Identifying Data 2022/23
Subject (*) Research design and proposal Code 615525029
Study programme
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
Second Obligatory 3
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinador
Otero Enriquez, Raimundo
E-mail
raimundo.otero@udc.es
Lecturers
Fernández Suárez, Mónica Belén
Otero Enriquez, Raimundo
E-mail
belen.fernandez.suarez@udc.es
raimundo.otero@udc.es
Web
General description O obxectivo xeral desta materia reside en alcanzar unha comprensión profunda da estrutura lóxica e metodolóxica dun proxecto de investigación, sendo capaces de interpretar e analizar os resultados, así como transmitilos por escrito e oralmente cunha linguaxe adecuada e profesional. Para iso percorreranse mediante exercicios prácticos todas e cada unha das fases da investigación, desde a formulación do problema ata a redacción do informe final e a presentación pública dos resultados.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A3 CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social.
A4 CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social.
A5 CE5 - Interpretar as situacións e os procesos de marxinación social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macroestrutural.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B5 CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas.
B6 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B15 CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
C3 CT3 - Using ICT in working contexts and lifelong learning.
C5 CT5 - Understanding the importance of entrepreneurial culture and the useful means for enterprising people.
C6 CT6 -Acquiring skills for healthy lifestyles, and healthy habits and routines.
C7 CT7 - Developing the ability to work in interdisciplinary and transdisciplinary teams in order to offer proposals that can contribute to a sustainable environmental, economic, political and social development.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Formular un proxecto de investigación, cunha comprensión profunda da súa estrutura lóxica e metodolóxica AC1
AC3
AC4
AC5
BC3
BC6
BC13
BC15
CC3
CC5
CC7
Redactar informes de resultados de investigación cunha linguaxe axeitada e profesional AC1
AC2
AC4
AC5
BC5
BC6
BC17
CC5
CC6
Preparar unha presentación pública dos resultados da investigación AC1
AC2
BC5
BC17
CC6
CC7

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. A formulación da investigación e o seu proceso I - A identificación do problema de investigación.
- Teorías de alcance intermedio.
- Requisitos iniciais dunha investigación social.
Tema 2. A formulación da investigación e o seu proceso II (o anteproxecto) - Elección de tema de interese.
- Definición dun tema de investigación (perspectiva, obxectivos, tipos e enfoque).
- Viabilidade, xustificación e impacto da investigación.
Tema 3. A formulación da investigación e o seu proceso III (o proxecto) - Marco teórico.
- Hipóteses.
- A elección metodolóxica.
Tema 4. O traballo de fin de mestrado - O TFM no contexto dun proxecto de investigación.
- Análise de resultados.
- Conclusións.
- Bibliografía.
- Outras consideracións
Tema 5. A presentación dos resultados - Recursos informáticos para a elaboración de presentacións
- Técnicas de exposición oral

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A1 A2 A3 A4 A5 B3 B5 B6 B13 B15 B17 C3 C5 C6 C7 18 20 38
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A4 A5 B3 B6 B13 B15 C3 C5 18 15 33
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Traballo individual que consiste no deseño dun proxecto de investigación social aplicada, e que está pensado para facilitar a realización do TFM do alumno/a.
Cada alumno/a elixirá un tema monográfico sobre o que realizar o traballo sobre un tema relacionado coas especialidades do Máster. Para un maior aproveitamento da materia recoméndase que o tema coincida co TFM.
O traballo será explicado na aula e subiranse as instrucións concretas sobre a realización deste ao campus virtual da materia, para que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade en liña. Nalgunhas sesións de aula existirán breves espazos para a posta en común en relación ao desenvolvemento deste traballo. Para o alumnado en liña, establecerase un sistema de seguimento a través do campus virtual, ou por correo electrónico.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte do profesorado dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais, lecturas e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos/ás estudantes.
O material das sesións maxistrais porase a disposición na plataforma virtual da materia para o alumnado en liña e presencial.
Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Levarase a cabo un seguimento personalizado dos traballos tutelados, tanto nas sesións de traballo que se desenvolvan en clase, como en horario de titorías.

No caso de alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao comezo de curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e asistencia. As titorías, que haberá que solicitar con antelación, realizaranse preferentemente de maneira virtual (vía Teams ou correo electrónico). O material de traballo utilizado na clase, porase a disposición a través da plataforma virtual da materia.


Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A2 A3 A4 A5 B3 B5 B6 B13 B15 B17 C3 C5 C6 C7 Traballo individual que consiste no deseño dun proxecto de investigación social aplicada, , e que está pensado para facilitar a realización do TFM do alumno/a.
Cada alumno/a elixirá un tema monográfico sobre o que realizar o traballo sobre un tema relacionado coas especialidades do Mestrado.
Para a correcta realización do traballo é necesaria a participación activa: asistencia (alumnos/as presenciais) e seguimento continuado (alumnos/as en liña).

100
 
Assessment comments

É condición indispensable para superar a materia, obter como mínimo no traballo tutelado, a metade da máxima cualificación outorgable (5 de 10).

A avaliación do alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia, será igual que a do alumnado con dedicación completa.

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e traballos cualificables serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria.

O alumnado en modalidade en liña poderá contar con titorías vía Teams (previa cita) ou por correo electrónico.

O plaxio no traballo individual, unha vez comprobado, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente.


Sources of information
Basic Bravo Almonacid, F. y Galar, S. (2020). Avanzar hacia la construcción de un problema de investigación cualitativo. Universidad Nacional de Entre Ríos
Martín Gutiérrez, I. (ed.) (2016). Diseño de proyectos de investigación-desarrollo y propuestas metodológicas. Universidad Técnica Particular de Loja
González Mateos, A. y Salido Ruiz, G. (2013). Diseño de un proyecto de investigación básico. Universidad de Extremadura
García Ferrando, M.; Ibáñez, J. y Alvira Martín, F. (1986,2000). El análisis de la realidad social. Métodos y tecnicas de investigación. Madrid: Alianza
Hesse-Biber, N. y Leavy, P. (eds). (2006). Emergent methods in social research. Thousand Oaks: Sage
Quivy, R. y Campenhoudt, L. V. (2005). Manual de Investigación en Ciencias Sociales. México: Limusa
Hernández Sampieri, R.; Fernández Collado, C. y Baptista Lucio, M. P. (2010). Metodología de la investigación. Madrid: McGraw-Hill
López Roldán, P. y Fachelli, S. (2015). Metodología de la Investigación Social Cuantitativa. Bellaterra: Dipòsit Digital de Documents, Universitat Autònoma de Barcelona
Corbetta, P. y Fraile Maldonado, M. (2003). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill
Viedma, A. y Callejo, J. (2005). Proyectos y estrategias de investigación social: la perspectiva de la intervención . Madrid: McGraw-Hill
Creswell, John W. (1994). Research design: qualitative and quantitative approaches. Thousand Oaks: Sage

A bibliografía é orientativa. 

Complementary Warbuton, Nigel (2012). Cómo aprender a escribir. Barcelona: Paidós
King, G., Verba, S. y Keohane, R. O. (2000). El diseño de la investigación social. La inferencia científica en los estudios cualitativos.. Madrid: Alianza
Lozares, C.; Martín, A. y López, P. (1998). El tratamiento multiestratégico en la investigación sociológica.. Papers, 55, 27-43
Delgado, J. M. y Gutiérrez, J, (coord.) (1994). étodos y técnicas cualitativas de investigación en Ciencias Sociales.. Madrid: Síntesis
Alvira Martín, F. (2011). La encuesta: Una perspectiva general metodológica. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
Thomas, J. y Harden, A. (2008). Methods for the Thematic Synthesis of Qualitative Research in Systematic Reviews. BMC Medical Research Methodology 2008, 8(45)
Cea D´Ancona, M. A. (2004). Métodos de encuesta: Teoría y práctica, errores y mejora. Madrid: Síntesis
Jorge Sierra, E. (2003). Nuevos elementos para la reflexión metodológica en sociología. Del debate cuantitativo/cualitativo al dato complejo. Papers, 70, 57-81
Valles Martínez, M. (1997,2003). Técnicas cualitativas de investigación social: reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid: Síntesis


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Information sources and statistical techniques for the analysis of social policies/615525007
Qualitative techniques for the analysis of discourses and social realities/615525008
Design, management and evaluation of social policies/615525009
Participatory action research, community action and management of social organizations/615525010

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Master Thesis/615525031

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Para lograr un maior aproveitamento da materia, recoméndase elixir o tema do Traballo de Fin de Máster antes de cursala. 

O alumnado (independentemente da modalidade escollida) deberá revisar regularmente o campus virtual da materia e consultar os documentos. 

A vía de comunicación co profesorado da materia será a institucional, é dicir, o correo da udc.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.