Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. |
A19 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
A23 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. |
A27 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. |
A1 A3 A4 A10 A11 A15
|
B3 B7
|
C1 C6
|
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma |
A1 A7 A11 A14 A17 A19 A23 A27
|
B5 B8 B9 B10
|
C1
|
Aplicar as técnicas de análise cultural, considerando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
|
A1 A2 A4 A10 A11 A14 A15 A17
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9
|
C1
|
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués |
A4 A7 A11 A14 A17 A19 A23 A27
|
B2 B5 B8 B10
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A literatura galega no século XIX. |
Caracterización xeral.
Periodización.
Cuestións metodolóxicas. |
2. O Prerrexurdimento. Prosa, poesía, teatro. |
Caracterización xeral. A poesía. O teatro.
A Gaita Gallega: singularidade xenérica, reivindicación e iniciación lingüística e denuncia social.
|
3. O Rexurdimento. Caracterización xeral. |
Reivindicación lingüística, renacemento cultural e construción da identidade nacional.
A cultura e a literatura popular.
A recuperación da historia propia.
A situación social da lingua. A procura dun modelo de lingua literaria.
Os Xogos Florais da Coruña.
Produción e difusión cultural: a prensa.
|
4. O Rexurdimento. Xéneros e autores. |
A poesía como xénero predominante.
Rosalía de Castro.
Manuel Curros Enríquez.
Eduardo Pondal.
A narrativa.
O teatro.
|
5. O rexionalismo e a transición ao século XX. |
Elementos definidores. As iniciativas editoriais: prensa e coleccións editoriais.
A consolidación institucional do rexionalismo no século XX: a fundación da Academia Galega.
Prosa e narrativa.
O teatro. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A1 A2 A4 A11 A14 A15 B1 B4 C1 |
10 |
10 |
20 |
Lecturas |
A1 A2 A4 A7 A17 B3 B6 B7 C6 |
1 |
20 |
21 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A7 A14 A17 A19 A23 A27 B1 B5 B7 B10 C1 C6 |
21 |
21 |
42 |
Presentación oral |
A1 A2 A4 A11 A15 B3 B4 B5 B7 C1 |
1 |
0 |
1 |
Proba mixta |
A1 A4 A7 A11 A15 A17 A19 B1 B3 B4 B5 B6 C1 |
2 |
20 |
22 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 A19 B3 B5 B8 |
0 |
2 |
2 |
Traballos tutelados |
A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 |
1 |
12 |
13 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 |
15 |
12 |
27 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Debate na aula moderado pola profesora sobre temas previamente sinalados e convidos co alumnado. Requerirá unha preparación previa que os e as estudantes deberán realizar, de acordo coas indicacións que recibirán. |
Lecturas |
Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da información.
Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co apoio de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Terá como obxecto, principalmente, proporcionar unha visión panorámica dos temas que serán logo desenvolvidos en sesións complementares posteriores en grupos de menor tamaño. |
Presentación oral |
Consistirá na exposición dun tema do programa, previamente acordado coa profesora |
Proba mixta |
Consistirá na realización dunha proba escrita e/ou oral relativa aos contidos e lecturas do programa. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia a algún dos eventos científicos e divulgativos indicados pola profesora. |
Traballos tutelados |
Realización dun traballo tutorizado pola profesora segundo as indicacións que se proporcionarán no inicio do cuadrimestre. |
Análise de fontes documentais |
Lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Proba mixta |
Sesión maxistral |
Lecturas |
Análise de fontes documentais |
Discusión dirixida |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
ORIENTACIÓN XERAL
A profesora orientará aos e ás estudantes na selección da obra obxecto do traballo titorizado, na metodoloxía e nas fontes de información precisas e máis axeitadas para a súa elaboración.
A orientación farase de forma individualizada, persoalmente, e tamén se facilitarán indicacións escritas.
DISPENSA ACADÉMICA
As persoas con dispensa académica serán obxecto de seguimento particular.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
A UDC conta cunha oficina (ADI) especializada en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O/A estudante que o desexar pode pórse en contacto coa ADI escribindo a adi@udc.gal ou telefonando a 881 015 622. Máis información en: http://www.udc.es/cufie/uadi/.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A4 A7 A11 A15 A17 A19 B1 B3 B4 B5 B6 C1 |
Realización dunha proba escrita relativa aos contidos e ás lecturas da materia. |
50 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 |
Realización das lecturas indicadas pola profesora (textos críticos, historiográficos, xornalísticos, literarios etc.) e o seu comentario e análise nas aulas.
A profesora asignará algunhas lecturas específicas a cada estudante para a súa presentación nas aulas. |
20 |
Traballos tutelados |
A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 |
Presentación dun traballo tutorizado que cada estudante escollerá de entre os propostos pola profesora ou por el/ela propio/a. Serán proporcionadas pautas específicas para a súa elaboración e acompañarase o proceso de realización. |
20 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 A19 B3 B5 B8 |
Asistencia a eventos científicos e/ou divulgativos indicados pola profesora. A avaliación farase tendo en conta a ficha que deberá cubrir cada estudante. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o/a estudante deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación segundo os criterios que serán publicados no Campus Virtual no inicio do curso. A evidencia de plaxio ou de realización fraudulenta en calquera actividade implicará automaticamente a cualificación con 0 puntos. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades nos prazos estabelecidos nas aulas. 1. NON PRESENTADO Será considerado NON PRESENTADO/A o/a estudante quen non se presente á proba mixta. 2. DISPENSA ACADÉMICA Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación: 1. Proba mixta (50%). 2. Traballo titorizado (40%). Para concretar as características do traballo titorizado, o estudante deberá pórse en contacto coa profesora antes do día 28 de febreiro. 3. Eventos (10%). 3. ALUMNADO REPETIDOR E ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas e o alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de febreiro. Unha vez realizadas as oportunas comprobacións, a profesora confirmará se o seu sistema de avaliación será o do alumnado con dispensa académica. 4. OPORTUNIDADE DE XULLO Deberánse presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta. 5. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral que versará sobre as lecturas propias da materia (50% da cualificación).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995-2000). Diccionario da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Vilavedra, Dolores (1999). Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia
VV. AA. (1996). Historia da Literatura Galega (vols. 1 e 2). Vigo: A Nosa Terra
Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia
Pena, Xosé Ramón (2014). Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento . Vigo: Xerais
Tato Fontaíña, Laura (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez, Francisco (1990). Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación. Vilaboa: Edicións do Cumio |
Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es Cronoloxía da literatura galega (1801-1900): http://croliga.udc.es Galiciana. Biblioteca de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/presentacion Hemeroteca Virtual da Real Academia Galega: http://academia.gal/hemeroteca-virtual Monografías do século XIX (Real Academia Galega): http://academia.gal/biblioteca-virtual-monografias#inicio.do?current_page=7 As referencias anteriores son de materiais e de obras de consulta de carácter xeral. Nas aulas e/ou no Campus Virtual será proporcionada bibliografía específica. Obras de lectura: A casamenteira de Antonio B. Fandiño. Selección de textos d'A gaita gallega de J. M. Pintos. "Conto gallego" de Rosalía de Castro. Follas novas de Rosalía de Castro. O divino sainete de Manuel Curros Enríquez. Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal. O catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal. O castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro. Esta selección completarase con máis unha obra asignada especificamente a cada estudante. |
Bibliografía complementaria
|
|
Beramendi, Justo, De provincia a nación. Historia do galeguismo político, Xerais, Vigo, 2007. Davies, Catherine, Rosalía de Castro no seu tempo, Galaxia, Vigo, 1987. Forcadela, Manuel, A poesía de Eduardo Pondal, O Cumio, Vigo, 1995. Freire Lestón, Xosé V., A actividade editorial en Galicia (1850–1936). Apuntamentos para unha historia do libro galego, O Cumio, Vigo, 1997. Hermida, C., Os precursores da normalización, Xerais, Vigo, 1992. Pociña, Andrés e López, Aurora, Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra, Laiovento, Santiago de Compostela, 2000. Rodríguez, Francisco, Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, AS-PG, A Coruña, 2011. Esta selección completarase con bibliografía específica que a profesora proporcionará a través do Campus Virtual. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Galega/613G02012 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Literatura Galega Contemporánea 2/613G02036 |
|
Observacións |
Para calquera dubida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente no horario de atención ao alumnado ou concertando cita previa no enderezo electrónico t.lopez@udc.gal. |
|