Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Literatura e outras Linguaxes Artísticas Código 613584114
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Letras
Coordinación
Martinez Lopez, Maria Josefa
Correo electrónico
maria.josefa.martinez@udc.es
Profesorado
Martinez Lopez, Maria Josefa
Correo electrónico
maria.josefa.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo avanzado das relacións entre a literatura e as outras artes. A partir de obras significativas profundarase nalgún dos seguintes temas: literatura e imaxe, literatura e artes escénicas, literatura e outras artes.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A3 Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais
A4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
A5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C8 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico
C9 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicación ao ámbito hispánico das principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM7
AM9
AI1
AI3
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP7
CM2
CM3
CM4
CM5
CI2
CI3
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM7
AM9
AI1
AI3
BP1
BP3
BP4
BP5
BP7
CM2
CM3
CM4
CM5
CI2
CI3

Contidos
Temas Subtemas
Literatura e outros linguaxes artísticos 1.- Introdución
2.- Historia do tópico "ut pictura poesis"
3.- Literatos e pintores no XVII (Lope e Calderón)
Representacións do ideario pastoril no século XVI 1.- A poesía e a narrativa de pastores
2.- As representacións pictóricas do ideario pastoril
Écfrasis, pintura e poesía nos séculos XVI y XVII
1.- El lienzo de Flandes (Góngora)
2.- El pincel (Quevedo)
O retrato práctica e dramaturxia no século XVII 1.- Calderón Darlo todo y no dar nada
2.- Claramonte, Andrés de, De lo vivo a lo pintado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A2 A3 A4 A5 A14 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 12 44 56
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A3 A4 A5 A14 A7 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 1 0 1
Proba oral A1 A2 A3 A4 A5 A14 A7 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 2 14 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Traballo cooperativo en que o alumnado participa activamente e debate as cuestións tratadas.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a conferencias, exposicións ou actividades culturais programadas como complemento da materia.
Proba oral Proba oral final, de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula.

Atención personalizada
Metodoloxías
Eventos científicos e/ou divulgativos
Seminario
Descrición
Con carácter xeral, aplicable ao resto das metodoloxías, a asistencia e a participación activa nas sesións será avaliable de maneira continuada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A1 A2 A3 A4 A5 A14 A7 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 Proba oral final, concebida como a exposición dun traballo de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. 50
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A3 A4 A5 A14 A7 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 Asistencia a actividades locais de carácter artístico e cultural. Dará lugar a un informe oral por parte do estudante que será debatido na aula, sempre en relación cos contidos da asignatura. 35
Seminario A1 A2 A3 A4 A5 A14 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 Traballo participativo, de intercambio e debate, que xunto á asistencia, permite valorar o aproveitamento e evolución, a dinámica individual na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo. 15
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño desta aplicación, as anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao seguinte reparto porcentual:

1. O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante realizará ao finalizar o curso. A proba consistirá na elaboración e posterior defensa na aula dun traballo orixinal, tutelado polo profesor. En todo caso, para aprobar a materia deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que, como se ve, en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por asistencia e participación.) A proba, de carácter público, forma parte das actividades realizadas no curso.

2. O 35% obterase pola elaboración dunha recensión de:

a) A asistencia a actividades culturais de ámbito local, como a visita activa a exposicións.

b) No seu caso, a visita a exposicións virtuais na Rede.

c) A recensión dunha obra incluída na bibliografía final.

En calquera caso, o anterior debe estar relacionado coas materias do curso e serán sempre sobre actividades acordadas previamente co profesor.

3. O 15% restante corresponde á asistencia activa e á realización de actividades concretas, debates e traballo en grupo durante o curso. Observaranse o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

4. A cualificación final en cada unha das dúas convocatorias será froito dunha avaliación semellante. Enténdese que calquera actividade que acade unha cualificación de 4 na primeira convocatoria fica exenta de recuperación para a segunda.

5. O alumnado será avaliado e cualificado sempre que acuda á proba oral. Por tanto, recibirán cualificación de Non Presentado (N. P.) aquelas persoas non presentadas a esta proba.

6. Non obstante o anterior, o alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. O 15% da asistencia será substituído por un traballo orixinal, previa suxestión do profesor, de non máis de cinco páxinas.

7. O alumnado con dificultades para asistir de modo presencial, sexa por incompatibilidade horaria, por razóns laborais ou por calquera outra causa, deberá comunicalo ao profesor nas dúas primeiras sesións da materia. Unha vez comprobada a súa situación, poderá optar ás mesmas condicións de avaliación que o alumnado con dispensa académica. 

8. O sistema de avaliación para a convocatoria adiantada de decembro será o mesmo que para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en contacto co profesor no mes de outubro.

9. Calquera traballo, oral ou escrito, debe ser orixinal ou citar debidamente as fontes utilizadas. O plaxio demostrado, ou o uso de citas sen marcar e sen a correspondente referencia, determinará o suspenso inmediato para o alumno ou alumna. O control farase mediante o programa de detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

10. O prazo límite para a entrega de traballos escritos será, agás outra indicación do profesor, o da data de exame oficial.

11. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán dirixirse aos servizos disponíbeis na UDC, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico: Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) ou coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).


Fontes de información
Bibliografía básica

Armas, Frederick de (2004). Writing for the eyes in the Spanish Golden Age . Lewisburg, Bucknell University Press

Brown, Jonathan (1988). Imágenes e ideas en la pintura del siglo XVII. Madrid, Alianza Editorial

Carducho, Vicente (1979). Diálogos de la pintura. Madrid, Turner

Dumanoir, Virginie (2003). Música y literatura en la España de la Edad Media y del Renacimiento. Madrid, Casa de Velázquez

Egido, Aurora (2004). De la mano de Artemia. Estudios sobre literatura, emblemática, mnemotécnica y arte en el Siglo de Oro . Barcelona, Olaneta

Hauser, Arnold (1974). Origen de la literatura y del arte modernos . Madrid, Guadarrama

López Torrijos, Rosa (1985). la mitología en la pintura española del Siglo de Oro. Madrid, Cátedra

Palomino, Antonio (1947). El museo pictórico y escala óptica. Madrid, Aguilar

Pacheco, Francisco (1990). Arte de la pintura . Madrid, Cátedra

Sánchez Jiménez, Antonio (2011). El pincel y el Fénix: pintura y literatura en la obra d eLope de Vega Carpio. Madrid, Iberoamericana

Durante o curso aportarase máis referencias bibliografícas de textos e recursos online

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías