Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades. |
A2 |
Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada. |
A3 |
Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa. |
A4 |
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados. |
A5 |
Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa. |
A6 |
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A7 |
Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A8 |
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A9 |
Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A10 |
Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés |
A11 |
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
B1 |
CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo |
B3 |
CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais |
B7 |
CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización |
B8 |
CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas. |
B9 |
CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados |
B10 |
CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Valorar a importancia da organización económica
Identificar as dimensións máis relevantes no estudo dos problemas de organización económica.
Entender a empresa e, de maneira xeral, as organizacións como estructuras de gobernación da actividade económica alternativas ó mercado.
Coñecer o funcionamento das teorías económicas máis relevantes para o estudo e análise das organizacións, en particular, a teoría de custos de transacción e a teoría da axencia.
Saber detectar, analizar, resolver e comunicar problemas organizativos mediante o manexo dos conceptos e teorías da economía organizacional.
Tomar conciencia de que a formación continuada e o saber son fundamentais para o mellor desenrolo das nosas vidas e a sociedade.
Inculcar valores éticos fundamentais como principio rector nos comportamentos como profesionales e ante todo como cidadáns.
Saber traballar en equipo.
Fomentar o uso das TIC´s para a comunicación persoal. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE I. INTRODUCCIÓN |
I.1 Introducción á economia organizacional
I.2 Contratos e eficiencia económica
O desenrolo destes contidos pode sufrir algunha variación para adaptarse as especificidades de cada titulación e que o profesor indicará e colgará en Moodle cuando así sexa. |
BLOQUE II. GOBERNANZA |
II.1 Fundamentos teóricos: teoria de custos de transacción
II.2 Aplicacións: integración vertical
O desenrolo destes contidos pode sufrir algunha variación para adaptarse as especificidades de cada titulación e que o profesor indicará e colgará en Moodle cuando así sexa. |
BLOQUE III. INCENTIVOS |
III.1 Fundamentos teóricos: teoría da axencia
III.2 Aplicacións I: pagos por rendemento e goberno corporativo
O desenrolo destes contidos pode sufrir algunha variación para adaptarse as especificidades de cada titulación e que o profesor indicará e colgará en Moodle cuando así sexa. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A5 A7 A10 A11 B3 B5 B8 |
2 |
10 |
12 |
Lecturas |
A11 |
0 |
8 |
8 |
Proba de resposta múltiple |
A8 A11 B1 B2 |
3 |
75 |
78 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A6 A8 A9 B4 B6 B7 C1 C5 C6 |
6 |
0 |
6 |
Presentación oral |
A7 A8 A9 A10 A11 B4 B5 B9 B10 C4 C7 C8 |
1 |
17 |
18 |
Sesión maxistral |
C4 C5 C7 C8 |
17 |
0 |
17 |
|
Atención personalizada |
|
11 |
0 |
11 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Proba de resposta múltiple |
Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
|
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Presentación oral |
|
Descrición |
Nos horarios de tutoría o alumno a título individual poderá plantexar todas aquelas dúbidas que lle xurdan sobre o feito e explicado na aula e tamén con respeito os traballos tutelados. Sen citar á persoa que realizou a consulta en horario de tutoría, esta pode ser publicada en Moodle, xunto coa súa resposta, coa finalidade de que outros alumnos poidan sacar proveito da mesma. Todo iso se o profesor considera oportuna e de interese xeral a consulta exposta.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
A8 A11 B1 B2 |
Examen tipo test, con penalización para as respostas incorrectas |
60 |
Presentación oral |
A7 A8 A9 A10 A11 B4 B5 B9 B10 C4 C7 C8 |
Exposición oral de dous traballos complementada con uso de diapositivas.
Desenvolveranse dous TRABALLOS EN GRUPO nos que se elixirá UN dos seguintes temas:
- Gobernanza: análise do grao de (des)integración vertical (economía dos custos de transacción)
- Incentivos: análise do sistema de incentivos (teoría da axencia)
Unha vez escollido o tema (gobernanza ou incentivos), o primeiro traballo consistirá nunha revisión da literatura sobre o tema e o segundo traballo sobre unha aplicación práctica dese tema -análise dun caso nunha empresa real. |
40 |
|
Observacións avaliación |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. 2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente. B) TIPOS DE CALIFICACION: 1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada. 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e despensa académica de exención de asistencia:A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios de avaliación que os estudantes con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes estudantes dirixiránse ó profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa situación particular para deste xeito posibilitar a realización das distintas actividades de avaliación do curso. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade: A avaliación correspondente a primeira oportunidade farase a partires dunha proba de resposta múltiple (60%) e a presentación oral dos traballos (40%). No caso da proba de resposta múltiple, a data de realización será a fixada no calendario oficial para a primeira oportunidade. A presentación dos traballo realizarase durante o período lectivo do curso, de acordo co calendario fixado polo profesor para cada grupo. Para superar a asignatura haberá que acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global da avaliación, pero ademáis é condición sine qua non acadar 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a do examen. 2. Segunda oportunidade: No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo a avaliación farase do mesmo xeito que para a 1ª oportunidade, tendo en conta o seguiente: 1º) aqueles estudantes que supenderon na 1º oportunidade, as notas acadadas nos traballos de presentación oral serán tidas en conta; 2º) os estudantes que non se presentaron a 1ª oportunidade e non fixeron os traballos poderán facelo. Para isto, o estudante dirixirase ó profesor coa suficiente antelación para indicarlle o seu desexo de realizar o traballo, o cal deberá ser entregado e presentado antes da data do exame oficial da segunda oportunidade. Para aprobar, igual que na 1º oportunidade, necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global, pero ademáis é condición sine qua non acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a obtida en dita proba. 3. Convocatoria adiantada: Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada, a avaliación só se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10
D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Duma, S. y Schreuder, H. (1991). Economic approaches to organizations. Prentice Hall
Milgrom, P. y Roberts, J. (1992). Economics, Organizations and Management. Prentice Hall
Williamson, O.E. (1985). The Economic Institutions of Capitalism, New York:Free Press.. Macmillan |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Dranove, M. Shanley y S. Schaefer (2003), Economics of Strategy. Third Edition. John Wiley & Sons, Inc. Brickley, J.A., Smith, C.W., Zimmerman, J.L. (2005), Economía Empresarial y Arquitectura de la organización. Ed. McGraw Hill Salas (1996), Economía de la empresa. Decisiones y organización. Ariel Economía. 2ª Edición. Williamson, O.E. (1975), Markets and Hierarchies: Analysis and Antitrust implications. Free Press, New York, NY. Traducido como Williamson, O.E. (1991): Mercados y Jerarquías: Su Análisis y sus Implicaciones Antitrust, México: Fondo de Cultura Económica |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Principios de Microeconomía/611G02001 | Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de
imprimilos 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores de sostibilidade e nos
comportamentos persoais e profesionais. 3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade. 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso
axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 5. As titorias de grupo reducido realizaránse a través de Teams. |
|