Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Análise Económico das Organizacións Código 611G01032
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
García Álvarez, María Teresa
Correo electrónico
teresa.galvarez@udc.es
Profesorado
García Álvarez, María Teresa
Guillen Solorzano, Maria
Mariz Perez, Rosa
Nieto Uria Ribeiro De Almeida, Arturo J.
Correo electrónico
teresa.galvarez@udc.es
maria.guillen@udc.es
rosa.mariz@udc.es
a.nietouria@udc.es
Web
Descrición xeral Preténdese acercar as organizacións empresariais e o seu funcionamento interno ao estudante.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos e difundir o uso de novas tecnoloxías A4
A7
A10
B2
C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida e fomentar os valores do esforzo, traballo, formación continua e iniciativa privada B3
B4
C4
C7
C8
Saber facer a presentación oral e escrita dun proxecto de análise económica-organizativo dunha empresa A5
A6
A11
A12
A13
B5
B6
C1
C5
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma B6
B8
C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria C4
Comprender os custos de transacción e os custos de axencia nos límites organizativos da empresa así como as variables relacionadas coa análise organizativo A1
A2
A3
A8
A9
B1
B7
B9

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Análise dos custos de transacción 1.1. Concepto de custos de transacción
1.2. Combinación de factores humanos e ambientais nos custos de transacción
1.3.Efecto dos custos de transacción na elección entre mercado e organización
Tema 2. O proceso contractual: un enfoque de axencia 2.1. A empresa como nexo de contratos
2.2. Información e problemas contractuais
2.3. Solucións contractuais
Tema 3. Análise organizativo 3.1. Introducción
3.2. Parámetros de deseño organizativo
3.3. Factores de continxencia
3.4. Configuracións estructurais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A9 C1 C4 C5 4 4 8
Sesión maxistral A1 A3 A8 B2 B3 B4 B7 B9 17 0 17
Traballos tutelados A2 A4 A5 A6 A10 A11 A13 B1 B5 B6 B8 C7 C8 13 28 41
Proba obxectiva C6 2 57 59
Análise de fontes documentais A3 A7 A12 4 17 21
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Organizaranse tutorías para o seguimiento dos traballos cuxas datas e horas serán comunicadas ao longo do curso
Sesión maxistral Presentación de conceptos teóricos básicos
Traballos tutelados Traballos en grupo nos que se aplicarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais
Proba obxectiva Exame tipo test
Análise de fontes documentais Procura e análise de datos relevantes utilizando as novas tecnoloxías da información

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Seminario
Descrición
Os seminarios e as tutorías servirán para aclarar dúbidas e facer un seguimiento dos traballos tutelados ou dúbidas en seminarios e sesión maxistral.

As titorías de grupo reducido desenvolveranse, ou ben, por Teams, ou ben, de forma presencial, indicando o/a profesor/a en clase os días e horas en que se desenvolverán as mesmas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A4 A5 A6 A10 A11 A13 B1 B5 B6 B8 C7 C8 Traballos en grupo sobre unha empresa 30
Proba obxectiva C6 Exame tipo test que se realizará na data establecida no calendario académico oficial 60
Análise de fontes documentais A3 A7 A12 Uso de fontes de información axeitadas. Cada grupo deberá expoñer en clase un concepto ou epígrafe non visto con anterioridade 10
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

Condicións de realización dos exames

: Lémbrase que está prohibido acceder ás probas de avaliación continua/exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Asímesmo, lémbrase que calquera alumno/a sorprendido/a realizando as probas de avaliación continua/exame mediante calquera procedemento fraudulento asignaráselle unha nota de cero na devandita actividade de avaliación continua/exame (en todas oportunidades). 

Identificación do estudante : O/a estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

 B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:

Cualificación de non presentado : Corresponde ao alumno/a, cando participou en menos dun 20% dos traballos , con independencia da cualificación alcanzada. 

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : Tanto aos/as alumnos/ as a tempo parcial como a tempo completo aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación.

 C) SEGUNDA OPORTUNIDAD DE AVALIACIÓN E CONVOCATORIA ADIANTADA:

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada : Na segunda oportunidade, os/ as estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade poderán realizar as actividades de avaliación continua, ademais do exame. Para iso, poñeranse en contacto co seu profesor/a con suficiente antelación, para planificar a realización das devanditas actividades. 
Na convocatoria adiantada, manterase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.

D) OTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN:

Os/ as profesores/ as encargados/as desta materia poñerán ao dispor do alumnado as normas para o desenvolvemento dos traballos propostos nesta guía docente. 

Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10, pero é un requisito indispensable a obtención de 4 puntos sobre 10 na proba obxectiva. Senon se alcanza este mínimo na devandita proba, suspenderase a materia. 

Considérase que un/a alumno/a está dentro da avaliación continua e, por tanto, aplicaráselle o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos encargados. Se dito/a alumno/a non se presenta á proba obxectiva, terá unha nota de cero en actas.

Fontes de información
Bibliografía básica Cuervo García, Álvaro (2004). Introducción a la administración de empresas. Madrid: Civitas
Mintberg, Henry (Varios). The structuring of organizations. Prentice Hal

Cuervo García, A. (2004). Introducción a la administración de empresas. Madrid: Civitas.

Mintzberg, H. (varios años). La estructuración de las organizaciones. Ariel.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G01008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías