O alumnado ten dúas oportunidades para superar amateria: a primeira ó remate do primeiro cuadrimestre e a segunda no mes dexullo.
1. Avaliación daprimeira oportunidade:
1.1. Para superar a materia na primeiraoportunidade é obrigatorio realizar e aprobar (5) a proba final escrita na que se avaliarán os contidos gramaticais, o léxico,a comprensión lectora, a expresión escrita e a comprensión auditiva.
A data, horario e ubicación da proba escritadeben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.
1.2. Será ademáis obrigatorio realizar eaprobar (5) unha proba oral final naque se avaliarán a expresión e a interacción oral.
A profesora comunicará en Moodle coa suficienteantelación a data, hora, lugar, quendas e outras indicacións relativas árealización da proba oral.
1.3. É obrigatorio realizar ao longo docuadrimestre un conxunto de exerciciosou tarefas de práctica de todas as destrezas e contidos da materia, organizadosen dous bloques:
Bloque A ["Solución de problemas"]:actividades de práctica dos contidosgramaticais, do léxico, da expresión escrita e da comprensión lectora.
Bloque B ["Discusión dirixida"]:actividades de práctica da produción,comprensión e interacción oral.
Ademáis das actividades presenciais que serealicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial o alumnadodeberá realizar unha tarefa non presencial.
Agás causa debidamente xustificada e sempre coaautorización previa e expresa da profesora, non se admitirán as actividadesentregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas.
Para que estasactividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso terrealizado e aprobado, antes dos exames escrito e oral da primeira oportunidade,o 80% das actividades programadas en cada bloque e obter unha nota media mínimade 5 sobre 10 en cada bloque.
1.4. Tendo en conta o anteriormente exposto,a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:
a. Un 45%valorará o exame escrito (se cumprir os requisitos do apartado 1.1), coasseguintes porcentaxes:
Contidos gramaticais, léxico, expresión escrita,comprensión lectora: 35%
Comprensión auditiva: 10%
b. Un 15%valorará a proba oral (se cumprir os requisitos do apartado 1.2).
c. Un 40%valorará as actividades deavaliación continua organizadas en dous bloques (que deben cumprir osrequisitos do apartado 1.3), coas seguintes porcentaxes:
Bloque A: actividades de gramática, léxico,expresión escrita e comprensión lectora: 25%
Bloque B: actividades de produción, comprensión einteracción oral (nestas actividades valóranse asimesmo a norma gramatical e oléxico): 15%
A materia considérase aprobada se a suma dosapartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.
Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c sonrecuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de avaliación.Os apartados aprobados na primeira oportunidade consérvanse para a segunda.
Para as implicacións da realización fraudulentaou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.
2. Avaliaciónda segunda oportunidade:
2.1. De suspender a materia na primeiraoportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na probaoral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade.
A data, horario e ubicación da proba escritadeben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.
A data, lugar, hora e outras indicacións para arealización do exame oral da segunda oportunidade comunicaranse en Moodle coasuficiente antelación.
2.2. De suspender a materia na primeiraoportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades dos bloques A e/ou B, o alumnado deberá realizar para asegunda oportunidade unha serie de tarefas sustitutivas.
A profesora fará públicas en Moodle coasuficiente antelación as instrucións correspondentes (actividades asignadas,datas de solicitude e entrega...).
Para as implicacións da realización fraudulentaou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.
3. Na convocatoriaextraordinaria de decembro o alumnado será avaliado dos seus coñecementos ecompetencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita(nota mínima 5 sobre 10; 70% da nota final) e unha proba oral (nota mínima 5sobre 10; 30% da nota final).
Para as implicacións da realización fraudulentaou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.
4. En cada oportunidade de avaliación oalumnado recibirá a cualificación NPde se dar simultaneamente estas dúas situacións: non terse presentado aningunha das probas de avaliación (escrita e oral) e se o número de actividadespresentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas.
5. O alumnadocon recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica,previa comunicación e acreditación documental de dita situación á profesora,pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades de avaliacióncontinua programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto noapartado 1.3. As actividades presenciais serán sustituídas por outras nonpresenciais equivalentes. Seranlle de aplicación as demáis metodoloxíasavaliables (proba escrita e oral) cos mesmos requisitos e características quepara o resto do alumnado.
Para a avaliación da segunda oportunidade,aplicaráselle o disposto no apartado 2.
6. Os traballos académicos (entendendo portal todo o material que o alumnado presente para ser obxecto de avaliación)deberán ser de elaboración individual (agás indicación expresa da profesora) epersoal.
A realización fraudulenta ou irregular das probase/ou de calquera das actividades de avaliación continua implicaráautomaticamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoriacorrespondente, invalidándose as cualificacións obtidas nas distintasmetodoloxías avaliables.
7. Nos casos non contemplados anteriormenteaplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamacióndas cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.
A materia poderá ser adaptada aoestudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio ádiversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionadacoa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneiraprevia a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención áDiversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezoelectrónico: pat.filoloxia@udc.gal).