Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de congresos e convencións Código 615524013
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Rodríguez Fernández, María Magdalena
Correo electrónico
magdalena.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodríguez Fernández, María Magdalena
Correo electrónico
magdalena.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Os obxectivos da materia son os seguintes:
1)Definir e contextualizar conceptos básicos relacionados co turismo MICE, así como analizar a situación actual e tendencias.
futuras no mercado do turismo de negocios e reunións.
2) Coñecer os axentes ou entes implicados máis importantes no desenvolvemento deste tipo de turismo.
3) Estudar as características máis importantes que diferencian os congresos; as convencións; as xornadas, seminarios,
simposios; as feiras, salóns, exposicións e; as viaxes de incentivos.
4) Analizar e desenvolver os pasos a seguir para organizar un congreso nos seus diferentes aspectos.
5) Determinar a importancia da mercadotecnia de destinos e produtos no turismo de negocios e reunións coa finalidade de salientar determinados aspectos vinculados á comercialización, comunicación, imaxe e posicionamento.
A utilidade desta materia para a Planificación e Xestión do turismo fundaméntase en:
a) Mellorar a prosperidade a longo prazo da comunidade local.
b) Deleitar aos visitantes maximizando a súa satisfacción.
c) Aumentar a rentabilidade das empresas locais e os efectos multiplicadores na súa economía.
c) Optimizar os impactos do turismo, asegurando un equilibrio sostible entre beneficios económicos e custos socioculturais e ambientais.
d) Promover o destino e satisfacer as necesidades de turistas e comunidade local.
Entre os beneficios que reporta o turismo de negocios e reunións, cabe destacar os seguintes: Económicos, Culturais (status, formación...), Desestacionalización, Publicidade beneficiosa e gratuíta, Crecemento de ingresos debido a que o gasto medio deste tipo de turistas é superior ao vacacional, Diversificación da oferta, Economías de escala e Boa imaxe de destino
Esta tipoloxía de turismo contribúe polo tanto, ao posicionamento turístico das cidades, dos organizadores, dos patrocinadores e dos colaboradores e mesmo das temáticas específicas dos congresos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Que os estudantes coñezan os principios da planificación e a xestión sustentable
A3 CE4 - Que os alumnos aprendan as técnicas de dirección de organizacións públicas e de empresas do sector turístico
A5 CE6 - Saber manexar o capital social, entendendo o destino turístico como sistema e relacionar axentes implicados no desenvolvemento do produto turístico
A6 CE8 - Planificar novos destinos e produtos turísticos
A8 CE11 - Saber definir proxectos de investigación innovadores que repercutan positivamente no sector
A9 CE12 - Utilizar as metodoloxías científicas adecuadas tanto cualitativas como cuantitativas
A10 CE10 - Manexar as TIC para a comunicación, promoción e a comercialización
A12 CE7 - Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan as innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B6 CG1 - Expresarse correctamente, tanto de forma verbal como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma
B7 CG2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
B8 CG3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común
B9 CG4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
B12 CG7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvimiento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C3 CT3 - Trabajar de forma autónoma con iniciativa
C4 CT4 - Traballar de forma colaborativa
C6 CT6 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico
C8 CT8 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica
C9 CT9 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razonamiento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir a situación actual e as tendencias futuras no mercado do turismo de reunións e convencións. AP1
AM3
BM2
Identificar os axentes ou entes implicados no desenvolvemento do turismo de reunións e convencións. AP3
Planificar novos produtos turísticos para reunións e convencións. AP5
AP6
AM1
AM3
BM7
BM12
CM6
CM9
Aplicar os pasos a seguir para organizar un congreso nos seus diferentes aspectos. AI1
