Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Programa para Análise de Datos Cuantitativos con Exemplos de Turismo Código 615524011
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Garcia Lopez, Javier Angel
Correo electrónico
javier.garcial@udc.es
Profesorado
Garcia Lopez, Javier Angel
Correo electrónico
javier.garcial@udc.es
Web
Descrición xeral Esta é unha materia de tipo cuantitativo e que ten un carácter instrumental no contexto do Máster. Os coñecementos adquiridos nesta materia serán de aplicación en calquera proxecto ou traballo doutras materias que requira do uso de técnicas estatísticas e econométricas.
A materia ten fundamentalmente dous obxectivos:
- Que o alumnado adquira e desenvolva as habilidades relacionadas co manexo de instrumentos (técnicas e metodoloxías) de recollida e análise de datos e de clasificación, predición e control da actividade turística que lle permitan abordar a investigación de problemas empíricos e comunicar as conclusións de forma clara e concisa.
- Que os estudantes desenvolvan capacidades analíticas, interpretativas e propositivas que lles permitan elaborar diagnósticos e propostas para a planificación e/ou a investigación.


Competencias do título
Código Competencias do título
A7 CE9 - Remodelar destinos turísticos maduros para adaptalos ás novas esixencias da demanda e ao desenvolvemento sustentable das comunidades receptoras
A9 CE12 - Utilizar as metodoloxías científicas adecuadas tanto cualitativas como cuantitativas
A10 CE10 - Manexar as TIC para a comunicación, promoción e a comercialización
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B7 CG2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
B10 CG5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
B12 CG7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvimiento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C6 CT6 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico
C7 CT7 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidad para adaptarse a novas situacións

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar, desde un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas AM1
BM7
Utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe estatística-econométrico BM10
BM12
CM6
CM7
Buscar e obter información adecuada para a análise cuantitativa da actividade turística AP7
Interpretar a información cuantitativa mediante técnicas de análise multivariante e utilizar as principais ferramentas informáticas que permiten dita análise AI2
Analizar, desde un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas BM1
Buscar e obter información adecuada para a análise cuantitativa da actividade turística BM1
Analizar, desde un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas BM10

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I. Métodos multivariantes para a análise da actividade turística 1. Técnicas de análise multivariante de datos cuantitativos.
2. A análise multivariante aplicada con Excel e outros paquetes estatísticos: SPSS, R, Gretl,...
Bloque II. A elaboración de indicadores turísticos a partir de datos cuantitativos 1. Metodoloxía de elaboración de indicadores sintéticos
2. A construcción de indicadores sintéticos no ámbito do turismo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A7 A10 A9 6 0 6
Sesión maxistral B7 B10 17 34 51
Obradoiro B1 B12 C7 C6 25 50 75
 
Atención personalizada 18 0 18
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Estas actividades están fundamentalmente pensadas para aqueles alumnos que non cursasen previamente a materia de métodos e técnicas de investigación en turismo: técnicas cuantitativas. Presentación da materia, revisión das principais fontes de datos económicos e o repaso dalgúns coñecementos estatísticos básicos.
Sesión maxistral Modalidade presencial: Exposición oral dos conceptos e métodos por parte do profesor. Dita exposición compleméntase coa utilización de exemplos prácticos e exercicios.
Modalidade online: Ofrécense ao alumno diferentes materiais teóricos / prácticos sobre os contidos da materia a través da plataforma Moodle, complementados coa utilización de exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e posibilidades das técnicas analizadas.
Obradoiro Modalidade presencial: Configúranse como parte fundamental da materia. Son necesarias para aprender o manexo do software (Excel, SPSS, R, Gretl,...) adecuado para efectuar aplicacións empíricas e para valorar os resultados que proporcionan, tarefas que o alumno debe realizar baixo tutela.
Modalidade online: Plantéxase ao alumno a través da plataforma Moodle aplicacións para aprender o manexo do software (Excel, SPSS, ...) que lle permita efectuar aplicacións empíricas e valorar os resultados que proporcionan, tarefas que o alumno deberá realizar e entregar a través de Moodle,

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Descrición
Posto que o grupo é reducido, poden dedicarse os minutos finais á consulta dos problemas que poidan presentarse ao alumnado.

Debido á heteroxeneidade dos estudantes no dominio das ferramentas informáticas, os problemas que xorden durante o seu desenvolvemento son múltiples e variados e hai que resolvelos de forma individualizada. A medida que vai realizando o seu traballo, cada alumno debe consultar co profesor para obter as orientacións necesarias para o seu correcto desenvolvemento.

Con respecto aos alumnos online abriranse as vías de comunicación precisas (correo electrónico, foro da materia a través da plataforma Moodle,...) que os alumnos poderán utilizar sempre que consideren preciso. Ademais no horario de titorías do profesor encargado da materia, este estará dispoñible para os alumnos que cursen a modalidade online a través da súa conta Teams
Teléfono: 600738148
Correo electrónico: javier.garcial@udc.es

Horario de titorías (2º cuatrimestre):
Martes de 16:45 a 18:15 horas
Mércores de 10:00 a 11:30 horas y de 13:00 a 14:30 horas
Venres de 11:30 a 13:00 horas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral B7 B10 Os tcontidos de as sesions maxistrais serán evaluados a través de unha prueba obxetiva,
Para los alumnos de la modalidad online dicha prueba se realizará a través de Moodle.
10
Obradoiro B1 B12 C7 C6 Modalidade presencial: Nestas clases os alumnos iniciarán a resolución dos problemas e probas propostas polo profesor, que logo deberán completar e entregar.

Modalidade online: Os alumnos deberán resolver os problemas e probas propostas polo profesor a través da plataforma Moodle, que deberán completar e remitir a través da mesma.

A participación activa dos alumnos presenciais nas sesións maxistrais e de obradoiro e dos alumnos online en foros/debates en Moodle, suporá ata un 10% da nota final da materia.
90
 
Observacións avaliación

A avaliación continua realizarase mediante dúas prácticas avaliables (unha ao final de cada tema) que os alumnos presenciais poderán realizar nas sesións de obradoiro e os non presenciais entregarán a través da plataforma Moodle.Os contidos das sesións maxistrais serán avaliados a través dunha proba obxectiva que se realizará a través de Moodle, tanto para os alumnos da modalidade presencial como da modalidade online


Fontes de información
Bibliografía básica

 NARDO, M. Y OTROS (2008). Handbook on constructing composite indicators: Methodology and user guide. París: OCDE

 NARDO, M. Y OTROS (2005). Tools for Composite Indicators Building. Ispra: OCDE

 HAIR, J.F. Y OTROS (2005). Análisis Multivariante. Madrid: Pearson Educación

 PÉREZ, C. (2009). Técnicas Estadísticas Multivariantes con SPSS. Madrid: Garceta 

 Bienvenido Visauta (2016). AN@LISIS ESTADISTICO CON SPSS 14, 3. McGraw hill

Utilizaranse ademais distintas fontes de datos e outro material, que se publicarán no Moodle da materia ao longo do curso.

 ademais distintas fontes de datos e outro material, que se publicarán no Moodle da materia ao longo do curso.

Bibliografía complementaria

IBM SPSS: Guía Completa Para Principiantes Aprende Estadísticas Utilizando IBM SPSS De la A-Z (Libro En Español / IBM SPSS Spanish Book Version): 1 Tapa blanda – 30 julio 2019. Autor Walker Schmidt 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
O proceso de investigación en turismo: tipos, estrutura e fases/615524007
Técnicas cuantitativas aplicadas ao turismo/615524010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías