1- Asistencia e participación nas clases, tanto de índole teórica como práctica.
2- Realización de todos os problemas resoltos en clase con e sen axuda do software estatístico.
3- Complementar o material facilitado polo profesorado con axuda da bibliografía recomendada.
4- Lectura e estudo continuo da materia e realización dos cuestionarios e listados de problemas proporcionados polo profesorado.
5- Participación activa nos seminarios programados para a presentación e defensa de traballos propostos polo profesorado. 6- Familiarizarse co software mediante un uso regular e continuado do mesmo.
7- Tentar aplicar as técnicas estatísticas a problemáticas propostos noutras materias do curso.
8- Uso regular e aproveitamento das sesións de titoría personalizadas. Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna
inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da
Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen
nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en
formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de
borradores. |