AI2
AM1
BM1
BM2
BM6
BM8
BM9
CM3
CM4
CM6
CM8
Avaliar a importancia da mercadotecnia de destinos e produtos no turismo de negocios e reunións. AM1
AM3
CM6
Aplicar las TIC para la comunicación, promoción y la comercialización de productos turísticos para reuniones y convenciones. AM1
BM7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: INTRODUCIÓN AO TURISMO DE NEGOCIOS E
REUNIÓNS
1.1. DEFINICIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DO TURISMO DE NEGOCIOS E
REUNIÓNS
1.2. SITUACIÓN ACTUAL E TENDENCIAS DO MERCADO DE NEGOCIOS E
REUNIÓNS
1.3. O TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS EN ESPAÑA, GALICIA E CORUÑA: ANÁLISE DA OFERTA E DEMANDA
TEMA 2: ESTRUTURAS ORGANIZATIVAS PARA O
DESENVOLVEMENTO DO TURISMO DE NEGOCIOS E
REUNIÓNS
2.1. OS CONVENTION BUREAU
2.2. EMPRESAS OPC: ESTRUTURA E FUNCIÓNS
2.3. AXENCIAS DE EVENTOS
2.4. AXENCIAS DE COMUNICACIÓN
2.5. PROVEDORES DE SERVIZOS: ANIMACIÓN, CATERING, AXENCIAS DE
VIAJES,?
2.6. PAZOS DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS
2.7. RECINTOS FEIRAIS
2.8. ASOCIACIÓNS E OUTROS AXENTES IMPLICADOS: MEDIOS DE
COMUNICACIÓN, ADMINISTRACIÓN, TRANSPORTES..
TEMA 3: O CONGRESO, A CONVENCIÓN E OUTRAS
TÉCNICAS DE NEGOCIO E REUNIÓN ASOCIADAS AO
MUNDO DA EMPRESA TURÍSTICA
3.1. OBXECTIVOS E FUNCIÓNS.
3.2. CARACTERÍSTICAS: CONTIDOS E PROGRAMA; TEMPORALIDADE;
DESTINATARIOS; DIFUSIÓN; INTENSIDADE; REQUISITOS INTERNOS;
CORPORATIVIDADE; ACCIÓNS PARALELAS
TEMA 4: A ORGANIZACIÓN DUN CONGRESO 4.1. FASES E DESENVOLVEMENTO
4.2. PREPARACIÓN E ORGANIZACIÓN
4.3. COMERCIALIZACIÓN E DIFUSIÓN
4.4. EXECUCIÓN E CONTROL
TEMA 5: A APLICACIÓN DO MARKETING DE DESTINOS E
PRODUTOS AO TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS
5.1. QUE DEBE FACER UN DESTINO PARA TER ÉXITO NESTE TIPO DE
TURISMO
5.2. PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO TURISMO DE NEGOCIOS E
REUNIÓNS
5.3. A IMPORTANCIA DA IMAXE E O POSICIONAMENTO PARA O TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas B1 B2 C3 C8 4 8 12
Traballos tutelados A1 A5 A6 A10 A8 A9 B8 B9 B12 C4 C6 C8 C9 15 20 35
Presentación oral B2 B6 1 0 1
Sesión maxistral A3 A12 B7 24 0 24
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Facilitaranse como máximo aos alumnos da modalidade presencial dous textos ou lecturas como complemento ás sesións maxistrais. O obxectivo destas é xerar discusión, fomentar a participación activa do alumno e resolver as cuestións que se formulen. O idioma das devanditas lecturas poderá ser o inglés ou o castelán.
As lecturas deberán ser desenvolvidas e debatidas por todolos estudantes ao longo das sesións maxistrais.
Traballos tutelados Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia en cuestión, onde o alumno deberá ser capaz de organizar un congreso de turismo nun destino, cuxa temática e lugar quedarán a elección deste. Para iso deberán de crearse entre dous e cinco grupos de traballo, ainda que o número de grupos definitivo dependerá dos estudantes matriculados na materia.
Durante a impartición das sesións maxistrais levarase a cabo a tutorización correspondente ao traballo desenvolvido, así como o seguimento da labor levada a cabo polos diferentes grupos.
Os traballos deberán expoñerse en público nas datas establecidas.
Presentación oral Os diferentes membros do grupo deberán expoñer o traballo tutelado como xa se ten especificado na metodoloxía anterior. Aspecto que será valorado na nota final.
Sesión maxistral Explicación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, a través de medios audiovisuais (power point) e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a súa aprendizaxe.
Todos os estudantes terán acceso a este material a través das plataformas campus virtual ou Teams.
A asistencia a clase para os estudantes da modalidade presencial será obrigatoria polo que se computará a efectos da nota final.
Como parte das sesións maxistrais poderase organizar unha saída externa para coñecer in situ o funcionamento dalgunha empresa relacionada coa organización de eventos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Traballos tutelados
Descrición
Estou a disposición dos alumn@s para titorías online cando o precisen, para concretar o día e a hora deberán de contactar previamente coa profesora por correo electrónico (magdalena.rodriguez@udc.es)

