Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Prácticas Externas Código 614G02038
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Castro Castro, Paula Maria
Correo electrónico
paula.castro@udc.es
Profesorado
Castro Castro, Paula Maria
Correo electrónico
paula.castro@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Prácticas Externas (PE) é unha materia obrigatoria do primeiro cuadrimestre de cuarto curso, con 6 créditos. O seu obxectivo é completar a formación do grao con estadías nas entidades colaboradoras nas que experimentar o desenvolvemento da actividade profesional nun marco real. A FIC ten acordos con distintas empresas para a realización de prácticas curriculares.

O desenvolvemento dunha PE implica:

1) O contacto da FIC con entidades colaboradoras e a dispoñibilidade destas para aceptar a estudantes do grao que realicen tarefas que poidan desenvolverse mediante a materia de PE.
2) Os contactos para definir as PE dun curso académico inícianse desde finais do curso previo.
3) A formalización dun acordo entre a entidade colaboradora e a FIC, o que suporá a asignación da práctica a un/unha estudante.
4) A designación dunha persoa da entidade colaboradora que actuará como titor/a profesional do/a estudante supervisando o desenvolvemento efectivo das súas tarefas.
5) A designación dunha persoa da FIC coas funcións de titor/a académico/a que supervisará que o/a estudante realice o plan de formación determinado, que recibirá os informes do titor/a profesional e do/a estudante, e que avaliará o realizado polo/a estudante.
6) A definición dun plan de formación onde os/as titores/as da PE definan o alcance do traballo a realizar polo/a estudante.

A normativa da UDC sobre PE require que se estableza un convenio para a relación de PE.

Existen unhas directrices específicas da FIC para ampliar e concretar o marco normativo da UDC:

1) Que o/a estudante superase a metade dos créditos do grao.
2) Que superase todas as materias de formación básica (primeiro curso).
3) Que faga a solicitude no prazo establecido e que a nota media do seu expediente se atope entre o número de estudantes permitido para cada cuadrimestre. Este límite vén marcado pola vicerreitoría de profesorado, xa que cada titor/a académico/a consume 2 horas de POD por cada estudante titorizado/a.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A30 CE30 - Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
A31 CE31 - Coñecemento adecuado do concepto de empresa, a súa organización e xestión, e os distintos sectores empresariais co obxectivo de facilitar solucións desde a Ciencia de Datos.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B7 CG2 - Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo, artigos científicos e formular hipóteses razoables.
B8 CG3 - Ser capaz de manter e estender formulacións teóricas fundadas para permitir a introdución e explotación de tecnoloxías novas e avanzadas no campo.
B9 CG4 - Capacidade para abordar con éxito todas as etapas dun proxecto de datos: exploración previa dos datos, preprocesado, análise, visualización e comunicación de resultados.
B10 CG5 - Ser capaz de traballar en equipo, especialmente de carácter multidisciplinar, e ser hábiles na xestión do tempo, persoas e toma de decisións.
C1 CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C2 CT2 - Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social.
C4 CT4 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Realización das prácticas nunha contorna profesional. A30
A31
B2
B3
B4
B7
B8
B9
B10
C1
C2
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas externas 1.- Solicitude de prácticas.
2.- Elaboración do plan formativo.
3.- Realización das prácticas.
4.- Seguimento por parte do/a titor/a profesional e do/a académico/a.
5.- Entrega de informes periódicos e memoria final do/a estudante.
6.- Entrega do informe do/a titor/a profesional.
7.- Avaliación da práctica por parte do/a titor/a académico/a.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A30 A31 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 C5 125 22.5 147.5
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Realización da práctica en entidades colaboradoras con convenio coa UDC.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A práctica será supervisada polo/a titor/a profesional e polo/a titor/a académico/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A30 A31 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 C5 O/a estudante presentará informes periódicos e unha memoria final.
O/a titor/a profesional entregará un informe das actividades realizadas polo/a estudante.
O/a titor/a académico/a avaliará a práctica.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías