Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Cambios sociodemográficos e territoriais Código 615525023d
Titulación
Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Diz Reboredo, Carlos
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
Profesorado
Diz Reboredo, Carlos
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia, traballaremos teorías e metodoloxías para explorar as relacións interxeracionais no seu contexto histórico e ecolóxico. Analizaremos os cambios sociodemográficos e territoriais máis actuais, en relación coas transformacións dos afectos e dos modos de vida na sociedade contemporánea.

Competencias do título
Código Competencias do título
A21 CEE1 - Explicar os procesos de exclusión vinculados ás transformacións da estrutura familiar e por idades das sociedades.
A22 CEE2 - Manexar ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a análise da vulnerabilidade asociada a formas de convivencia e a determinados grupos de idade.
A23 CEE3 - Identificar as dinámicas interxeracionais, biolóxicas e socioeconómicas que xeran situacións de exclusión.
A24 CEE4 - Identificar situacións e procesos de segregación de colectivos vulnerables asociados ao avellentamento demográfico.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
B22 CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar procesos históricos de cohesión e de exclusión asociados a distintos tipos de hábitats AM21
AM22
AM23
AM24
BM2
BM20
CM3
CM7
Recoñecer a relación entre variables espaciais e territoriais e as necesidades da poboación segundo as súas características sociodemográficas AM21
AM24
BM1
BM3
BM14
BM19
CM5
CM7
Analizar a vulnerabilidade ecolóxica de distintos colectivos AM23
AM24
BM14
BM19
BM20
BM21
BM22
CM3
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Estudo e caracterización do territorio -
Indicadores de cohesión e de segregación territorial -
A conformación histórica do hábitat -
Urbanización, avellentamento e despoboación -
Exclusión espacial e exclusión social -
Representación social e construcción cultural do hábitat -

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A21 A24 B3 B14 B20 B21 C5 C7 0 34 34
Traballos tutelados A22 A23 B1 B2 B19 B22 C3 0 110 110
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Cada sesión irá acompañada dun texto (ou dematerial audiovisual) que se facilitará a través de Moodle. Nestes materiais recóllense os conceptos teóricos centrais sobre os que versará a materia. É indispensable levar ao día estas lecturas e visionados para poder desenvolver produtivamente os traballos tutelados.
Traballos tutelados En cada sesión, o alumnado deberá facer unha reflexión aplicada e actualizada dos materiais dispoñibles para cada día en Moodle, co obxectivo de elaborar resultados e chegar a conclusións que se materializarán nun traballo final. Valorarase especialmente a formulación metodolóxica e o carácter divulgativo da redacción final.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Traballos tutelados
Descrición
É previsible que cada alumno requira orientación personalizada para aclarar dúbidas ou ampliar a información necesaria para o seu traballo final. A atención personalizada desenvolverase tanto por correo electrónico como a través de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A21 A24 B3 B14 B20 B21 C5 C7 O alumnado deberá entregar vía Moodle unha breve recensión (ou contestar a preguntas concretas pautadas polo profesor) en torno aos materiais de cada sesión (textos, documentais audiovisuais, etc.). Deste xeito, o alumnado poderá levar ao día os contidos teóricos da materia a través de experiencias e prácticas concretas relacionados co temario. 40
Traballos tutelados A22 A23 B1 B2 B19 B22 C3 Os traballos tutelados serán traballos de investigación realizados individualmente. O resultado final prepararase a modo de poster ou cartel dixital. Por este traballo final obterase un máximo de 6 puntos (o 60% da cualificación final); ata dous puntos dos cales responderán ao criterio do esforzo e da participación demostrada na súa realización. 60
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Kreager, Philip y Schröder-betterfill, E. (Eds) (2005). Ageing without children. Berghan Books
Santamarina, Beatriz et al (Coords.) (2018). Antropología ambiental. Barcelona: Icaria
Livi Baci, Massimo (1988). Ensayo sobre la historia demográfica europea. Barcelona: Ariel
Herrera, Mª Soledad (2007). Individualización social y cambios demográficos. Madrid: CIS
Moré, Paloma (2017). Migraciones y trabajo con personass mayores en las grandes ciudades. Madrid: CIS
Otero, Raimundo (2017). Sociología e historia de la ciudad desconcentrada. Madrid: CIS
Toda a bibliografía esencial e complementaria estará dispoñible na plataforma Moodle.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías