Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural |
A2 |
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural |
A4 |
Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos |
A7 |
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes |
A8 |
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma |
A10 |
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos |
A14 |
Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais |
B4 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
B5 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
B6 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse |
B7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe |
B8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
B10 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C1 |
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
C3 |
Demostrar un compromiso ético coas desigualdades |
C5 |
Integrar coñecementos de campos de estudos diversos |
C7 |
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador |
C8 |
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico |
C9 |
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados ao ámbito dos estudos literarios e culturais. |
AI3
|
|
|
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras, sempre baixo os principios democráticos da distribución xusta da riqueza, a igualdade social e o equilibrio do ecosistema. |
|
BP2
|
|
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
BP4
|
|
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance cultural e socioeconómico da sociedade. |
|
BP5
|
|
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. |
AM8
|
|
|
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura. E distinguir a crítica da teoría como dominios da ciencia da literatura. |
AM7
|
|
|
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural. |
AM1
|
|
|
Considerar a convencionalidade do concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, as ciencias e as artes, no marco da diversidade cultural. |
AM2
|
|
|
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. |
|
|
CI1
|
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico. |
|
|
CI2
|
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
|
|
CM1
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
BP1
|
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
BP3
|
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
BP2
|
|
Aplicar as técnicas de análise cultural aclarando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. |
AM4
|
|
|
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación.
|
|
|
CI3
|
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e críticos. |
AP1
|
|
|
Integrar coñecementos de campos de estudo diversos. |
|
|
CM5
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
BP7
|
|
|
|
|
CM3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A teoría da literatura |
1.1. O lugar da teoría nos estudos literarios
1.2. Panorama histórico das principais correntes teóricas en Occidente
1.3. Actualidade da teoría literaria |
2. A crítica literaria |
2.1. O lugar da crítica nos estudos literarios
2.2. Funcións da crítica literaria
2.3. Métodos de análise de textos literarios |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A1 A2 A4 A7 A10 A8 B5 B6 B10 C1 C7 C9 |
2 |
0 |
2 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A14 A7 A10 A8 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C7 C5 C8 C9 |
0 |
5 |
5 |
Presentación oral |
A4 A14 B4 B7 B8 C5 |
1 |
2 |
3 |
Lecturas |
A1 A2 A4 A14 A7 A10 A8 B4 C3 C7 C5 C9 |
0 |
18 |
18 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A1 A2 A4 A7 A10 A8 B5 B6 B7 B8 C7 C5 C9 |
0 |
1 |
1 |
Actividades iniciais |
A1 A2 A7 A8 C5 |
1 |
1 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A4 A14 A7 A8 B5 B6 B7 B8 C7 C5 |
10 |
20 |
30 |
Proba de ensaio |
A1 A2 A4 A7 A10 A8 B6 B10 C1 C7 C5 C9 |
2 |
10 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Despois da consulta de fontes bibliográficas, discutirase na aula sobre algún tema que suscite debate. |
Traballos tutelados |
Traballo de crítica literaria sobre unha obra literaria, á elección do alumno, e a partir das ferramentas metodolóxicas que se darán a coñecer na aula. |
Presentación oral |
Serán expostos na aula os traballos de crítica literaria, indicando a lectura de fontes e explicando o proceso de elaboración. |
Lecturas |
A partir da bibliografía indicada, acordarase na aula a lectura de capítulos, artículos ou información na rede, para debater na aula. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Os estudantes estarán pendentes de acudir a conferencias, xornadas e actividades literarias que se desenvolvan na contorna, para relacionar os contidos do curso coa realidade literaria e cultural que nos arrodea. |
Actividades iniciais |
Destinarase un tempo ao inicio do curso para que os alumnos informen á docente das motivacións, preparacións e proxectos en relación coa súa presenza no Posgrao |
Sesión maxistral |
O docente exporá os contidos, explicará e aclarará as dúbidas que poidan presentar os alumnos. |
Proba de ensaio |
Os estudantes realizarán nas datas oficiais da primeira e, no caso de ser necesario, na segunda oportunidade, unha proba ensaio sobre cuestións teóricas vistas na aula. A profesora indicará que textos serán utilizados para tal fin. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O alumnado realizará prácticas de crítica literaria con orientación persoal do docente.
A atención personalizada tamén se levará a cabo, con carácter xeral, no horario de titorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de ensaio |
A1 A2 A4 A7 A10 A8 B6 B10 C1 C7 C5 C9 |
Proba de ensaio sobre cuestións teóricas e/ou de análise práctica que se realizará nas datas oficiais indicadas nas diferentes oportunidades. |
40 |
Presentación oral |
A4 A14 B4 B7 B8 C5 |
Na aula farase unha exposición pública do proceso de elaboración da crítica literaria levada a cabo, aclarando metodoloxía |
20 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A14 A7 A10 A8 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C7 C5 C8 C9 |
O traballo consistirá en elaborar a crítica dunha obra literaria
|
40 |
|
Observacións avaliación |
Os estudantes que se matriculen con dispensa académica, total ou parcial, deberán porse en contacto coa profesora, ao inicio da impartición da materia, para informarse do seu proceso de avaliación especial. Tamén se terán en conta os casos sobrevidos de cambio de situación do alumnado ao longo do curso. Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica. O alumnado deberá contactar coa profesora antes do mes de novembro. Os estudantes que non superen a materia na primeira convocatoria, deberán entregar nas diferentes oportunidades, nas datas marcadas aos efectos de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (artículo 14). O alumnado con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. creto. Programaranse titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
VILLANUEVA, Darío (comp.) (1994). Avances en Teoría de la Literatura. Santiago de Compostela: USC
CULLER (2000). Breve introducción a la teoría literaria. Barcelona: Crítica
CASAS, Arturo (coord.), (2004). Elementos de Crítica literaria. Vigo, Xerais
VIÑAS PIQUER, David (2002). Historia de la crítica literaria. Barcelona: Ariel
ASENSI, Manuel (1998-2003). Historia de la teoría de la literatura. Valencia: Episteme
WAHNON, Sultana (1991). Introducción a la historia de las teorías literarias. Granada: Universidad de Granada
CABO ASEGUINOLAZA, Fernando , e María do Cebreiro Rábade Vilar (2006). Manual de Teoría de la Literatura. Madrid: Castalia
SILVA, Vítor Manuel de Aguiar e (2000). Teoria e metodologia literárias. Lisboa: Universidade Aberta
ABUÍN GONZÁLEZ, Anxo; Fernando Cabo Aseguinolaza; Arturo Casas (Coords.) (2020). Textualidades (inter)literarias. Lugares de lectura y nuevas perspectivas teórico-críticas. Madrid-Frankfurt am Main
EAGLETON, Terry (1988). Una introducción a la teoría literaria. Madrid: Fonco de Cultura Económica |
|
Bibliografía complementaria
|
|
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA: ANDERSON IMBERT, Enrique (1984). La crítica literaria: sus métodos y problemas. Madrid: Alianza AULLÓN DE HARO, Pedro (ed.) (1994). Teoría de la crítica literaria. Madrid: Trotta BARTHES, Roland (1966). Crítica y verdad. México: Siglo XXI, 2005 ELLIS, John M. (1987). Teoría de la crítica literaria. Análisis lógico. Madrid: Taurus GÓMEZ REDONDO, Fernando (2010). Manual de Crítica literaria contemporánea. Madrid: Castalia LLOVET, Jordi (2009/2012). Teoría literaria y literatura comparada. Barcelona: Ariel DOLEŽEL, Lubomír (1997). Historia breve de la Poética. Madrid: Síntesis SELDEN, Ramán (ed.) (2010). Historia de la crítica literaria del siglo XX: del formalismo al postestructuralismo. Madrid: Akal SOTO, Luis G. (2016). Barthes filósofo. Vigo: Galaxia WELLEK, René (1968). Conceptos de crítica literaria. Caracas: Universidad Central de Venezuela WELLEK, René (1959 e ss.). Historia de la crítica moderna (1750-1950), 7 vol.. Madrid: Gredos |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
O estudantado deberá estar pendente en setembro dos comunicados da profesora, a través do campus virtual, anteriores ao comezo do curso. Será un xeito de facilitar a comprensión do que se imparta nas sesións maxistrais e da dinámica das prácticas. |
|