Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas. |
A5 |
Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido. |
A6 |
Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada. |
A7 |
Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...). |
A9 |
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.) |
A10 |
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. |
B7 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B8 |
Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. |
B9 |
Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais |
B10 |
Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster. |
C3 |
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C5 |
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender o concepto de tecnoloxía lingüística e coñecer o seu papel na sociedade actual |
AI2 AI5 AI7 AI9
|
BI2 BI4 BI5
|
CM3 CM5 CM6 CM8
|
Familiarizarse con diferentes ferramentas e recursos lingüísticos. |
AI9
|
BI8 BI9
|
CM8
|
Coñecer as perspectivas que ofrece o procesamento automático da lingua natural no eido da tradución, da lexicografía e da aprendizaxe de linguas |
AI6 AI7
|
BI2 BI6 BI7 BI8 BI10
|
CM8
|
Estar capacitado para operar no tratamiento automático da linguaxe |
AI10
|
BI2 BI5 BI7
|
CM3 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Lingua e Sociedade do coñecemento |
1.1. Tecnoloxías lingüísticas e Procesamento de lingua natural (PLN)
1.2. Panorámica das aplicacións das tecnoloxías e do PLN |
2. Aplicacións para a axuda á escrita |
2.1. Corrección ortográfica, léxica, gramatical e estilística
2.2. Correctores en procesadores de textos
2.3. Correctores en liña |
3. Dicionarios electrónicos |
3.1. Concepto de dicionario electrónico
3.2. Deseño de dicionarios electrónicos para diferentes aplicacións de PLN
3.3. Usabilidade de dicionarios electrónicos |
4. Tradución automática |
4.1. Tradución automática (TA) e tradución asistida por ordenador
4.2. Sistemas de TA baseados en regras
4.3. Sistemas de TA baseados en estatística
4.4. Novos modelos de TA |
5. Aprendizaxe de linguas asistido por ordenador (ALAO) |
5.1. Presentación de diferentes sistemas de ALAO
5.2. Corpus e aprendizaxe de linguas |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 A6 B2 B6 B7 C3 |
8 |
24 |
32 |
Prácticas a través de TIC |
A7 A9 A10 B5 B7 B8 C5 |
0 |
11 |
11 |
Traballos tutelados |
A5 B2 B4 B7 B9 C6 |
0 |
18 |
18 |
Obradoiro |
A9 A10 B2 B8 B10 C6 C8 |
10 |
0 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición, por parte do profesorado da materia, dos contidos obxecto de estudo ou das
actividades que ten que desenvolver o alumnado. |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas autónomas de ferramentas, aplicacións ou recursos obxecto de estudo da materia |
Traballos tutelados |
O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Trátase de executar a idea de aprender facendo ou realizar para comprender. |
Obradoiro |
O complemento das sesións teóricas. Os estudantes desenvolverán prácticas tanto individuais como por grupos. Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
Obradoiro |
|
Descrición |
Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia. Comentarios individuais dos distintos traballos. Titorías de libre disposición.
Poderánse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A5 B2 B4 B7 B9 C6 |
O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Os traballos irán entregándose ó longo do curso nas datas que se sinalarán. |
65 |
Prácticas a través de TIC |
A7 A9 A10 B5 B7 B8 C5 |
O estudante practicará diferentes sistemas de Tradución automática e de correctores en liña, ademais de consultar diferentes corpus e dicionarios electrónicos dispoñibeis na web. |
20 |
Obradoiro |
A9 A10 B2 B8 B10 C6 C8 |
Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Lea atentamente a información que segue. 1. (a) Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir,
utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copia
en exercicios ou traballos, ou outras variabeis destas características) será
penalizada coa anulación total da actividade de que se trate e a penalización
correspondente en virtude danormativa vixente (b) A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o
caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos
oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI
da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico:
pat.filoloxia@udc.gal). 2. A
CUALIFICACIÓN FINAL
responderá ao seguinte reparto porcentual: 2.1) Un 65% obterase polos
traballos tutelados que se irán entregando ao longo do curso nas datas que se
fixarán na aula. A última entrega non será máis tarde de duas semanas despois de acabar as aulas. 2.2) Un 15% obterase da
realización das actividades e prácticas (individuais ou grupais), que se
realizarán na aula ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a
evolución individual do alumno, mais tamén a súa dinámica na aula, a
colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa
aprendizaxe colaborativa. 2.3) Un 20% responderá as prácticas autónomas a través das TIC que os estudantes realizarán ao longo do curso nas datas que se fixarán na aula. Moi importante: Este
reparto porcentual só é válido para as persoas que asisten con regularidad e
participan nos obradoiros e nas prácticas. As persoas que teñan dispensa académica ou que xustifiquen a falta de asistencia recibirán un 100% da súa nota
final pola realización dos traballos tutelados tanto na primeira coma na segunda oportunidade. Calificación de No Presentado. Recibirán calificación
de Non Presentado (N.P.) solo aquelas personas que entreguen ou realicen
menos do 30% das actividades evaluables. CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES: SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO. O estudantado poderá presentar unha nova versión daqueles
traballos de curso (actividades avaliables e traballo tutelado) que non tivesen
acadado o nivel suficiente, ou, de ser o caso, poderánselle encomendar unha
serie de actividades substitutivas que se anunciarían oportunamernte no momento
de lle comunicar as notas da 1.ª oportunidade. No caso de cualificación insuficiente no módulo de asistencia e
participación, a nota do/s traballo/s mencionados constituirá o 100% da
cualificación final. ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA: a puntuación acadada
polos traballos (parciais e final) suporá o 100% da cualificación final, tanto
na primeira coma na segunda oportunidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Cal, M., P. Núñez & I. Palacios, eds. (2005), Nuevas tecnologías en lingüística, traducción y enseñanza de lenguas, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Hutchins, W.J. & H.L. Somers (1995), Introducción a la traducción automática, Madrid: Visor. Lavid, J. (2005), Lenguaje y nuevas tecnologías: nuevas perspectivas, métodos y herramientas para el lingüista del siglo XXI, Madrid: Cátedra. Martí, M.ª A., coord. (2003),Tecnologías del lenguaje, Barcelona: UOC. Parra Escartín, C. (2018), "Cómo ha evolucionado la traducción automática en los últimos años", La linterna del traductor, 16, 20-28 [http://lalinternadeltraductor.org/pdf/lalinterna_n16.pdf] Ruiz, J. C. (2005), “Lenguaje e informática/Lenguaje y ordenadores”, en Á. López & B. Gallardo (eds.), Conocimiento y lenguaje, València: Universitat, 401-436. |
Bibliografía complementaria
|
|
Clark, Alexander, Chris Fox & Shalom Lappin, eds. (2010). The Handbook of Computational Linguistics and Natural Language Processing. Malden: Wiley-Blackwell. Indurkhya, N. & F. J. Damerau, eds. (2010), Handbook of Natural Language Processing, Boca Ratón, FL: CRC. Jurafsky, D. & J. H. Martin (2009),
Speech and Language Processing. An Introduction to Natural Language
Processing, Computational Linguistics and Speech Recognition, Upper Saddle River, NJ: Pearson Prentice Hall. Martí, M.ª A. & J. Llisterri, eds. (2004),Tecnologías del texto y del habla, Barcelona: Edicions Universitat de Barcelona. Mitkov, R., ed. (2003), The Oxford Handbook of Computational Linguistics, Oxford University Press. Müller-Spitzer, C. ed. (2014), Using Online Dictionaries, Berlin, de Gruyter. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Nesta materia, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula. Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como no seu traballo persoal fóra da aula. O alumnado deberá consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que este será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais por parte do profesor. |
|