Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística. |
A3 |
Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística. |
A4 |
Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos. |
A5 |
Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido. |
A6 |
Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada. |
A7 |
Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...). |
A8 |
Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada. |
A9 |
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.) |
A10 |
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador. |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. |
B7 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B8 |
Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. |
B9 |
Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais |
B10 |
Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster. |
C3 |
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- Dominar o ámbito virtual.
|
AI9 AI10
|
BI5 BI8
|
CM3 CM6 CM8
|
- Ser capaz de analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación en contextos multilingües.
|
AI1 AI3 AI4 AI5 AI7
|
BI1 BI2 BI5 BI6 BI10
|
CM4 CM6 CM7
|
- Aplicar os coñecementos sobre os principais conceptos de planificación e política lingüística ao ámbito virtual dende unha perspectiva global.
|
AI1 AI3 AI6 AI7 AI8
|
BI2 BI3 BI4 BI7 BI9 BI10
|
CM4 CM5 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Globalización e multilingüismo. O papel do inglés.
|
1.1. Que é a globalización?
1.2. Consecuencias da globalización
1.3. A diversidade lingüística
1.4. Situacións de bi- e multilingüismo
1.5. O impacto da globalización nas linguas
1.6. O inglés: a lingua da globalización |
2. As linguas de Internet, as linguas en Internet. Visibilidade das linguas e das culturas na rede.
|
2.1. Internet, lingua e comunidade
2.2. Consecuencias de Internet para as linguas
2.3. Como avaliar unha lingua na rede
2.4. As linguas máis faladas en Internet
2.5. Algúns apuntamentos sobre o futuro das linguas |
3. O ciberespacio europeo: a UE e as linguas.
|
3.1. O ciberespacio: unha oportunidade para o multilingüismo?
3.2. A Unión Europea e o multilingüismo
3.3. As linguas oficiais da Unión Europea
3.4. As linguas minoritarias na Unión Europea
3.5. O Marco Común Europeo de referencia para as linguas |
4. O ciberespacio dende Galicia: as linguas da rede, as linguas na rede. O dominio .gal
|
4.1. O ciberespazo: visibilidade da lingua e da cultura galegas
4.2. A aprobación do dominio .gal
4.3. Consecuencias da aprobación do dominio .gal |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A1 A5 A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C3 C6 |
3.5 |
3.5 |
7 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A5 A6 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 |
0 |
18 |
18 |
Presentación oral |
B4 |
1 |
2 |
3 |
Solución de problemas |
A4 A7 A9 B1 B2 B3 B5 B10 C3 C4 C7 C8 |
3 |
2 |
5 |
Lecturas |
A1 A8 B1 B5 B6 B7 B10 |
0 |
26 |
26 |
Aprendizaxe colaborativa |
A7 A9 B1 B2 B8 B9 C3 C4 C5 C6 C7 |
3 |
3 |
6 |
Sesión maxistral |
A1 A8 B1 B6 B7 B10 C6 |
9 |
0 |
9 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do/a profesor/a. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo/pola profesor/a-titor/a. |
Presentación oral |
Exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. |
Lecturas |
Conxunto de textos de fontes diversas proporcionado polo/pola profesor/a para a profundización nos contidos traballados. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos/ás estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Discusión dirixida |
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia. Comentarios individuais dos distintos traballos. Titorías de libre disposición.
Poderánse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A8 B1 B6 B7 B10 C6 |
Valorarase a asistencia e participación na aula. |
15 |
Discusión dirixida |
A1 A5 A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C3 C6 |
Os alumnos discutirán de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, coordinados pola profesora. |
10 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A5 A6 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 |
O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. A profesora prestaralle axuda no momento en que o precise e demande. Unha das actividades poderá ter carácter grupal, co fin de desenvolver a capacidade de traballar en grupo de xeito colaborativo.
|
50 |
Presentación oral |
B4 |
Exposición oral dalgunha das actividades propostas pola profesora. |
15 |
Solución de problemas |
A4 A7 A9 B1 B2 B3 B5 B10 C3 C4 C7 C8 |
Proposta/s de resolución dunha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Entrega semanal das distintas actividades. Dado que a avaliación contínua é o método de avaliación que se seguirá, os/as estudantes deberán realizar cada semana unha actividade avaliable (traballo tutelado, solución de problemas, etc.).
Cualificación de Non Presentado. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) solo aquelas persoas que entreguen ou realicen menos de tres actividades avaliables (traballos tutelados, presentación oral e solución de problemas).
Segunda oportunidade (xullo). Aqueles estudiantes que non teñan superado a materia e teñan asistido regularmente ás aulas e realizado un 60% das actividades propostas, terán que repetir únicamente aquelas actividades ou probas non superadas. Nos casos restantes, serán avaliados pola realización dos traballos tutelados propostos polo/a profesor/a (100% da cualificación). Estudantes con dispensa académica recoñecida. A puntuación alcanzada nos traballos supoñerá o 100 % da nota final, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Plaxio. A realización fraudulenta das actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á segunda oportunidade.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar da adopçión de medidas encamiñadas ao apoio à diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada con a saúde mental). De ser o caso, deberán contatar coa os serviços disponíveis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estabelecidos de maneira prévia a cada cuadrimestre académico, com a Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defeito, com a Tutoria ADI da Faculdade de Filologia (no seguinte endereço eletrónico: pat.filoloxia@udc.gal).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Básica Castells Oliván, Manuel (2006) (ed.): La sociedad red: una visión global. Madrid: Alianza Editorial. Crystal, David (2002): El lenguaje e internet. Madrid: Cambridge University Press. Crystal, David (2005): La revolución del lenguaje. Madrid: Alianza Editorial. Crystal, David (2011): Internet linguistics: A student guide . New York: Routledge. Martín Rojo, Luisa & Pujolar Cos, Joan (2020) (coords.): Claves para entender el multilingüismo contemporáneo. Zaragoza: PUF. Steger, Manfred (2003): Globalization: A very short introduction. Oxford: Oxford University Press. Yus, Francisco (2010): Ciberpragmática 2.0. Nuevos usos del lenguaje en Internet. Barcelona: Ariel. Complementaria Block, David & Cameron, Deborah (eds.) (2002): Globalization and language teaching. London / New York: Routledge. Blommaert, Jan (2010): The sociolinguistics of globalization. New York: Cambridge University Press. Coupland, Nikolas (ed.) (2010): The handbook of language and globalization. Malden (MA): Wiley-Blackwell. Fairclough, Norman (2006): Language and globalization. London / New York: Routledge. Mar-Molinero, Clare & Stewart, Miranda (2006): Globalization and language in the Spanish speaking world : macro and micro perspectives . New York: Palgrave Macmillan. Swaan, Abram de (2001): Words of the world the global language system . Cambridge: Polity Press. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|