A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante la realización das probas presenciais.
2. Identificación do estudante: O estudante acreditará a súa personalidade de acordo coa normativa vigente.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:
Cualificación de Non Presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
O alumnado que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
Primeira oportunidade: Na primeira oportunidade poderase engadir á cualificación final (avaliación continua + exame final) até un máximo dun punto extra vinculado á participación activa nas aulas e titorías da materia.
Segunda oportunidade: Na segunda oportunidade haberá unha única proba mixta e a cualificación será a máis alta das dúas seguintes opcións:
- Suma das puntuacións obtidas na avaliación continua (sobre 4 puntos) e na proba mixta (sobre 6 puntos).
- cualificación obtida na proba mixta puntuada sobre 10 puntos.
Convocatoria adiantada de decembro: Realizarase un exame que valerá dez puntos.
D) OUTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN: