioxeografía da dispersión
16.3 Paleoxeografía e paleoclimatoloxía
16.4 Bioxeografía vicariante
16.5 Patróns bioxeográficos i extincións
Tema 10. Paleoecoloxía evolutiva 17.1 Introdución
17.2 Cambios globais de diversidade no Fanerozoico. Hipóteses explicativas
17.3 Lei de extinción constante. Hipótese da Raíña Vermella e hipóteses alternativas
17.4 Interaccións a nivel de clado
BLOQUE-5. BIOESTRATIGRAFÍA
Tema 11. O Tempo en Xeoloxía 4.1 Métodos de datación
4.2 A escala xeocronolóxica
BLOQUE 6. HISTORIA DA VIDA
Tema 12. Orixe e evolución temprana da Terra e da Vida 5.1 Orixe do Sistema Solar e do Planeta Terra.
5.2 Orixe e evolución da atmósfera.
5.3 Orixe da Hidrosfera.
5.4 Orixe e evolución dos continentes.
5.5 Vestixios das primeiras formas de vida.
Tema 13. A diversificación da vida 6.1 As faunas de Ediacara e outras formas de vida.
6.2 A explosión cámbrica.
6.3 Evolución das formas de vida no Paleozoico.
6.4 Terrestrialización
Tema 14. Eventos de extinción en masa 7.1 Os eventos de extincións en masa. Causas e consecuencias.
7.2 A extinción finipérmica.
7.3 A extinción finicretácica.
Tema 15. O clima e a Vida 8.1 Evolución climática do planeta Terra
8.2 Os episodios de glaciación global. Métodos de estudio.
8.3 A hipótese Snowball Earth
8.3 As fluctuaciones climáticas do Cuaternario e a súa influencia nos seres vivos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A29 B1 B2 21 63 84
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 7 12.6 19.6
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 14 25.2 39.2
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 2 3.2 5.2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As clases maxistrais abordarán os principos e problemas da paleontoloxía, así como o estudo da historia da vida na Terra. Os alumnos elaborarán os seus propios apuntamentos das clases. Haberá tamén lecturas obrigatorias de temas específicos desenvolvidos durante as clases
Obradoiro Os obradoiros pretenden introducir aos alumnos en conceptos básicos de tafonomía e sistemática mediante a observación directa de fósiles. Os alumnos tomarán os seus propios apuntamentos e resolverán cuestionarios. A asistencia aos obradoiros é obrigatoria para aprobar a materia.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio supoñen unha ampliación no coñecemento dos rasgos morfolóxicos esenciais dos principais grupos de fósiles, así como da identificación dos taxóns máis representativos da Península Ibérica. Os alumnos tomarán os seus propios apuntamentos e resolverán cuestionarios. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para aprobar a materia.
Proba obxectiva A calificación da asignatura ten por base un sistema de avaliación continuada e, polo tanto, NON É PRECISA a realización do exame final para aqueles alumnos que rematen con éxito a devandita avaliación continuada. Os alumnos que suspendan algunha das partes ou a totalidade da asignatura sí terán que presentarse ao exame final de aquelas partes que suspenderan

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Descrición
Espérase dos alumnos que asistan ás titorías persoalizadas para aqueles aspectos da materia que requiran dun maior esforzo, como a resolución de cuestionarios, os exames, ou as observacións realizadas durante os obradoiros e prácticas de laboratorio.

Os estudantes a tempo parcial que non poidan asistir aos obradoiros e/ou prácticas de laboratorio poderán quedar exentos destas actividades obrigatorias dentro do horario establecido. Porén, terán que resolver as tarefas nun horario adaptado ás súas obrigas como traballadores.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio. Estes cuestionarios supoñen un 10% da nota final 10
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio sobre os principais grupos de fósiles e/ou a súa identificación 25
Sesión maxistral A3 A29 B1 B2 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios e a participación en clase. Os cuestionarios serán de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio sobre os temas tratados durante as clases. A cualificación dos cuestionarios supón un 60% da nota final 65
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 Tal e como se indica no Paso 5, a cualificación toma como base un sistema de avaliación continuada e, por tanto, NON É NECESARIA a presentación ao exame final para aqueles estudantes que superaron a avaliación continuada. Para o resto de estudantes realizarase un exame final das partes específicas que teñan suspendidas (i. e., clases maxistrais 70%, obradoiros + prácticas de laboratorio 25%) 0
 
Observacións avaliación

Os estudantes deberán obter un mínimo de 5.0 sobre 10 para superar esta asignatura. A compensación de nota entre todas as actividades que compoñen a cualificación global (sesións maxistrais, obradoiros e prácticas) farase só a partir dunha nota mínima de 4.0 en cada unha das partes.

As cualificacións das tres partes (sesións maxistrais e obradoiros + prácticas) consérvanse para as dúas oportunidades (Xaneiro e Xullo). No que respecta  a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso, incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.

No caso de circunstancias excepcionais debidamente
xustificadas, como a de estudantes a tempo parcial ou con necesidades
educativas especiais, poderán tomarse medidas específicas de avaliación.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter
participado en máis dun 20% das actividades avaliables programada.

Todas as intrucciones arriba mencionadas aplican tamén aos alumnos a tempo parcial.

Os alumnos de cursos anteriores que se presenten á convocatoria adiantada de decembro examinaranse segundo as instrucións contempladas na guía docente da materia do curso 2020-21.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
materia na oportunidade correspondente


Fontes de información
Bibliografía básica PROTHERO, D. R. (2013). Bringing Fossils to Life. An Introduction to Paleobiology. Columbia University Press, New York
BENTON, M.J. (2020). Cowen’s History of Life. Wiley
MARTIN, R. (2016). Earth's Evolving Systems: The History of Planet Earth. Jones & Bartlett Learning, Sudbury
FREEMAN, S. & HERRON, J.C. (2013). Evolutionary Analysis. Preason Prentice Hall
REGUANT, S. (2005). Historia de la Tierra y de la Vida. Editorial Ariel, Barcelona
WICANDER, R. & MONROE, J. S. (2015). Historical Geology. Evolution of Earth and Life through Time. Thompson Learning, Belmont
COWEN, R. (2013). History of Life. Blackwell Science, Oxford.
DOMÈNECH, R. & MARTINELL, J (1996). Introducción a los Fósiles. Masson
BENTON, M. J. & HARPER, D. A. T. (2020). Introduction to Paleobiology and the Fossil Record. Wiiey-Blackwell
BRIGGS, D. E. G. & CROWTHER, P. R. (2003). Palaeobiology II. Blackwell Science
MARTÍNEZ-CHACÓN, M. & RIVAS, P. eds. (2009). Paleontología de Invertebrados. Sociedad Española de Paleontología
FOOTE, M. & MILLER, A.I. (2007). Principles of Paleontology. W. H. Freeman, New York
LEVIN, H. L. (2010). The Earth through Time. John Wiley & Sons, Hoboken, New Jersey
Bibliografía complementaria ANGUITA, F. (2002). Biografía de la Tierra. Editorial Aguilar, Madrid
GOULD, S. J. (1993). El Libro de la Vida. Editorial Crítica, Barcelona
FUTUYMA, D. J. & KIRKPATRICK, M. (2017). Evolution. Oxford University Prees
SKELTON, P. (1993). Evolution. A Biological and Palaeontological Approach. Addison Wesley Longman
MILSOM, C. & RIGBY, S. (2010). Fossils at a Glance. Wiley-Blackwell
JAIN, S. (2016). Fundamentals of Invertebrate Palaeontology: Macrofossils. Springer
JAIN, S. (2019). Fundamentals of Invertebrate Palaeontology: Microfossils. Springer
LEVINTON, J. S. (2001). Genetics, Paleontology, and Macroevolution. Cambridge University Press
CLARKSON, E. N. K. (2001). Invertebrate Palaeontology and Evolution. Blackwell Science, Oxford
GOULD, S. J. (1992). La Flecha del tiempo : mitos y metáforas en el descubrimiento del tiempo geológico. Alianza Editorial, Madrid
BRENCHLEY, P. J. & HARPER, D. A. T. (1998). Palaeoecology: Ecosystems, Environments and Evolution. Chapman & Hall, London
BOTTJER, D. J. (2016). Paleoecology: Past, Present and Future. Wiley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeoloxía/610G02004
Xeografía física/610G02006
Xenética/610G02019
Xenética de poboacións e evolución/610G02021
Botánica sistemática: Criptogamia/610G02024
Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025
Zooloxía I/610G02031
Zooloxía II/610G02032
Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas/610G02039
Ecoloxía II: Poboacions e comunidades/610G02040

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Biodiversidade animal e medio ambiente/610G02033

Materias que continúan o temario
Bioloxía do desenvolvemento/610G02010
Adaptacións funcionais da fauna ao medio/610G02037

Observacións

Os alumnos que teñan calqueira tipo de dúbida ou queiran discutir os temas impartidos na clase son sempre benvidos no horario de titorías. É moi importante que comuniquen calqueira tipo de problema que afecte ao seu rendemento académico, posibilidade de facer exames ou asistencia ás clases, especialmente no caso de alumnos extranxeiros.

Esta materia segue o Programa Green Campus sobre sustentabilidade da Facultade de Ciencias (https://ciencias.udc.es/images/Facultade/Green_Campus/Declaraci%C3%B3n_Ambiental_FCiencias.pdf)



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías