Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Literatura e Xénero (Ámbito Hispánico) Código 613584111
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Galbarro García, Jaime
Correo electrónico
j.galbarro@col.udc.es
Profesorado
Galbarro García, Jaime
Correo electrónico
j.galbarro@col.udc.es
Web
Descrición xeral Estudo avanzado de textos literarios priorizando o xénero como categoría de análise. Achegamento a distintas producions literarias significativas desde esta perspectiva.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A6 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A10 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B3 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber analizar a historia da literatura e da cultura desde unha perspectiva contextual, considerando as condicións históricas e sociais particulares que condicionaron as posibilidades de acceder á literatura no caso dos homes e das mulleres. AM1
AM6
AM7
AM8
AM9
AP1
AI3
BM3
BP1
BP2
BP3
BP4
BP7
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
Coñecer a categoría de xénero e a súa relevancia no estudo das creacións culturais, artísticas e literarias, tendo en conta o contexto histórico en que se producen e os cambios que trouxo a adopción desa perspectiva. AM1
AM6
AM7
AM8
AM9
BP2
BP4
CM2
CM3
CM4
CM5
Ser capaz de aplicar a perspectiva de xénero a algunhas producións significativas da literatura española atendendo aos distintos aspectos implicados AM1
AM6
AM7
AM8
AM9
AI1
BM3
BP2
BP4
BP5
BP7
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
Ser quen de producir textos escritos, debidamente elaborados e organizados, en que se apliquen os coñecementos adquiridos, se ofreza unha síntese, se contrapoñan puntos de vista ou teorías..., sempre cunha visión crítica e reflexiva. AM1
AM2
AM6
AM7
AM8
AM9
AP1
AI1
AI3
BM3
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP7
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución.
Ideas xerais sobre o concepto de xénero como estudo da literatura.
2. A muller na literatura da Idade Media. A muller na sociedade medieval. A muller lectora, escritora e destinataria da literatura.
3. Escritoras da Idade Moderna Revisión do canon e rescate de autoras.
4. Escritoras da Idade Contemporánea. Revisión do canon e rescate de autoras.
5. A muller e o mundo do libro. Mecenas, impresoras, gravadoras, editoras, axentes literarias, etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A6 A7 A8 B6 B7 B10 B3 C2 C5 12 22 34
Eventos científicos e/ou divulgativos B5 B7 B10 C7 C5 1 0 1
Traballos tutelados A1 A2 A6 C4 C7 C5 0 22 22
Proba oral A1 A6 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 2 14 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Sesións expositivas e dinámicas do profesor e traballo participativo do alumnado na análise e comentario dos textos.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a conferencias ou actividades culturais programadas como complemento da materia.
Traballos tutelados O alumnado preparará un traballo de investigación sobre algún aspecto relacionado coa materia dunha extensión aproximada de 10 páxinas. Valorarase a capacidade de análise, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica..., etc. Tamén serán tidas en conta as cuestións formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...).
Proba oral O traballo deberá ser defendido oralmente na aula e sometido a un breve debate co profesor e o alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Traballos tutelados
Eventos científicos e/ou divulgativos
Descrición
O alumno ou alumna poderá, sempre que for preciso, requerir atención personalizada do docente, especialmente para establecer as orientacións sobre o traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A1 A6 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 O traballo deberá ser defendido oralmente nas aulas e sometido a un breve debate co profesor e os compañeiros e compañeiras.


40
Seminario A1 A6 A7 A8 B6 B7 B10 B3 C2 C5 A asistencia regular ás aulas valorarase positivamente. 10
Traballos tutelados A1 A2 A6 C4 C7 C5 O alumnado preparará un traballo de investigación sobre algún aspecto relacionado coa materia dunha extensión aproximada de 10 páxinas. Valorarase a capacidade de análise, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica..., etc. Tamén serán tidas en conta as cuestións formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...). 50
 
Observacións avaliación

A mala praxe académica e o plaxio será perseguido severamente e poderá supor o suspenso da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

-ALBERS, Irene, y Uta FELTEN, eds., Escenas de transgresión. María de Zayas en su contexto literario-cultural, Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert, 2009. 

-BUTLER, Judith, El Género en disputa. Feminismo y la subversión de la identidad, Barcelona, Paidós, 2007

-CACHO, Mª Teresa, «Los moldes de Pygmalión (Sobre los tratados de educación femenina en el Siglo de Oro)», en Breve historia feminista de la literatura española (en lengua castellana). II. La mujer en la literatura española, coord. Iris M. Zavala, Madrid: Anthropos, 1995, pp. 177-215. 

-DUBY, G. Y PERROT, M. (dir.), Historia de las mujeres, Madrid, Taurus, 1991-1993, 5 vols

-DEYERMOND, Alan (1995). «Las autoras medievales castellanas a la luz de las últimas investigaciones?», Medioevo y literatura: actas del V Congreso de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval, coord. por Juan Salvador Paredes Núñez, Vol. 1, 1995, ISBN 84-338-2024-9, págs. 31-52.

-LÓPEZ ESTRADA, Francisco, «Las mujeres escritoras en la Edad Media castellana», La condición de la mujer en la Edad Media: actas del coloquio celebrado en la Casa de Velázquez, 1986, pp. 9-38.

-MERIDA JIMÉNEZ, Rafael, Mujer y cultura literaria en las letras ibéricas medievales y del Renacimiento temprano, Kassel, Reichenberger, 2011.

-PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (ed.), Poesía femenina en los cancioneros, Madrid, Castalia, 1989.

-SEGARRA, M. y A. CARABI, eds., Feminismo y crítica literaria, Barcelona, Icaria, 2000.

-VIGIL, Mariló, La vida de las mujeres en los siglos XVI y XVII, Madrid, Siglo XXI, 1986.

Bibliografía complementaria

O profesor proporcionará a bibliografía específica e textos a través da plataforma do Campus Virtual.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dispor dunha competencia lingüística acorde ao nivel universitario dunha titulación de posgrao é requisito; de calquera xeito recoméndase a aqueles estudantes que teñan problemas na expresión (sexan ortográficos, sintácticos ou doutro tipo) que os subsanen.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías