Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Coñecer a estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos (computador, sistemas operativos e redes de computadores). |
A6 |
Capacidade para realizar a análise, deseño, implementación de aplicacións que requiran traballar con grandes volumes de datos, aplicando arquitecturas hardware/software adecuadas. |
B2 |
Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B5 |
Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
C3 |
Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender o funcionamento interno dun computador e dos seus bloques funcionais. |
A4
|
B3
|
|
Coñecer o linguaxe máquina do computador e ser capaz de desenvolver códigos moi simples na devandito linguaxe. |
|
B2
|
|
Ter a capacidade para desenvolver códigos que aproveiten de forma óptima os recursos hardware dispoñibles no computador. |
|
B2 B5
|
C3
|
Comprender a interrelación entre o software do sistema operativo e o hardware sobre o que se executa. |
A6
|
B2
|
C3
|
Coñecer os diferentes modelos de sistemas paralelos e a súa programación. |
A6
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Introducción aos computadores e os sistemas operativos |
- Bloques funcionais básicos de un computador de propósito general
- Conceptos básicos do Sistema Operativo
- Métricas de rendimiento |
2.- Representación da información |
- Codificación dos números enteros
- Codificación dos números reais
- Repertorio de instruccións |
3.- O procesador |
- Tipos de procesadores
- Paralelismo a nivel de instruccións
|
4.- O sistema de memoria |
- Xerarquía de memoria
- Memoria caché
- Memoria principal
- Memoria virtual |
5.- Entrada/Salida |
- Conceptos básicos
- Xestión da E/S
- Sistemas de arquivos |
6.- Sistema Operativo |
- Procesos
- Estructura de control de procesos
- Servicios do Sistema Operativo |
7- Sistemas Paralelos |
- Introducción aos sistemas paralelos
- Sistemas Multinúcleos
- Sistemas de Memoria compartida
- Sistemas de Memoria distribuida |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A4 B2 B3 B5 C3 |
20 |
28 |
48 |
Sesión maxistral |
A4 A6 B5 |
30 |
30 |
60 |
Proba obxectiva |
A4 B2 B3 |
3 |
9 |
12 |
Solución de problemas |
A4 A6 B2 B3 C3 |
10 |
17 |
27 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Actividade que permite aos/ás estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas no laboratorio. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar as competencias A4, B2, B3 e B5.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición da competencia transversal C3. |
Sesión maxistral |
Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas. Estes contidos estarán centrados na competencia A4 e A6. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia. |
Proba obxectiva |
Ao remate do cuadrimestre haberá un exame que avaliará os contidos da materia. A proba fará particular énfase nas competencias A5, A6 e B5 |
Solución de problemas |
Proporanse aos/ás estudantes problemas para resolver como traballo persoal. Debatiranse as solucións nas clases de problemas. Tamén se realizarán controis parciais durante o curso. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar as competencias A4, A6, B2 e B3.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición da competencia transversal C3. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos/ás estudantes na realización dos problemas propostos e para as prácticas de laboratorio. Por outra banda, recomendarase aos/ás estudantes a asistencia a titorías como método de axuda. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A4 A6 B2 B3 C3 |
Proporanse problemas de desenvolvemento individual e avaliarase a súa resolución a través de controis escritos durante o curso. Con estes controis preténdese avaliar as competencias A4, B2, B3 e B5. |
20 |
Prácticas de laboratorio |
A4 B2 B3 B5 C3 |
Avaliaranse as prácticas realizadas polos/as estudantes durante o desenvolvemento delas nas sesións de laboratorio. Cos resultados destas prácticas búscase avaliar as competencias A4, B2, B3 e B5. |
20 |
Proba obxectiva |
A4 B2 B3 |
Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia. Con este exame avaliaranse as competencias A4, B2 e B3 |
60 |
|
Observacións avaliación |
- Na primeira oportunidade para poder aprobar a materia será necesario realizar o exame final e ter unha nota total (prácticas máis controis máis exame) igual ou superior ao 50% da nota máxima.
- Na segunda oportunidade a nota do exame será o 80% do total, isto é, avaliarase todo o temario. A nota de prácticas será a obtida durante o curso. Para os alumnos que se presenten á oportunidade adiantada de decembro utilizarase a nota de prácticas que obtiveran no seu último curso. Para aprobar a materia a nota final (exame máis prácticas) deberá ser igual ou superior ao 50% da nota máxima.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na proba correspondente.
- As/os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. As/os que teñan concedida a dispensa académica que lles exima da asistencia a clase só terán que realizar as prácticas correspondentes á avaliación continua.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
David A.Patterson and John L. Hennessy (2017). Computer Architecture and Design RISC-V. Morgan Kaufmann Publishers
J. Carretero Pérez, F. García Carballeira, P. de Miguel Anasagasti, F. Pérez Costoya (2007). Sistemas operativos: una visión aplicada. Mc Graw Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
M. Beltrán Pardo y A. Guzmán Sacristán. (2010). Diseño y Evaluación de Arquitectura de Computadores. Grupo Anaya Publicaciones Generales
David A. Patterson y John L. Hennessy (2011). Estructura y Diseño de Computadores. Reverté
F. García Carballeira, J. Carretero, J.D. García Sánchez y D. Expósito Singh (2015). Problemas Resueltos de Estructura de Computadores. Paraninfo |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|