Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Fonética da Lingua Inglesa Código 613G03023
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Puente Castelo, Luís Miguel
Correo electrónico
luis.pcastelo@udc.es
Profesorado
Barsaglini Castro, Anabella Soledad
Puente Castelo, Luís Miguel
Correo electrónico
anabella.barsaglini.castro@udc.es
luis.pcastelo@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral A materia pretende proporcionar aos estudantes conceptos lingüísticos básicos relacionados coa Fonética e a Fonoloxía e coas ferramentas necesarias para recoñecer e reproducir os sons do inglés. Para isto, daranse as descripcións dos sons que irán acompañadas de representacións grafémicas e transcripcións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
A19 Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa.
A20 Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
10. Coñecer os principios básicos do sistema auditivo tanto desde o punto de vista anatómico como funcional. A1
A11
B5
B8
5. Coñecer a estrutura, organización, e utilización dos símbolos do IPA. A1
A15
B1
B3
3. Coñecer os elementos que interveñen na fonación, a súa participación e misión na xénese da voz. A1
B5
7. Describir e interpretar os mecanismos de articulación do fala, e a relación entre articulación e acústica. A1
A14
A15
B5
B7
1. Entender a terminoloxía básica. A6
A11
B3
B4
B5
C2
4. Relacionar conceptos fonolóxicos abstractos co funcionamento do aparello fonador. A1
A15
B2
B7
2. Manexar con habilidade as aplicacións de fonética tanto no ámbito do laboratorio como cara a posibles saídas profesionais, e para a vida en sociedade. A14
A15
B2
B3
B9
B10
C3
C7
11. Recoñecer o reflexo dalgunhas peculiaridades relevantes da prosodia e entoación do inglés. A6
A18
A19
A20
B2
B8
6. Transcribir correctamente fragmentos escritos e orais en inglés. A1
A15
A18
A19
A20
B3
B6
B8
C6
9. Aplicar a análise de espectrogramas mediante ferramentas de análises do son. A1
A11
A14
A15
B2
B5
B6
B7
C3
8. Coñecer e ser capaz de analizar os procesos de transmisión do son. A11
B5

Contidos
Temas Subtemas
1. A Fonética e a Fonoloxía como disciplinas lingüísticas 1.1. Concetos básicos e ferramientas. Definición e descrición
1.2. Fonética acústica
1.3. Fonética perceptiva
1.4. Fonética articulatoria
2. O aparato fonador 2.1. A anatomía da fala
2.2. A fisioloxía da fala
2.3. Nivel segmental e suprasegmental
3. Os sons da fala e a súa representación gráfica
3.1. Vogais e consoantes: clasificación funcional e articulatoria
3.2. IPA e a súa representación. Clasificación dos sons
4. As consoantes do inglés: descrición e representación gráfica 4.1. Parámetros descritivos: modo de articulación, lugar de articulación e acción das cordas vocais.
4.2. Tipos de articulación: dobre articulación; articulación primaria e secundaria.
4.3. Alófonos consonánticos
5. As vogais do inglés: descripción e representación gráfica 5.1 Vogais. Parámetros descritivos
5.2 Diptongos e triptongos
5.3. Fenómenos relacionados
6. Sílabas, palabras e cadea falada 6.1. Sílaba: definición e estrutura
6.2. Fenómenos da cadea falada: gradación, asimilación, elisión, xuntura e liaison
7. Acento e entoación 7.1. Acento
7.2. Entoación
8. Fonética acústica 8.1. A realidade física do son. Onda sonora
8.2. Análise acústica dos sons da fala
8.3. Relación entre articulación e acústica
9. Fonética auditiva 9.1. O sistema de audición
9.2. Percepción dos sons da fala

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A1 A6 A11 A15 A18 B3 B6 B8 C6 7 13 20
Sesión maxistral A1 A6 A11 A14 A15 B3 B4 B5 B9 B10 C7 21 30 51
Solución de problemas A11 A14 A15 B2 B5 B6 B7 B10 C2 C3 10 15 25
Análise de fontes documentais A11 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B8 C6 0 5 5
Prácticas de laboratorio A1 A6 A15 A18 A19 A20 B2 B3 B7 B8 C2 C3 10 15 25
Proba obxectiva A1 A6 A11 A14 A15 A18 B2 B4 B5 B6 B7 C2 3 15 18
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Contidos e actividades de transcrición fonética en inglés.
Sesión maxistral Exposición teórica de conceptos básicos, con apoio de exemplos prácticos.
Solución de problemas As actividades que se realizarán centraranse en poñer en práctica os contidos teóricos da materia para facer un seguimento da aprendizaxe así como á resolución de problemas.
Análise de fontes documentais Análise de fontes primarias e secundarias.
Prácticas de laboratorio As actividades centraranse en mellorar a capacidade do alumnado para identificar, producir e transcribir os diferentes sons da lingua inglesa.
Proba obxectiva A proba obxectiva combinará cuestións teóricas e prácticas sobre a fonética e fonoloxía inglesas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
O alumnado contará coa atención do profesorado do curso nas horas de titorías, a través da plataforma virtual Moodle e a través do correo electrónico.

Atención a diversidade:
Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A6 A11 A15 A18 B3 B6 B8 C6 O alumnado deberá completar unha serie de tarefas de transcrición fonética (desde un texto escrito) ao longo do cuatrimestre. A nota mínima total destas tarefas non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para ter opción de superar a materia. 20
Proba obxectiva A1 A6 A11 A14 A15 A18 B2 B4 B5 B6 B7 C2 O alumnado deberá facer un exame final na data oficial de xaneiro. A nota mínima para esta proba non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para ter opción de superar a materia. 40
Solución de problemas A11 A14 A15 B2 B5 B6 B7 B10 C2 C3 O alumnado deberá completar unha serie de tarefas teórico-prácticas ao longo do cuatrimestre. A nota mínima total das tarefas teórico-prácticas non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para ter opción de superar a materia. 20
Prácticas de laboratorio A1 A6 A15 A18 A19 A20 B2 B3 B7 B8 C2 C3 O alumnado deberá realizar unha serie de prácticas de laboratorio de transcrición oral, ben de forma presencial ou a través das TIC, como parte da avaliación do curso. A nota mínima total non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para ter opción de superar a materia. 20
 
Observacións avaliación

Observacións xerais

Para superar a materia, a media ponderada das diferentes tarefas e probas avaliables deberá ser 5 sobre10 . Ademáis, a cualificación mínimadas tarefas (estudo de casos, solución de problemas e prácticas de laboratorio), así como da proba obxectivanon poderá ser inferior a 4 , aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. Asímesmo, o alumnado deberá realizar como mínimo a metade das actividadesnecesarias. De non ser este o caso, o/a alumno/a non será cualificado e na actaoficial rexistrarase como “non presentado”. Os/as alumnos/as que non sepresenten o día do exame oficial acadarán a cualificación de NP (“nonpresentado”), independentemente das actividades realizadas con anterioridade.En caso de non superar a materia poderán optar á oportunidade de xullo (ver apartado inferior).

O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificaciónfinal de actividades se estas son entregadas fóra de prazo sen causaxustificada e sempre que a entrega sexa dentro das 48 horas posteriores ao prazode entrega límite establecido. Actividades con máis de 48 horas de retraso naentrega non será cualificadas.

A falta de honradez académica penalizarase consonte ao establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualidicacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (art. 14).

Os traballos con evidencia de plaxio será cualificadosautomáticamente cun 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin , que recoñece traballospreviamente presentados nesta ou noutras universidades.

Tanto a proba obxectiva como as tarefas teórico-prácticas debenatender aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía,puntuación, concordancia, gramática, precisión léxica e rexistro) propios donivel esperado para o alumnado que cursa a materia. Deficiencias nesta áreaserán penalizadas.

Datas e horarios do exame final

As datas e horarios das probas oficiais serán aprobadospola Facultade e publicados para cada curso con anterioridade ao inicio domesmo.

Oportunidade de xullo

O alumnado que non supere a materia en xaneiro terá outraoportunidade en xullo, coa seguinte distribución de porcentaxes:

  1. Proba obxectiva (40%)
  2. Prácticas de laboratorio (20%)
  3. Estudo de casos (20%)
  4. Solución de problemas (20%)

Os/asalumnos/as que teñan superado algunha parte da materia (nota superior a 5), non terán que repetir esa parte en xullo.

Aquelas actividades de avaliación contínua que non sexan replicables fóra dun contexto da aula serán sustituidas por outras equivalentes. O profesorado contactará co estudantado que teña que acudir á oportunidade de xullo para concretar os pasos a seguir.

Alumnado con dispensa académica

O alumnado matriculado a tempo parcial e queteña concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa destauniversidade, será avaliado en calquera oportunidade seguindo os mesmoscriterios que para a oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial queteñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar co profesorado ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisosnas distintas actividades.

DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).


Fontes de información
Bibliografía básica

Collins, Beverley, and Inger Mees. Practical Phonetics and Phonology: A Resource Book for Students. London: Routledge, 2008.

Gimson, A. C. An Introduction to the pronunciation of English. London: Edward Arnold, 1989 (4th ed.). 

Roach, Peter. English Phonetics and Phonology: A Practical Course. Cambridge: Cambridge University Press, 2000.

Wells, J. C. LongmanPronunciation Dictionary. Londres: Longman, any edition.

Bibliografía complementaria

Ashby, M.; J. Maidment. Introducing Phonetic Science. Cambridge: Cambridge University Press, 2005.

Baken, R. J. Clinical measurement of speech and voice. San Diego, CA: Singular Pub. Group, 1996.

Barry, W.J. and W. A. Van Dommelen  (eds.) The Integration of Phonetic Knowledge in Speech Technology, Dordrecht , Springer, 2005.

Bell, A. “Radio: The style of news language” Journal of Communication 32 (1982): 150-164.

Borden, G.J.; Harris, K.S.; Raphael, L.J. Speech Science Primer. Physiology, Acoustics, and Perception of Speech, Baltimore, Williams and Wilkins, 1994.

Brown, A. (Ed.) Teaching English Pronunciation: A Book of Readings. London: Routledge, 1991.

Cowie, R. and Cornelius, R.R. “Describing the emotional states that are expressed in speech.” Speech Communication Special Issue on Speech and Emotion, 40,1- 2(2003): 5-32.

Eckert, P. and J. Rickford (eds) Style and Sociolinguistic Variation. Cambridge: CUP, 2001.

Hart, J., Collier, R., and Cohen, A. A perceptual study of intonation. An experimental-phonetic approach to speech melody, Cambridge, Cambridge University Press, 1990.

Holmes, J. N. and Holmes, W. Speech Synthesis and Recognition. London, Taylor & Francis, 2001.

IPA. Handbook of the International Phonetic Asociation, Cambridge, Cambridge University Press, 1999.

Kent, R. D.; Read, Ch. The Acoustic Analysis of Speech, San Diego, Singular Publishing Group, Inc, 1992.

Kohler, K. J. (ed.). “Rhythm in Speech and Language. From Theory to Data”, Phonetica 66, 1-2 (2009).

Kuhl, P. K. “Early language acquisition.” Nature Reviews Neuroscience, 5, 2004: 831- 43.

Ladefoged, P. and Maddieson, I. The Sounds of the World's Languages. Blackwell, Oxford, 1996.

Leather, J. Phonological Issues in Second Language Learning. Oxford: Blackwell, 1999.

Lleó, C. La adquisición de la fonología de la primera lengua y de las lenguas extranjeras. Madrid: Visor, 1997.

Martínez Celdrán, E. Análisis espectrográfico de los sonidos del habla, Barcelona, Ariel, 2007.

Moore, B.J.C. An Introduction to the Psychology of Hearing. Amsterdam. Academic Press, 2003.

Thomas, E. R. “Instrumental Phonetics”, en Chambers, J. K., Trudgill, P., Shilling-Estes, N. (eds.): The handbook of language variation and change. Malden, Ma: Blackwell, 2004.

Titze, I. Principles of Voice Production. Prentice Hall, 1994.

VVAA. “Disorders of speech and language.” In: Principles of Neurologiy. McGraw-Hill, New York, 2005.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 1/613G03003
Lingüística Xeral/613G03004
Lingua Inglesa 2/613G03008
Lingua Inglesa 3/613G03015
Lingua Inglesa 4/613G03019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase un bo manexo do inglés posto que se penalizarán os erros gramaticais, orde de palabras non inglesa e falta de concordancia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías