Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A10 |
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador. |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. |
B7 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B8 |
Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. |
B10 |
Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster. |
C5 |
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas aplicables á edición de textos e imaxes: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, software e hardware para o tratamento de textos e imaxes. |
AR10
|
BR8
|
|
Adquirir destrezas aplicables á comunicación, principalmente de contidos científicos. |
|
BR1 BR4
|
|
Adquisición de coñecementos especializados nos campos da lingüística e da informática, que permitan a análise e a resolución de problemas dentro de contextos multidisciplinares relacionados cos estudos lingüísticos. |
|
BR2 BR6
|
CC6
|
Fomentar a reflexión sobre a responsabilidade social e ética no campo da edición de textos e imaxes. |
|
BR3
|
|
Coñecemento de recursos e adquisición de destrezas para desenvolver a aprendizaxe autónoma e ao longo da vida. |
|
BR5
|
CC7
|
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
|
BR7 BR10
|
|
Comprensión da importancia social e económica da actitude emprendedora no campo da edición. |
|
|
CC5 CC8
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1. Representación da información: métodos e formatos de codificación dixital da información de textos, imaxes, vídeo e audio |
1.1. Dispositivos de almacenaxe e concepto de codificación
1.2. Codificación de textos
1.3. Codificación de imaxes
1.4. Codificación de audio e vídeo |
2. Proceso técnico de dixitalización |
2.1. Características e fases
2.2. Escaneado
2.3. OCR e revisión
2.4. Outras |
3. Preservación da información dixitalizada: problemas e importancia |
3.1. Problemas e importancia
3.2. Estratexias de preservación dixital
3.3. Recomendacións e boas prácticas |
4. A edición: tipoloxía. Procesos e ferramentas de xestión editorial |
4.1. Edición tradicional e edición electrónica
4.2. A xestión editorial
4.3. Recursos e ferramentas para a edición |
5. Novos soportes e novas tecnoloxías aplicadas á edición. Especificidades da edición electrónica |
5.1. O libro electrónico
5.2. As plataformas de edición |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
B1 B3 B5 B6 B7 B10 C7 |
8 |
0 |
8 |
ICT practicals |
A10 B2 C6 |
0 |
20 |
20 |
Workshop |
A10 B2 B3 B7 |
7 |
20 |
27 |
Supervised projects |
A10 B2 B4 B8 C5 C6 C8 |
0 |
18 |
18 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Sesións expositivas en que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos |
ICT practicals |
Actividades, prácticas e exercicios. Solución de problemas, prácticas guiadas, elaboración de materiais etc. Requirirán o uso de computadores e varias aplicacións informáticas. |
Workshop |
Combinación de diversas metodoloxías e probas (solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das cales o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico co apoio e supervisión do profesorado. |
Supervised projects |
Elaboración dun conxunto relevante de materiais dixitais multimedia, combinada cun exercicio de revisión lingüística, ortotipográfica e maquetación dun texto, coa eloboración dos seus respectivos paratextos. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Supervised projects |
Workshop |
Guest lecture / keynote speech |
ICT practicals |
|
Description |
Prestarase unha especial atención ás posibles diferencias no estudantado tanto en canto a familiarización con conceptos e termos informáticos ou da edición como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas.
As actividades e o traballo tutelado levarán consigo unha fase de preparación e seguimento que implica un uso intensivo das titorías.
Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, polo tanto, recoméndase que se empreguen as titorías para revisar os exercicios e o traballo tutelado despois de avaliados.
As titorías poderán ser presenciais ou realizarse mediante correo electrónico, en foros do Campus Virtual ou mediante Teams. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Supervised projects |
A10 B2 B4 B8 C5 C6 C8 |
Constará de dúas partes: 1. Dixitalización dunha obra editada en papel (ou parte dela) seguindo os pasos/fases do proceso de dixitalización que se verán nas aulas (45 % da cualificación final). 2. Preparación da edición dun texto mediante a recopilación da actividades realizadas nas sesións de obradoiro (15 % da cualificación final). |
60 |
Workshop |
A10 B2 B3 B7 |
Tarefas de edición, corrección e maquetación de textos. |
15 |
Guest lecture / keynote speech |
B1 B3 B5 B6 B7 B10 C7 |
Avaliarase a participación significativa nas sesións. |
10 |
ICT practicals |
A10 B2 C6 |
Posta en práctica dos contidos da materia mediante actividades realizadas con programas de edición de textos. |
15 |
|
Assessment comments |
Para superar a materia será necesario acadar nas prácticas a través de TIC, no obradoiro e no traballo tutelado unha puntuación mínima de 4 (sobre 10). De non obter esta puntuación en cada un destes mecanismos de avaliación, a cualificación nas actas será, como máximo, de 4,9 puntos. Na segunda oportunidade deberanse presentar actividades equivalentes aos mecanismos de avaliación non superados. Estas actividades serán propostas e entregadas en el Campus Virtual de la UDC. A cualificación correspondente á participación na sesión maxistral, de non terse superada, obterase mediante actividades alternativas que se realizarán a través del Campus Virtual. A primeira parte do traballo tutelado presentarase o 13 de marzo e a segunda o 27 de abril. En caso de non presentar o traballo tutelado nos prazos e forma estipulados, o/a estudante será cualificado/a como non presentado. O estudantado con dispensa académica de asistencia será avaliado mediante o traballo tutelado e actividades correspondentes ás prácticas e aos obradoiros. A cualificación correspondente á participación nas sesións maxistrais obterase mediante unhas actividades alternativas que se realizarán a través del Campus Virtual. Estudantes que precisen medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e flexibilidade que requira cada caso. Deberán contactar coa Unidade de Atención á Diversidade da UDC ou coa titora de atención á diversidade da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal). O plaxio, mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica darán lugar á descalificación automática da actividade ou da proba. As actividades e traballos poderán ser sometidas a unha revisión mediante aplicacións informáticas de detección de plaxio.
|
Sources of information |
Basic
|
Jardí, Enric (2019). Así se hace un libro. Barcelona: Arpa
Masid Valiñas, Germán; Fernández Sanz, José (2017). Cita con los textos. Cuando el autor hace de editor. Boadilla del Monte (Madrid): Ollero y Ramos
Prieto Espinosa, Alberto; Prieto Campos, Beatriz (2005). Conceptos de Informática. Madrid: McGraw-Hill. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50305
Polo Pujadas, Magda (2016). Creación y gestión de proyectos editoriales en el siglo XXI. Del papel a la era digital. 2.ª ed.. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha, Univ. de Cantabria, Univ. de les Illes Balears. https://e
Blanco Valdés, Juan Luis (2009). Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica . Vigo: Xerais
Prieto Espinosa, Alberto; Lloris Ruiz, Antonio; Torres Cantero, Juan Carlos (2006). Introducción a la informática. 4.ª ed.. Madrid: McGraw-Hill. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/50210
Beekman, G. (2005). Introducción a la informática. 6.ª ed. . Madrid: Pearson. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/45332
Buen Unna, Jorge de (2008). Manual de diseño editorial. Gijón: Trea
Blanco Valdés, Juan L. (2012). Manual de edición técnica. Del original al libro. Madrid: Pirámide
Gil, Manuel; Gómez, Martín (2016). Manual de edición. Guía para estos tiempos revueltos. Bogotá: Cerlalc
Torres Ripa, Javier (ed.) (2013). Manual de estilo Chicago Deusto. Bilbao: Universidad de Deusto |
Materiais incluidos no espazo da materia na plataforma Moodle. |
Complementary
|
Adell, Ferran (2016). Edición en EPUB. Barcelona: UOC. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/58464
Davies, Gill (2005). Gestión de proyectos editoriales: cómo encargar y contratar libros. México: Fondo de Cultura Económica. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/10
Beltrán, Jorge Enrique (2017). Manual de edición académica. Universidad de los Andes-Universidad Nacional de Colombia. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/erea
Martínez de Sousa, José (2005). Manual de edición y autoedición. Madrid: Pirámide
Marín Álvarez, Raquel (2013). Ortotipografía para diseñadores. Barcelona: Gustavo Gili. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/45509 |
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
|