Prácticas a través de TIC |
Para experimentar cos conceptos estudados na materia, a/o estudante realizará dúas prácticas. A primeira estará centrada no análise de vulnerabilidades dunha aplicación web. A/O estudante partirá do código fonte dunha aplicación web e terá que detectar as vulnerabilidades, explotalas e corrixilas. A segunda práctica estará centrada nos mecanismos de autenticación, autorización e control de acceso. A/O estudante partirá do código fonte dunha aplicación, que consta dunha interface de usuario e un servizo, e terá que encargarse de implementar os aspectos de autenticación, autorización e control de acceso, seguindo distintas estratexias. |