1. CONVOCATORIA DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Ó longo do curso realizaranse unha serie de prácticas de laboratorio, coas características e peso indicados no cadro anterior.
Ó finalizar o curso realizarase unha proba obxectiva, coas características e peso indicados no cadro anterior.
2. CONVOCATORIA DA SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Realizarase unha proba obxectiva, coas características e peso indicados no cadro anterior. A nota da proba obxectiva NON se conserva en ninguna convocatoria.
Con respecto ás prácticas de laboratorio, o/a alumno/a poderá conservar a nota obtida na primeira oportunidade (se fose o caso). Caso de non ter presentado as prácticas na primeira oportunidade, o/a alumno/a deberá contactar co coordinador da materia, con unha antelación mínima de 20 días naturais antes da data do exame.
3. PLAXIO
Si se detectase plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)", feito que se comunicará á coordinación do título para adoptar as medidas oportunas.
4. CONDICIÓN DE "NON PRESENTADO"
Consideraranse como "non presentados" aos alumnos que non realicen a proba obxectiva.