Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A5 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A19 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
A20 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. |
A21 |
Dominar a gramática da lingua galega. |
A22 |
Dominar a gramática da lingua portuguesa. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o léxico básico da lingua italiano nos ámbitos oral e escrito, necesario para acadar un nivel lingüístico elemental. |
A1 A5 A11 A15
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9
|
C7
|
Saber comprender os puntos esenciais dun discurso oral cando se utiliza unha linguaxe clara e estándar. |
A1 A2 A5 A10 A11 A15 A19 A20 A21 A22
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer as estruturas básicas da lingua italiana nos ámbitos oral e escrito necesarias para acadar un nivel lingüístico elemental. |
A1 A2 A5 A10 A14 A15 A19 A21 A22
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C3
|
Saber comprender textos escritos de nivel elemental redactados nunha linguaxe estándar. |
A1 A2 A5 A10 A11 A15 A19 A20 A21
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C3 C6 C7 C8
|
Saber producir textos escritos breves de nivel elemental nunha linguaxe estándar. |
A1 A2 A3 A5 A10 A11 A19 A20
|
B1 B2 B6 B7
|
C3 C8
|
Coñecer a pronunciación correcta da lingua italiana. |
A5 A15
|
B5
|
C2
|
Saber facer fronte ás necesidades de comunicación cotiás que implicaría a estancia nunha zona de fala italiana. |
A5 A15
|
B3 B8
|
C4 C6
|
Saber producir discursos orais breves sobre temas cotiáns ou de interese persoal e académico. |
A1 A3 A10 A11 A19
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6
|
C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. O alfabeto. As sílabas. |
1.1. Relacións fonemas-grafemas.
1.2. O acento e a entoación.
1.3. A división silábica. |
2. O nome: o xénero. |
2.1. Tipos de nomes canto ao xénero.
2.2. Formación do feminino. |
3. O nome: o número. |
3.1. Tipos de nomes canto ao número.
3.2. Formación do plural. |
4. Os artigos. |
4.1. O artigo determinado.
4.2. O artigo indeterminado. |
5. Presente dos verbos 'essere' e 'avere'. |
5.1. Paradigmas. |
6. Presente de indicativo dos verbos regulares. |
6.1. Desinencias e principais verbos regulares. |
7. Presente de indicativo dos verbos irregulares, reflexivos e recíprocos. |
7.1. 'Andare', 'fare', 'dare', 'dire', 'stare', 'volere', 'alzarsi', 'arrabbiarsi', entre outros. |
8. Os pronomes persoais. |
8.1. Formas tónicas.
8.2. Formas átonas. |
9. Os demostrativos e os adxectivos. |
9.1. Proximidade.
9.2. Afastamento.
9.3. Adxectivos de I e II grupo. |
10. Os numerais. |
10.1. Cardinais: do 1 ao 20, decenas, centenas, millares.
10.2. Ordinais: do primeiro ao décimo. |
11. Os posesivos. |
11.1. Formas de 1ª, 2ª e 3ª persoa. |
12. Preposicións e contraccións. |
12.1. 'A', 'di', 'in', 'da', 'con', 'senza', 'per', 'su', 'sotto', 'tra', 'fra'. |
13. Os conectores. |
13.1. Estudo e uso dos principais conectores. |
14. Stare+gerundio; stare per+infinitivo. |
14.1 Uso de stare+gerundio e stare per+infinitivo. |
15. O futuro de indicativo. |
15.1. Desinencias e principais verbos. |
16. Estruturas lingüísticas. |
16.1. Fórmulas de saúdo e presentación.
16.2. Pedir información e indicar unha dirección.
16.3. Facer unha descrición.
|
17. Esferas de léxico. |
17.1. Familia e vivenda.
17.2. Hora, data, días da semana, meses, estacións.
17.3. Cores.
17.4. Nomes de países e xentilicios.
|
18. Cultura italiana. |
18.1. Xeografia e cultura das rexións italianas.
18.2. Textos básicos da literatura italiana.
18.3. La música.
18.4. Arte italiana |
19. Introdución á metalinguaxe das redes sociais. |
19.1. O léxico e a metalinguaxe de Facebook, Instagram, WhatsApp, etc. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 A5 A11 A14 B5 B7 B9 B10 C4 C5 C7 |
15 |
15 |
30 |
Discusión dirixida |
A1 A5 A10 A14 A15 A19 B5 B8 C2 C6 C8 |
13 |
16 |
29 |
Lecturas |
A2 A3 A10 |
6 |
6 |
12 |
Prácticas a través de TIC |
A20 A21 A22 B3 B4 |
6 |
6 |
12 |
Presentación oral |
A11 A15 |
4 |
4 |
8 |
Proba mixta |
B1 B2 B6 C3 |
4 |
32 |
36 |
Proba oral |
A1 A10 B5 B7 |
2 |
3 |
5 |
Actividades iniciais |
A1 B1 |
10 |
6 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases teóricas e prácticas impartidas polo profesor sobre os contidos do materia. |
Discusión dirixida |
Participación do alumnado nun tema de debate suscitado polo profesor, segundo pautas previamente marcadas por este. |
Lecturas |
Realización de lecturas fóra e dentro da aula. |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas a través de TIC para o coñecemento e manexo de recursos, bibliografía e programas relacionados coa materia. |
Presentación oral |
Exposición breve na aula dun tema proposto polo profesor. |
Proba mixta |
Realización dunha proba con preguntas de tipo diverso que permita avaliar os coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado. |
Proba oral |
Realización dunha proba oral que permita coñecer os avances do alumnado nos coñecementos e competencias da lingua falada. |
Actividades iniciais |
Contan como actividades iniciais participación na aula (audicións, lecturas, comprensión oral...), exercicios na casa e nas aulas e a participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Actividades iniciais |
Proba oral |
Discusión dirixida |
Lecturas |
|
Descrición |
A atención personalizada pode variar en función do tipo de metodoloxía empregada: no caso da aprendizaxe colaborativa, da discusión e da exposición oral dirixida realizarase no marco da aula, de xeito que o tempo de atención se dividirá entre todos os alumnos, mentres que nas probas orais será individual. Tamén se programarán sesións de titoría individualizada ao longo do curso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Actividades iniciais |
A1 B1 |
Considéranse actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercicios en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. |
30 |
Proba oral |
A1 A10 B5 B7 |
Avaliaranse os coñecementos e competencias relativos ao nivel falado da lingua. |
30 |
Proba mixta |
B1 B2 B6 C3 |
Proba escrita con preguntas de diverso tipo para avaliar os coñecementos e as distintas competencias acadadas. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Criterios de avaliación: na
primeira oportunidade, o alumnado ten que cumprir as seguintes condicións:
aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral e entregar as actividades
propostas na avaliación cunha nota mínima dun 5. Non se terán en conta as
actividades entregadas fóra de prazo. No caso de non aprobar o conxunto da
probas oral e escrita a nota final será un 4. A proba oral terá lugar nas últimas
aulas do mes de decembro. Considerarase como Non Presentado
aquel alumno ou alumna que non se presenten ás Probas mixta e oral. Os
exercicios terán que entregarse semanalmente. Os traballos presentados polo
alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección
do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras
universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha
destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.)
penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión
e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario"
artigo 14). Na segunda oportunidade se a/o
estudante aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as
actividades restantes. Os exercicios poderán entregarse até 2 semanas antes do
exame. Non se aceptarán exercicios fora deste prazo. A proba oral se realizará
o mesmo día do exame. Se os/as alumnos/as non aprobaron o conxunto das probas
mixta e oral terán que repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas
o suspensas as demais actividades tamén terá que repetilas. Ao comezo do curso
darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da
avaliación. O alumnado con dispensa académica
de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso para
recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación continua
ao longo de todo o curso. Terán que examinarse nas datas oficiais como o resto
dos alumnos e entregar ou realizar o resto das actividades nunha data a convir
coa profesora. No caso de ter alumnos/as na
convocatoria de decembro, o alumnado terá que superar as mesmas probas da
convocatoria de xaneiro coa mesma porcentaxe. A materia
poderá ser adaptada aos/ás estudantes que precisaren da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,
cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, os/as alumnos/as deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC
/ no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); ou, no seu defecto, coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Cittadini, Roberto y Marzia Trotta (2006). Benvenuto! L´italiano per il lavoro e la vita quotidiana . Milano, Hoepli
Carrera Díaz, Manuel (1994-1997). Curso de lengua italiana. Barcelona, Ariel
Guastalla, Carlo y Ciro Massimo Naddeo (2010). Domani. Corso di lingua e cultura italiana. Firenze, Alma Edizioni
Sañé, Secundi (2009). Il Dizionario spagnolo-italiano. El diccionario italiano español. Bologna, Zanichelli, Vox
Arbia, María Teresa (2006). Italiano: gramática esencial. Barcelona, Difusión
Bertoni, Silvia y Susanna Nocchi (2004). Le parole italiane. Esercizi e giochi per imparare il lessico. Firenze, Alma Edizioni
Nocchi, Susanna (2011). Nuova grammatica pratica della lingua italiana. Hueber, Alma Edizioni |
|
Bibliografía complementaria
|
(1994). Come parlano gli italiani. Firenze, La Nuova Italia.
(1997). Dizionario italiano Sabatini Coletti. Firenze, Giunti
Luigi, Pavia (1927). Gramática sucinta de la lengua italiana con ejercicios de versión y trozos de lectura. Heidelberg, Julio Groos
(1993). Italiano Junior. Dizionario della lingua italiana. Milano, Loescher
Zingarelli, Nicola (2009). Lo Zingarelli. Vocabolario della lingua italiana. Bologna, Zanichelli
Diaco, Mimma (2005). Verbos conjugados: italiano. Barcelona, Difusión
(2006). Vocabulario básico del italiano: más de 4000 palabras y expresiones organizadas por temas. Barcelona, Larousse |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Idioma Moderno: Italiano/613G01050 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|