Durante o curso académico, prestarase atención personalizada e continua a todos os estudantes matriculados nesta materia, tanto para responder preguntas sobre as clases presenciais como para abordar temas relacionados co traballo. Neste sentido, os distintos membros do grupo, ou os estudantes individualmente, poderán plantexar as dúbidas correspondentes ás sesións maxistrais, ao desenvolvemento das lecturas e á preparación do traballo tutelado.

As titorías realizaranse de forma presencial ou por Teams
Teams: magdalena.rodriguez@udc.es
Correo electrónico: magdalena.rodriguez@udc.es
Teléfono: 881 01 2592


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 A12 B7 Asistencia e participación obrigatoria que se valorarán tendo en conta a implicación dos estudantes nas sesións presenciais.

10
Traballos tutelados A1 A5 A6 A10 A8 A9 B8 B9 B12 C4 C6 C8 C9 Avaliación contínua do traballo realizado ao longo da materia. O desenvolvemento do traballo representará o 60% da nota final.
Na devandita valoración teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Orixinalidade
2) Aplicación de fundamentos teóricos
3) Calidade da redacción
4) Utilización de fontes bibliográficas
Para superar a materia, é necesario alcanzar unha puntuación mínima do 50% no traballo tutelado.

A entrega do traballo tutelado será na terceira semana do mes de abril.

A revisión das cualificacións efectuarase durante a cuarta semana de maio.
60
Presentación oral B2 B6 O grupo deberá expoñer o seu traballo, empregando para iso os medios
audiovisuais que poidan e esteñan ao seu alcance.
É necesario entregar a presentación do traballo en power point ou en calquera outro formato similar.
A presentación suporá o 30% da nota final da materia onde de forma individualizada valoraráse en cada alumno esa porcentaxe tendo en conta os seguintes aspectos:
1) Calidade da presentación
2) Precisión e claridade da exposición e das respostas.

Todos os integrantes do grupo deberán expoñer unha parte do traballo dado que a nota da presentación oral será asignada de forma individualizada a cada estudante.
30
 
Observacións avaliación

Nota:

A asistencia e participación é obrigatoria e valorarase tendo en conta a implicación dos estudantes nas sesións presenciais.

A revisión das cualificacións da primeira oportunidade realizaranse durante a cuarta semana do mes de maio.

O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para a segunda oportunidadade de Xullo. De modo que o alumno deberá entregar o traballo correspondente. A entrega de traballos na segunda oportunidade realizaranse na segunda semana do mes de xullo e a revisión das cualificacións farase na terceira semana do mes de xullo.

No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación, pero terá a mesma obligación de realizar actividades e de acudir a calquer  tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (plaxio) implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".


Fontes de información
Bibliografía básica KIRANT, O; IÇÖZ, O (2010). A Model Proposal on the Use of Creative Tourism Experiences in Congress Tourism and the Congress Marketing Mix. PASOS. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural, Vol. 8(3) Special Issue págs. 105-113.. PASOS. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural
GARCÍA, J.M.; SUCH M.J (2010). Influencia de los mega-eventos en la oferta alojativa de un destino: los juegos olímpicos. Análisis Turístico 10 2º semestre, pp. 45-55. Análisis Turístico
RODRÍGUEZ, M.M (2022). Material básico para el seguimiento de las sesiones magistrales. .
BUENDÍA, J.M (2009). Organización de Reuniones, Convenciones, Congresos y Seminarios.. México, Trillas
LÓPEZ, D. et al (2008). Turismo de negocios y reuniones. Congresos, convenciones e incentivos,. Valencia, Tirant lo Blanch


- LABORDA, J.L (2000). Congresos, convenciones e incentivos. Madrid, Síntesis.

- MIRANDA, D. (2008). Análise do desenvolvemento e o potencial do turismo MICE. Estudo do caso de Galicia e
Santiago de Compostela. Dirección Xeral de Turismo, Xunta de Galicia

- MAURE AGÜERO, G. (2007). Definiciones y tendencias del turismo de eventos. Contribuciones a la Economía
-
- RICHERO, A. (2008). Planeación y ejecución de eventos presenciales y en línea. México, Trillas

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías