Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A47 |
Capacidade para determinar os requisitos dos sistemas de información e comunicación dunha organización de acordo cos aspectos de seguridade e cumprimento da normativa e a lexislación vixente. |
A48 |
Capacidade para participar activamente na especificación, deseño, implementación e mantemento dos sistemas de información e comunicación. |
A49 |
Capacidade para comprender e aplicar os principios e as prácticas das organizacións, de forma que poidan exercer como enlace entre as comunidades técnica e de xestión dunha organización, e participar activamente na formación dos usuarios. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B2 |
Traballo en equipo |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
B4 |
Capacidade para organizar e planificar |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os conceptos básicos da arquitectura dos sistemas de información |
A47 A48 A49
|
B1 B2 B3 B4
|
C3 C6
|
Coñecer os modelos conceptuais para definir a arquitectura de sistemas de información |
A47 A48 A49
|
B1 B2 B3 B4
|
C3 C6
|
Coñecer as linguaxes de representación de arquitecturas de sistemas de información |
A47 A48 A49
|
B1 B2 B3 B4
|
C3 C6
|
Saber modelar a arquitectura dun sistema de información utilizando patróns de diseño |
A47 A48 A49
|
B1 B2 B3 B4
|
C3 C6
|
Saber integrar sistemas de información mediante distintas técnicas de software |
A47 A48 A49
|
B1 B2 B3 B4
|
C3 C6
|
Saber crear un sistema de información utilizando unha arquitectura orientada a servizos |
A47 A48 A49
|
B1 B2 B3 B4
|
C3 C6
|
Coñecer solucións tecnolóxicas modernas para o desenvolvemento de sistemas de información |
A47 A48 A49
|
B1 B2 B3 B4
|
C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Conceptos básicos |
Definición de arquitectura de sistemas de información
Modelos conceptuais para arquitecturas de sistemas de información
Linguaxes para arquitecturas de sistemas de información |
Modelado de arquitecturas de sistemas de información |
Patróns de deseño
Integración de sistemas
Arquitecturas orientadas a servizos |
Solucións tecnolóxicas |
Xestión da infraestrutura
Librerías de desenvolvemento |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A47 A48 A49 B1 |
8 |
0 |
8 |
Aprendizaxe colaborativa |
A47 A48 A49 B1 B2 B3 B4 C3 C6 |
3 |
0 |
3 |
Estudo de casos |
A47 A48 A49 B1 B2 B3 B4 C3 C6 |
10 |
20 |
30 |
Traballos tutelados |
A47 A48 A49 B1 B2 B3 B4 C3 C6 |
18 |
72 |
90 |
Presentación oral |
B2 B3 B4 C3 C6 |
3 |
6 |
9 |
Proba práctica |
B1 B3 B4 C3 C6 |
0 |
6 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Proba práctica |
Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Estudo de casos |
|
Descrición |
Tanto no estudo de casos como nos traballos tutelados haberá atención personalizada sobre os casos/aplicación concretas a estudar/desenvolver por parte de alumnado. O docente atenderá dúbidas puntuais a cada estudante ou grupo, tanto durante a clase como en horas de titorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A47 A48 A49 B1 B2 B3 B4 C3 C6 |
O alumnado realizará dous traballos tutelados. O primeiro será introdutorio, realizado individualmente. O segunda realizarase por grupos, e consistirá na análise, deseño e implantación dun sistema de información web con tecnoloxías actuais. |
60 |
Estudo de casos |
A47 A48 A49 B1 B2 B3 B4 C3 C6 |
O alumnado, por grupos, realizará unha análise detallada dun caso real. Durante as clases farase un seguimento do traballo realizado por cada grupo, podendo orientar así o seu desenvolvemento. Ao remate do traballo entregarase un informe. Avaliarase tanto a calidade da memoria como o traballo realizado nas reunións de seguimento. |
40 |
Presentación oral |
B2 B3 B4 C3 C6 |
Ó finalizar o estudo do caso real, cada grupo realizará unha exposición oral apoiada en transparencias. Esta presentación ponderará a cualificación do estudo de casos. |
0 |
Proba práctica |
B1 B3 B4 C3 C6 |
Os traballos tutelados rematarán cunha defensa individual na que o alumno terá que responder preguntas sobre o mesmo, ou implementar pequenos cambios ou funcionalidades sobre o mesmo código base. As defensas individuais ponderarán a cualificación do traballo. |
0 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é obligatorio aprobar os traballos tutelados, unha vez ponderada a nota en función do resultado da proba práctica. É dicir, débese obter unha nota mínima de 3 sobre 6. De non obter a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba práctica do traballo tutelado. SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada parte se realizará en condicións similares ás da primeira oportunidade, sendo de novo necesario obter unha nota de 3 sobre 6 no traballo tutelado (unha vez ponderada a nota polo resultado da proba práctica). Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes. DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado, máis se facilitará na medida do posible a realización e seguemento do estudo de casos. OPORTUNIDADE ADIANTADA Utilizaránse os criterios da segunda oportunidade do curso pasado: - Traballos tutelados (60% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
- Proba escrita teórica e práctica (40% da nota final).
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
- Para aprobar a materia na segunda oportunidade é obligatorio obter unha nota mínima de 3 sobre 6 no traballo tutelado, e de 2 sobre 4 na proba mixta.
- Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.
IMPLICACIÓNS DO PLAXIO A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez verificado, implicará directamente unha nota de "0" na materia na oportunidade correspondente.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Analise e Desenvolvemento dos Sistemas de Información/614G01041 | Xestión de Proceso de Negocio/614G01042 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Integración de Datos/614G01072 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|