1. Condicións de avaliación: Está
prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior ou almacenamento de información.
2. Identificación do estudante: O
estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:
1. Cualificación de non presentado:
Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación alcanzada.
2. Estudantes con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os
estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean
exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que aos alumnos a
tempo completo.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
1. Primeira oportunidade: aplicaranse os
criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.
2. Segunda oportunidade: Os criterios de
avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Os puntos de avaliación continua pódense recuperar con traballos adicionais ou preguntas adicionais no exame.
3. Convocatoria adiantada: na
convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua
mediante preguntas adicionais á proba final.