Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Enxeñaría biomecánica. sensorización e telemedicina Código 614522014
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 3
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
javier.pereira@udc.es
Profesorado
Lugris Armesto, Urbano
Pereira Loureiro, Javier
Rivadulla Fernandez, Juan Casto
Correo electrónico
urbano.lugris@udc.es
javier.pereira@udc.es
casto.rivadulla@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Esta materia estrutúrase en tres bloques. No primeiro bloque o alumno coñecerá aspectos básicos da biomecánica con exemplos no desenvolvemento de órtesis híbridas. No segundo bloque analizarase a situación actual da telemedicina, a medicina participativa e os dispositivos wearables que favorecen as actuais liñas de investigación deste ámbito. No último bloque o alumno coñecerá os últimos avances e aplicacións de sistemas de sensorización cerebral e da actividade da saúde das persoas

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os aspectos básicos da bioenxeñería e ámbitos de actuación AP3
AP6
AP7
BP7
Coñecer os sistemas de biometría actuais, os protocolos estándar e as comunicacións con este tipo de dispositivos non invasivos do ámbito da saúde. AP3
AP6
AP7
BP8
CP1
Saber seleccionar o tipo de sensor adecuado para cada tipo de proxectos de investigación no ámbito das ciencias da saúde. AP3
AP6
AP7
BP8
CP1
Saber adquirir, analizar e interpretar datos procedentes de sensores non invasivos AP7
BP1
BP2
BP5
BP6
BP7
BP8
CP8
Coñecer os fundamentos da telemedicina e exemplos de actuación AP7
BP1
BP2
BP5
BP6
CP8
Saber identificar os requisitos tecnolóxicos para a implantación de proxectos de telemedicina. AP3
AP6
AP7
CP2
CP3
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Enxeñería biomecánica Introdución á biomecánica. Fundamentos e ámbitos de actuación
Sensorización A saúde participativa. A monitorización no ámbito da biomedicina
Aplicacións dos sensores non invasivos en proxectos de saúde. Neuromonitorización
Telemedicina Telemonitorización. Teleradioloxía. Exemplos de acceso a PACS

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A3 A6 A7 B1 B2 B5 B6 B7 B8 C1 C2 C3 C6 C8 5 18 23
Prácticas a través de TIC A3 A6 A7 B1 B2 B5 B6 B7 B8 C1 C2 C3 C6 C8 6 24 30
Prácticas de laboratorio A7 B1 B8 C8 3 0 3
Sesión maxistral A3 A6 A7 B1 B2 C3 C6 C8 7 7 14
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Levaranse a cabo diversos traballos prácticos para por en práctica os contidos teóricos expostos nas clases maxistrais
Prácticas a través de TIC Prácticas para realizar durante as clases e por parte do alumnado empregando ferramentas de xeración de datos de súde e a súa análise
Prácticas de laboratorio Visita a un laboratorio con experimentación animal
Sesión maxistral Clases de teoría que fundamentas as prácticas da materia. En caso de situación de alerta serán feitas a través de Teams

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos feitos en grupo requirirán de seguimento tutelado antes da sua exposición pública.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A6 A7 B1 B2 B5 B6 B7 B8 C1 C2 C3 C6 C8 Traballos feitos por grupos para a aplicación dos contidos teóricos 90
Prácticas de laboratorio A7 B1 B8 C8 Asistencia e entrega do caderno de recollida de datos 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é
imprescindible superar tanto os traballos como as prácticas de laboratorio cunha nota mínima do 50% en tipo traballo.

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable).

En caso de non superar a materia na primeria oportunidade, deberanse entregar os mesmos traballos na segunda oportunidade contactando previamente co profesorado para valorar a situación particular.

O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria


Fontes de información
Bibliografía básica NEMA: National Electrical Manufacturers Association (2022). DICOM. Digital Imaging and Communications in Medicine. Web: http://dicom.nema.org/
Lazakidou, Athina A. et al (2009). Handbook of research on distributed medical informatics and e-health . Hershey, PA : Medical Information Science Reference
deBronkart, Dave (2011). Libro Blanco de los e-Pacientes en Español. Disponible en: https://participatorymedicine.org/epatients/2011/11/wp-espanol.html
Fawcett Tom (2015). Mining the Quantified Self: Personal Knowledge Discovery as a Challenge for Data Science . Big Data. January 2016, 3(4): 249-266
Project-redcap.org. (). Redcap (Research Electronic Data Capture). Vanderbilt University
Society of Participatory Medicine (2022). Society of Participatory Medicine. Web: https://participatorymedicine.org/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías