Esta asignatura persegue un dobre obxectivo. Dun lado, a Historia Económica ten que ofrecer ao alumnado os coñecementos sobre a evolución económica en épocas pasadas que lle faciliten a comprensión do mundo actual. O contexto actual no que vivimos (e no que o alumnado vai actuar como economista) é resultado dunha larga evolución, sen cuya comprensión faltariannos elementos para unha interpretación correcta dos acontecimientos actuais. Nun mundo cada vez máis globalizado, o coñecemento da Historia Económica e das súas raíces máis profundas ten que formar parte da maleta intelectual dun futuro economista. Doutro lado, o coñecemento e reflexión sobre a evolución económica das sociedades (sobre todo europeas) en épocas pasadas ten que introducir o estudante nun tipo de temáticas e razonamientos propios dun economista (o funcionamento dos mercados, o comportamento dos consumidores e das empresas, os mecanismos de distribución e acumulación, a dinámica do crecimiento económico, entre outros), e ten que facelo sen olvidar os factores institucionais que delimitan a acción económica. Ao referirse aos acontecementos económicos que xa sucederon e que son coñecidos, a Historia Económica permite introducir ao estudantado en situacións nas que todos estos elementos interactúan e se condicionan mutuamente. Deste modo, a Historia Económica complementa dende o estudo dunha realidade coñecida os modelos teóricos propios da análise económica.
Competencias do título
Código
Competencias / Resultados do título
A1
CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2
CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3
CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4
CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5
CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A6
CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial.
A7
CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8
CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9
CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10
CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A12
CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13
CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1
CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6
CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7
CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8
CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9
CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1
CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4
CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5
CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6
CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7
CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8
CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe
Competencias / Resultados do título
Asimilar que as realidades económicas son complexas, interrelacionadas con variables sociais, políticas e culturais, e inmersas nun contexto dinámico
A8
Coñecer e entender a realidade económica internacional e española, as súas transformacións no longo prazo, os sectores produtivos, e as institucións económicas e a súa evolución
A7
B1 B3 B7
Apreciar o papel desempeñado polos factores económicos e os factores institucionais nos procesos de desenvolvemento económico
A3 A4
Análise das variábeis que determinaron o liderado occidental no proceso de crecemento económico contemporáneo
A4 A7
Axudar a entender as orixes e persistencia das desigualdades socioeconómicas entre países
A6 A7
B2 B8
C5 C8
Aplicar conceptos básicos da economía a diferentes contextos históricos
A3 A7
Coñecer as distintas formacións económicas xurdidas na evolución histórica recente, e os factores que condicionaron as súas formas de crecemento
A4
C2
Potenciar o emprego de técnicas e instrumentos cuantitativos básicos que impliquen o uso de material estatístico e gráfico
A10 A12
Capacidade crítica e autocrítica
A13
C4
Capacidade analítica e sintética
A9
C4
Capacidade de expresión, oral e escrita
C1
Reforzar a capacidade de comprensión lectora
A7 A10
C1
Elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas
A4 A5
Resolver problemas sobre as cuestións económicas, facendo uso dos coñecementos sobre as teorías, os modelos e os métodos científicos da economía e a empresa
A3
Capacidade de percura, selección e elaboración de información
A2 A7
Capacidade de aplicación dos coñecementos adquiridos á interpretación do material estatístico, gráfico e documental
A3 A7
B5 B6
Destreza na aplicación de técnicas cuantitativas para o tratamento de repertorios estatísticos
A3 A4
Capacidade para o traballo autónomo
C7 C8
Capacidade de aplicar o coñecemento na práctica
A6 A12
C4 C6 C7
Analizar e interpretar datos básicos da conxuntura económica
A4 A12
B4 B9
C4
A materia aporta valores humanísticos e culturais importantes para desenvolver o liderado en empresas e Administración pública ao que están chamados os futuros Graduados en Economía
A1 A2
C7 C8
Contidos
Temas
Subtemas
Tema 1: As economías europeas preindustriais
1. Rasgos básicos das economías europeas precapitalistas
2. Valoración global: ¿Crecemento económico en Europa durante o período preindustrial?
Tema 2: A Revolución Industrial británica e a difusión do capitalismo, c.1770-c.1870
1. A revolución industrial británica
2. A difusión do proceso de industrialización: modelos de crecemento
Tema 3: A segunda Revolución tecnolóxica, c.1870-1973
1. Revolución tecnolóxica, internacionalización das economías e as orixes da empresa moderna
2. A inestabilidade do periodo de entreguerras, 1914-1945
3. A Idade Dourada do capitalismo
Tema 4: A economía mundial, crecemento e crises (1973-2022)
1. A crise da década de 1970
2. O crecemento económico mundial no marco da segunda globalización
3. As grandes crisis do século XXI
Planificación
Metodoloxías / probas
Competencias / Resultados
Horas lectivas (presenciais e virtuais)
Horas traballo autónomo
Horas totais
Actividades iniciais
A1 A3 A4 A7 A13 B2 B3 B4 B5
1
3
4
Sesión maxistral
A2 A8 B1 B6 B7 B8 B9 C4 C5 C7 C8
17
51
68
Estudo de casos
A5 A6 A9 A10 A12 C1 C2 C6
22
44
66
Proba obxectiva
A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2
2
2
4
Atención personalizada
8
0
8
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Actividades iniciais
Orientación docente, técnicas de traballo e planificación do curso
Sesión maxistral
Nas sesións maxistrais se impartirán as pautas chave da materia que o estudante debe coñecer e preparar con traballo individual utilizando o resto de instrumentos que ofrece o curso.
Estudo de casos
Análise das prácticas que conteñen diverso material cuantitativo e cualitativo relacionado co contido da materia
Proba obxectiva
Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais.
Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Estudo de casos
Descrición
En cada metodoloxía, procurase a atención persoalizada nas correspondentes sesións de tutoría individual (seguimento do traballo do estudantado, resolución de dúbidas, orientación cara a mellora do estudo, etc.). Ademáis, nas tutorías de grupos reducidos realizaránse actividades de orientación docente, de seguimento do traballo do estudantado, de resolución de dificultades e conflictos na materia, etc. Dita atención terá lugar mediante a aplicación Teams en 2 sesións de 2 horas cada unha no horario marcado específicamente no campus virtual durante o curso.
Avaliación
Metodoloxías
Competencias / Resultados
Descrición
Cualificación
Estudo de casos
A5 A6 A9 A10 A12 C1 C2 C6
Incluen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo que serán avaliadas ao longo do primeiro cuadrimestre. O calendario da proba/s facilitarase durante o curso.
40
Proba obxectiva
A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2
Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos teóricos do programa na convocatoria oficial da primeira oportunidade. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa.
60
Observacións avaliación
Normativa de avaliación:
Recoméndase
a asistencia a clase dende o primeiro día aínda que o estudante esté pendente
de completar o proceso de matrícula porque o calendario da avaliación é independente da data de
matrícula individual do alumno.
Os alumnos/as deben consultar
obrigatoria e frecuentemente o campus virtual da materia
(moodle), onde os docentes colocan información relevante.
Ademáis, os estudantes deben
subir obrigatoriamente unha foto actualizada ao seu perfil de moodle para a
súa correcta identificación antes do 30 de setembro de 2022.
Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquer
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de
información.
De igual maneira, é necesario que cada alumno/a que desexe
realizar as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se
vaia realizar a proba (ten que acreditar a súa personalidade dacordo ca
normativa vixente).
Estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia": excepto para as datas
aprobadas
na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes
probas
acordarase ao inicio do curso, de ser preciso, un calendario
específico compatible coa sua
dedicación, sempre e cando ese calendario estea integrado na franxa
horaria lectiva das probas prácticas dalgún dos grupos de estudantes. O
estudante que se atope nestas circunstancias
debe poñerse en contacto cos seus docentes vía correo electrónico da
UDC antes do 30
de setembro de 2022.
Tipo de cualificación:
A calificación de "non presentado" corresponde ao alumno/a, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao
20% sobre a calificación final, con independencia da calificación acadada.
Tipo de avaliación:
Primeira oportunidade: os criterios de avaliación son os marcados nesta sección. Para superala asignatura, o estudante debe obter como mínimo 50
puntos dos 100 totais. Polo tanto, todolos estudantes, incluidos os que teñan
"recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención
de asistencia", poderán superala materia obtendo a lo menos 50 puntos dos 100
totais entre todalas probas do curso, incluíndo o exame da 1ª oportunidade. Aqueles estudantes que non poidan
acudir as probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos
certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica
-caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas
noutra ocasión que lles será comunicada polos docentes, tendo en conta o sinalado polo
regramento académico.
Respecto á convocatoria da segunda oportunidade e a da
extraordinaria adiantada, ambalas dúas consistirán na realización dunha proba
obxectiva nas datas oficiais cun valor máximo do 100% da nota final. Polo tanto, nelas poderase recuperar a avaliación continua realizada durante o primeiro cuadrimestre. En ambalas dúas oportunidades, os estudantes poderán superar a materia
obtendo a lo menos 50 puntos dos 100 potenciais.
Fontes de información
Bibliografía básica
COMO ORIENTACIÓN BÁSICA RECOMÉNDANSE AS SEGUINTES LECTURAS XERAIS
A) Manual preferente:
· FELIU, G., SUDRIÀ, C. (2013): Introducción a la historia económica mundial, Valencia, Universidad de Valencia, 2ª edición.
B) Outros manuais:
· CAMERON, R. (2015): Historia económica mundial. Desde el Paleolítico hasta el presente, Madrid, Alianza Editoria, Reimpresión.
· COMÍN, F., HERNÁNDEZ, M. y LLOPIS, E. (2005): Historia Económica Mundial, siglos X-XX, Barcelona, Crítica.
· FOREMAN-PECK, J. (1995): Historia de la economía mundial. Las relaciones económicas internacionales desde 1850, Madrid, Prentice Hall.
Ademáis, existen en formato electrónico as seguintes obras:
Feliu, Gaspar y Sudrià, Carles (2013): Introducción a la Historia Económica Mundial , Valencia, Universitat de València, 2ª edición.
Bernardos, J. U. et al. (2014): Historia económica, Madrid, UNED. E-ISBN: 9788436269307. P-ISBN: 9788436267396
Williamson, J. G. (2012): El desarrollo económico mundial en perspectiva histórica: cinco siglos de revoluciones industriales, globalización y desigualdad, Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza. E-ISBN: 9788415770756 P-ISBN: 9788415538677
Tascón, J., López, M. A. (2012): Historia económica mundial: una visión eurocéntrica de la actividad económica, del Neolítico al siglo XXI, Madrid, Biblioteca Nueva. E-ISBN: 9788499407494 P-ISBN: 9788499405254
Martín, V. (2006): Lecciones de historia económica, Madrid, McGraw-Hill.E-ISBN: 9788448183707 P-ISBN: 9788448146467
Bibliografía complementaria
BIBLIOGRAFÍA COMPREMENTARIA
ALDCROFT, D.H. (2013): Historia de la economía europea, 1914-2012, Barcelona, Crítica.
BARQUÍN, R. (2020): Escapando del eurocentrismo. Una historia no-europea del mundo en la Edad Moderna, Santander, Ediciones Universidad de Cantabria.
COMÍN, F. (2011): Historia económica mundial: de los orígenes a la actualidad, Madrid, Alianza.
DE VRIES, J. (1992): La economía de Europa en un período de crisis, 1600-1750, Madrid, Cátedra.
DI VITTORIO, A. (coord.) (2003): Historia económica de Europa: siglos XV-XX, Barcelona, Crítica.
FONTANA, J. (2017): El siglo de la revolución. Una historia del mundo desde 1914, Barcelona, Crítica.
GALLEGO MARTÍNEZ, D. (2022): Los caminos del progreso, Granada, Comares.
KENWOOD, A.G. y LOUGHEED, A.L. (1991): Historia del desarrollo económico internacional, Madrid, Istmo, vol. 1.
KRIEDTE, P. (1994): Feudalismo tardío y capital mercantil, Barcelona, Crítica.
OCAMPO SUÁREZ-VALDÉS, J. (1998): Historia económica mundial y de España, Oviedo, Universidad de Oviedo.
PALAFOX, J. (coord.) (1998): Curso de historia económica, Valencia, Tirant lo Blanch.
ROBERTS, M. (2016): La larga depresión. Cómo ocurrió, por qué ocurrió y qué ocurrirá a continuación, El viejo topo.
TOOZE, A. (2021): El apagón: cómo el coronavirus sacudió la economía mundial, Barcelona, Crítica.
TORTELLA, G. (2017): Capitalismo y revolución. Un ensayo de historia social y económica contemporánea, Madrid, Gadir.
ZAMAGNI, V. (2001): Historia económica de la Europa contemporánea: de la revolución industrial a la integración europea, Barcelona, Crítica.
Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Materias que continúan o temario
Observacións
A materia non esixe requisitos previos. Nembargantes, considéranse
recomendables algúns prerrequisitos e coñecementos previos: coñecementos de
Historia Universal e familiaridade con conceptos básicos de Economía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías