De acordo coas normas da facultade, na proba mixta hase de obter unha cualificaciónmínima de 4 puntos (sobre 10) para aprobar a materia.
Cualificarase como non presentado quen non se presente ao exame finaloficial, independentemente do número de actividades entregadas.
Na segunda edición de actas (mes de xullo) deberanse recuperar aquelesinstrumentos de avaliación arriba descritos que sexan necesarios para acadar acualificación de aprobado, coas mesmas porcentaxes que na primeira edición. O traballo tutelado farase de xeito individual.
Só se cualificará como non presentado quen xa tivese esta cualificación naprimeira edición de actas e, ademais, non se presente ao exame oficial dexullo.
O estudante comprométese a gardar unha copia de cada exercicio ou traballo,en previsión de problemas na recepción.
Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias decorrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisiónléxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.). Penalizarase anota dos escritos que non se axusten a esta norma.
O deseño de actividades adecuarase ao desenvolvemento dos distintos temas do programa para que a súa entrega se realice de maneira paulatina ao longo do cuadrimestre.
No referente a plaxio ou outra falta de honradez académica aplicarase oestipulado nas Normas de avaliación, revisión e reclamación dascualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.
Alumnos con dispensa académica recoñecida: aplicaráselles o mesmo sistemade avaliación, con maior flexibilidade nas datas de entrega (agás o exame oficial), que se acordarán entreprofesor e alumno. O traballo tutelado será individual e non será necesarioexpoñelo na aula.
Alumnos erasmus e estranxeiros: Recoméndase un nivel equivalente a B1como mínimo para matricularse na materia. Ao final de curso, esixirase unnivel equivalente a B2.
Alumnado con necesidades especiais. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñibles na UDC/no Centro, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).