Só se aceptarán
traballos entragados na data marcada e con antelación suficiente respecto da
proba mixta. Calquera indicio de plaxio conlevará a cualificación de cero (0).
Non se poderá
aprobar a materia sen ter unha calificación mínima de 4 sobre 10 na proba
mixta.
Na segunda oportunidade (xullo) os alumnos que suspenderen a proba mixta
(40%) deberán repetila na data fixada polo Centro; os alumnos que suspenderen o
traballo tutelado (60%), deberán corrixir as deficencias e incorpor as
mellloras indicadas pola profesora. A data de entrega do trabajo tutelado será
o mesmo día que a fixada oficialmente para o exame.
Moi importante:
o alumno será avaliado e calificado sempre que se presente á proba mixta.
Recibirá a calificación de "NON PRESENTADO" cando non se presente ao
exame.
Os alumnos que teñan recoñecida a dispensa
realizarán as mesmas probas que os demáis: proba mixta (40%) e traballo tutelado
(60%) por non se considerar na avaliación a asistencia e a participación na
aula. Arbitraranse de acordo co alumno todas as medidas de atención necesarias.
Calquera forma de plaxio, como a
cita de traballos alleos sen marca de tal o usen a referencia correspondente, suporá
o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo será de aplicación a calquera
forma de copia indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o
programa de deteción de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).
Subjects that it is recommended to have taken before |
Introduction to Literary Studies /613G01005 | Classical Language and Culture /613G01006 | Spanish Literature/613G01011 | Medieval Spanish Literature/613G01022 | Spanish Literature in the Golden Age 1/613G01023 |
|