A tutorización do traballo por parte do director é obrigatoria. Este arbitrará os mecanismos necesarios para o seguimento das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non permitirá a presentación e defensa dun traballo que non fose supervisado ao longo da súa elaboración.- A cualificación final do traballo é emitida polo tribunal. É necesario, polo tanto, a presentación oral.
- Serán cualificados con "No presentado" os alumnos que no realicen a presentación oral pública ante o tribunal.
A estrutura do Traballo de Fin de Grao axustarase a estas características:
1. Capa, que incluirá, obrigatoriamente, o logotipo e o nome da Universidade,
o nome da Facultade, a denominación do grao, o título do traballo, o nome
do autor ou da autora, o visto e prace manuscrito do director ou da
directora co seu nome, e o ano de presentación. Non se numerará.
2. Índice do traballo con paxinación.
3. Resumo do traballo, que dará conta necesariamente de obxectivos, metodoloxía, unha síntese dos contidos e as conclusións e será aproxima?
damente de 500 palabras.
4. Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a
xustificación da metodoloxía utilizada.
5. Traballo.
6. Conclusións.
7. Referencias bibliográficas.
8. Anexos (se os houber).
O Traballo de Fin de Grao terá unha extensión mínima de 9 000 e máxima de 11 000 palabras. Para o cómputo non se terán en conta os apartados 1, 2, 3, 7 nin 8.
Presentarase en formato A4, con marxes de 2,5 cm, interliñado dobre e letra de
12 puntos.
A paxinación dos apartados 2 e 3 realizarase en numeración romana.
- Calquera falta de honradez académica (plaxio ou outras formas) penalizarase co suspenso automático do TFG.
- Turnitin é unha
aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar
porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa
procedencia. É unha boa ferramenta para detectar o plaxio. - O seu uso é
opcional, pero deberá advertirse ao estudantado xa
que pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades, incluso do mesmo estudante.
- Se esta
circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade
académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de
calificaciones y de reclamaciones avaliación.