Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural |
A2 |
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural |
A3 |
Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais |
A4 |
Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos |
A5 |
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación |
A6 |
Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués |
A7 |
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes |
A8 |
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma |
A9 |
Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A10 |
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos |
A12 |
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais |
A13 |
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais |
A14 |
Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais |
B1 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B2 |
Falar ben en público |
B3 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro |
B4 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
B5 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
B6 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse |
B7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe |
B8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
B9 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser, en grande medida, autodirixido ou autónomo |
B10 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
B12 |
Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base e oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B13 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos. dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B14 |
Que os estudiantes sexan capaces de integrar coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
C1 |
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
C2 |
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos |
C3 |
Demostrar un compromiso ético coas desigualdades |
C4 |
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade |
C5 |
Integrar coñecementos de campos de estudos diversos |
C6 |
Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares |
C7 |
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador |
C8 |
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer, comprender e saber avaliar criticamente unha parte dos discursos teóricos que reflexionan sobre obras relevantes da literatura galega desde unha perspectiva de xénero. |
AC1 AC2 AC4 AC5 AC6 AC8 AR1 AR2 AR3
|
BC1 BC3 BJ1 BJ2 BJ3 BJ4 BJ5 BJ7
|
CC1 CC2 CC3 CC4 CC5 CC6 CR1
|
Incorporar a perspectiva de xénero e feminista aos estudos literarios |
AC1 AC2 AC4 AC5 AC6 AC8 AC9 AJ1 AR1 AR3
|
BJ2 BJ3 BJ4 BJ6 BR2
|
CC3 CC4 CC5 CC6 CR1
|
Ser quen de desenvolver investigacións avanzadas na análise dos textos literarios, desde un enfoque orixinal e creativo |
AC1 AC2 AC4 AC5 AC9 AJ1 AR1 AR3
|
BC1 BJ1 BJ2 BJ3 BJ4 BJ5 BJ6 BJ7 BR1 BR2 BR3
|
CC1 CC2 CC3 CC4 CC5 CC6 CR1 CR2
|
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (tanto oralmente como por escrito) nos debates propios destes estudos. |
AC2 AC4 AC5 AC9 AJ1 AR1 AR2 AR3
|
BC1 BC2 BJ2 BJ3 BJ4 BJ5 BJ6 BJ7 BR1 BR2 BR3
|
CC2 CC3 CC4 CC5 CC6 CR1 CR2
|
Identificar e interpretar os novos marcos teóricos e conceptuais que intentan explicar a evolución da cultura contemporánea |
AC1 AC2 AC6 AC7 AC8 AJ1 AR2
|
BJ1 BJ2 BJ3 BJ4 BJ5 BJ6 BR1 BR2 BR3
|
CC2 CC3 CC4 CC5 CC6 CR1
|
Saber realizar unha análise crítica da literatura e os discursos como un medio de construción da feminidade e da masculinidade, así como dos roles e estereotipos de xénero asociados a estas identidades nas diferentes épocas. |
AC1 AC2 AC3 AC4 AC5 AC6 AC8 AC9 AJ1 AR1
|
BC1 BC2 BJ1 BJ2 BJ3 BJ4 BJ5 BJ6 BJ7 BR1 BR2 BR3
|
CC2 CC3 CC4 CC5 CC6 CR1
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1. A institución literaria e as mulleres escritoras, unha relación problemática |
1.1. Construción autorial, visibilidade e recoñecemento institucional: unha ollada diacrónica |
2. Narrativa galega de autoría feminina e reflexión sobre a(s) identidade(s) de xénero
|
2.1. Escrita do eu e representación da subalternidade feminina: Xohana Torres
2.2. Escrita feminista e problematización das identidades de xénero na literatura galega
|
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Workbook |
A1 A2 A5 A6 A14 A7 A10 A8 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B9 C1 C4 C7 C5 |
2 |
20 |
22 |
Guest lecture / keynote speech |
A13 A1 A2 A6 A7 A10 A8 A9 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C4 C7 C5 |
6 |
6 |
12 |
Supervised projects |
A13 A1 A2 A3 A4 A5 A10 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B14 B1 B8 B12 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C8 |
0 |
16 |
16 |
Workshop |
A13 A2 A3 A4 A5 A10 A9 A12 B13 B5 B6 B7 B14 B1 B8 B9 B2 B10 B3 C2 C3 C4 C7 C5 C6 |
6 |
8 |
14 |
Events academic / information |
A13 A2 A6 B5 B6 B7 B14 B8 C7 C5 |
3 |
6 |
9 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Workbook |
Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado na aula e no encontro científico. |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia. |
Supervised projects |
Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento. |
Workshop |
Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora. |
Events academic / information |
Ao longo do curso será recibido un/unha investigador/a externo cuxa visita será preparada colectiva e individualmente para realizarmos un encontro científico fructífero. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Guest lecture / keynote speech |
Supervised projects |
Workbook |
Workshop |
Events academic / information |
|
Description |
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Supervised projects |
A13 A1 A2 A3 A4 A5 A10 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B14 B1 B8 B12 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C8 |
O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal (ou, alternativamente, na exposición oral dese traballo) que versará sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva.
|
60 |
Workbook |
A1 A2 A5 A6 A14 A7 A10 A8 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B9 C1 C4 C7 C5 |
As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do propio alumnado na aula e no encontro científico. |
10 |
Workshop |
A13 A2 A3 A4 A5 A10 A9 A12 B13 B5 B6 B7 B14 B1 B8 B9 B2 B10 B3 C2 C3 C4 C7 C5 C6 |
Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. |
20 |
Events academic / information |
A13 A2 A6 B5 B6 B7 B14 B8 C7 C5 |
O alumnado deberá participar activamente con preguntas e/ou reflexións no encontro co/a investigador/a invitado/a. |
10 |
|
Assessment comments |
1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN 1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. 1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. 1.3. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); No caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). 2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro e participación en eventos científicos). Así, para superar a materia, terá que realizar unha "Proba mixta" para avaliar as lecturas (40%) e presentar o "Traballo tutelado" (60%). 3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 40 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 60% que deberá ser presentado no mesmo día do exame. 4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel. 5. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita. 6. OUTRAS PRECISIÓNS Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a falta de honradez académica nunha proba conlevará a cualificación de 0 nesa convocatoria e, noutros traballos, a reprobación da actividade concreta. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal)."
|
Sources of information |
Basic
|
Garrido, Ana (2015). "Las chicas raras no tienen voz". Itinerarios 21
Nogueira, Mª Xesús (2020). "Outros desejos, outras palavras. A representação de identidades sexuais não-normativas na literatura galega contemporánea". Daniel, Amarelo (coord.), Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e historias LGBTIQ na Galiza
Reimóndez, María (2018). "Silencios que non son: o continuum lesbiano nas narradoras galegas". Boguszcewicz, María et alii, Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha ahega interdisciplina
Vilavedra, Dolores (2018). "Singularidades da articulación socio-discursiva da narrativa galega de autoría feminina". Boguszcewicz, M. et alii, Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha ahega interdisciplinaria
García Fonte, Mª Anxos (2011). A construción da identidade de xénero na narrativa galega da segunda metade do século XX . Tese de doutoramento. UDC
Forcadela, Manuel / Noia, Camiño (coords.) (2011). Cara a unha poética feminista : homenaje a María Xosé Queizán. Vigo: Xerais
González Fernández, Helena (2005). Elas e o paraugas totalizador . Vigo: Xerais
VV. AA. (1987). Festa da palabra silenciada, 4 (monográfico Xohana Torres) .
García Negro, Mª Pilar (2010). O clamor da rebeldía: Rosalía de Castro, ensaio e feminismo. Santiago: Sotelo Blanco
Moure, Teresa (2012). Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións. Vigo: Galaxia |
Obras de lectura obrigada: - Xohana Torres: Adiós, María
- María Reimóndez: En vías de extinción
A profesora entregará, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos estipulados.
|
Complementary
|
March, Katheleen N. (1994). De musa a literata: el feminismo en la narrativa de Rosalía de Castro. Sada: O Castro
Fariña Busto, Mª Jesús / Suárez Briones, Beatriz / Martín Lucas, Mª Belén (eds.) (2005). Escribir en femenino. Poéticas y políticas . Barcelona: Icaria
Armas García, Celia Mª (2002). As mulleres escritoras (1860-1870). O xenio de Rosalía . Santiago: Laiovento
López-López, Lorena (2019). Dialogando coas marxes na narrativa de autoría feminina: margarita Ledo Andión, Patricia A. Janeiro, Cris Pavón e Teresa Moure. Bangor: Bangor University
Rodríguez Rodríguez, Marisol (2013). Feminismo e innovación en la narrativa gallega de autoría femenina: Xohana Torres, María Xosé Queizán, Carmen Blanco yTeresa Moure. Lewiston : Edwin Mellen Press
Pena Presas, Montse (2018). Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia. Santiago: Laiovento
González Fernández, Helena (2009). Género y nación: la construcción de un espacio literario. Barcelona: Icaria
Blanco, Carmen (1991). Literatura galega da muller. Vigo: Xerais
Amarelo, Daniel (coord.) (2020). Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e historias LGBTIQ na Galiza. Santiago: Através
Blanco, Carmen (1995). O contradiscurso das mulleres. Vigo: Xerais
Moure, Teresa (2014). Politicamente incorreta. Ensaios para um tempo de pressas. Santiago: Através
Segarra, Marta (2012). Repensar la comunidad desde la literatura y el género. Barcelona: Icaria
Rodríguez Sánchez, Francisco (2011). Rosalía de Castro, unha estranxeira na súa patria. Santiago: AS-PG
Lema París, Ánxela / Nunes Brións, Andrea (coods.) (2020). Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de maría Reimóndez. Vigo: Xerais
García Negro, Mª Pilar / Rodríguez Sánchez, Francisco (1996). “Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX”. Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ed.).: Historia da Literatura Galega: |
A profesora fornecerá ao longo do curso, a través da plataforma Moodle, material bibliográfico complementar e outros recursos específicos para cada un dos temas obxecto de estudo nesta materia. |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
Other comments |
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal |
|