Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Planificación lingüística Código 613836063
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Peres Vigo, Alexandre
Correo electrónico
alexandre.pvigo@udc.es
Profesorado
Peres Vigo, Alexandre
Correo electrónico
alexandre.pvigo@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo do concepto de planificación lingüística e da sua aplicación contemporánea á lingua galega.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir e analizar a relación entre lingua e sociedade e tamén interpretar a complexidade dos fenómenos sociolingüísticos. AI1
AI7
AI8
AI9
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
BI10
CM1
CM2
CM4
CM6
CM8
Coñecer, analizar e interpretar diversos procesos de normalización e de planificación lingüística. AI1
AI7
AI8
AI9
AI10
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
BI10
CM1
CM2
CM6
CM7
Coñecer e programar obxectivos e medidas de planificación lingüística AI7
AI9
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
BI10
CM1
CM2
CM4
CM5
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. A planificación lingüística

1.1. Historia conceptual e disciplinar. Escolas, teorías e metodoloxías
1.2. Tipoloxías da planificación lingüística. Escalas de investigación e aplicación.
1.3. Procesos, axentes e instrumentos.
2. Lingua, sociedade e identidades 2.1. Diversidade lingüística e políticas identitarias
2.2. Planificación lingüística e procesos de substitución. Normalización lingüística e linguas minorizadas no Estado español.
2.3. Planificación da lingua galega: antecedentes e etapa contemporánea.
3. Metodoloxías para a planificación lingüística
3.1. Implantación e dinamización lingüísticas.
3.2. Elaboración, aplicación e avaliación: metodoloxías e instrumentos.
3.3. Alternativas para a planificación da lingua galega.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A8 A9 A10 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 C6 3 15 18
Presentación oral A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B8 C1 C2 1 12 13
Seminario A1 A7 A9 A10 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C7 6 30 36
Sesión maxistral A1 A7 A8 A9 A10 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C5 C8 5 0 5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Análise e comentario de textos sobre a planificación lingüística como concepto e disciplina, e textos da sociolingüística galega contemporánea.
Presentación oral A alumna-o realizará unha exposición oral, no fin do mestrado, relativa a un dos pontos do temario.
Seminario Discusión fundamentada sobre o concepto de planificación lingüística, a súa configuración disciplinar e as suas aplicacións, e sobre sociolingüística e normalización da lingua galega.
Sesión maxistral O profesor impartirá os coñecementos precisos para a análise de diferentes contidos ligados á planificación lingüística, do proceso de normalización da lingua galega e do desenvolvemento de metodoloxías planificadoras nesta área.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Sesión maxistral
Lecturas
Seminario
Descrición
O profesor encargarase de recibir e asesorar as/os alumnas/os en todas e cada das cuestións que precisaren, ao tempo tratará en todo momento lles facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas etc. que puideren ser do seu interese. Poderá ser desenvolvida a través do correo electrónico, da plataforma Teams ou, se as circunstancias o permitiren, en modalidade presencial.

A atención personalizada será especialmente relevante e necesaria no caso do alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B8 C1 C2 A alumna-o realizará unha exposición oral, no fin do mestrado, relativa a un dos pontos do temario. 40
Lecturas A1 A8 A9 A10 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 C6 Análise e comentario de textos sobre a planificación lingüística como concepto e disciplina, e sobre sociolingüística galega contemporánea. 30
Seminario A1 A7 A9 A10 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C7 Discusión fundamentada sobre o concepto de planificación lingüística, a súa configuración disciplinar e as suas aplicacións, e sobre sociolingüística e normalización da lingua galega. 30
 
Observacións avaliación
1. Para superar a materia será necesario asistir regularmente ás aulas, realizar como mínimo o 60% das actividades propostas e obter como mínimo unha nota de 4 valores, sobre 10, na presentación oral.

2. Recibirán a cualificación de non presentado os/as estudantes que non asistiren regularmente ás aulas e/ou non realizaren, como mínimo, o 60% das actividades propostas.

3. Calquera falta de honradez académica
(plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sen
indicar a procedencia, copia en exercicios ou traballos, ou outras
variabeis destas características) será penalizada coa anulación total da
actividade de que se trate e a penalización correspondente en virtude
danormativa vixente.

4. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán
contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais
estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa
Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico:
pat.filoloxia@udc.gal).

5. Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), o alumnado será avaliado co mesmo sistema previsto para a primeira oportunidade. Deberá realizar aquelas actividades non entregadas na primeira convocatoria, ou que non obtiveron como mínimo o 40% da nota máxima de cada actividade.

6. A data de entrega das actividades non superará as 2 semanas despois da finalización do curso e será anunciada polo profesor con antecedencia suficiente.

7. O alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica terá o seguinte sistema de avaliación: lecturas (40%) e traballo tutelado (60%). O traballo tutelado versará sobre os mesmos temas e terá unha estrutura análoga á prevista para a presentación oral na primeira convocatoria.

8. Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica.

Fontes de información
Bibliografía básica Kennedy, Chris (1992). "Language Planning". Language Teaching, 15, 4: 264-284.
Herrero Valeiro, Mário (2015). A normalização lingüística. Uma ilusão necessária. Compostela: Através Editora
Calvet, Louis-Jean (2007). As políticas linguísticas. São Paulo: Parábola
Haugen, Einar (1987). Blessings of Babel Bilingualism and Language Planning : problems and pleasures. Berlín: Mouton de Gruyter
Rodríguez, Francisco (1998). Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza. Santiago de Compostela: Laiovento
García Negro, María Pilar (2009). De fala a lingua: un proceso inacabado. Brión: Laiovento
García Negro, María Pilar (2000). Direitos lingüísticos e control político. Santiago de Compostela: Laiovento
Herrero Valeiro, Mário (2011). Guerra de grafias. Conflito de elites. Compostela: Através Editora
Ninyoles, Rafael (2005). Idioma e poder social. Ames: Laiovento
Cooper, Robert L. (1989). Language Planning and Social Change. Cambridge: Cambridge University Press
Sanmartín Rei, Goretti (2010). Lingua e futuro. Brión: Laiovento
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Galanes Santos, Iolanda (1998). Os procesos de implantación lingüística. Dispoñíbel en <http://kit.consellodacultura.gal/materiais-de-cursos-e-xornadas/>
Ammon, Ulrich (ed.) (2001). The dominance of English as a language of science effects on other languages and language communities. Berlín: Mouton de Gruyter
Vaquero Quintela, Isabel (2012). Traballarmos en dinamización lingüística (unha introdución). Santiago de Compostela: CTNL
Carvalho Calero, Ricardo (1992). Umha voz na Galiza. Santiago de Compsotela: Sotelo Blanco
Lorenzo Suárez, Anxo (2005). “Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego”. Cadernos de Lingua 27, pp. 37-59.
Bastardas i Boada, Albert (1997). “Política y planificación lingüísticas”. C. Martín Vide (ed.), Elementos de lingüística. Barcelona: Octaedro, 341-360

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías