Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas. |
A6 |
Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns. |
A7 |
Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades. |
A8 |
Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.). |
A9 |
Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro. |
A10 |
Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas. |
A11 |
Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física. |
A13 |
Identificar as principais tarefas do profesor de educación física dentro e fóra da aula, resaltando as que fan referencia á súa labor titorial, orientadora e departamental. |
B3 |
Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo. |
B7 |
Xestionar a información. |
B11 |
Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. |
B14 |
Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde. |
B15 |
Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…). |
B17 |
Promover e avaliar actividades de ampliación curricular, referentes á creación de hábitos autónomos de actividade física e deporte. |
B18 |
Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar criticamente todas as circunstancias e feitos que rodean á educación |
A7 A8
|
B3 B4 B7 B11 B15 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Comprender as bases da educación e os principios da educación física e o deporte para a formación integral das persoas asumindo a importancia da escola como promotora de estilos de vida activos e saudables.
|
A4 A6
|
B15 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Comprender e aplicar os principios conductuales no contexto educativo, recreativo, da actividade física e a saúde e do adestramento deportivo |
A7 A8 A13
|
B3 B11 B15
|
C1 C3 C4 C7
|
Abordar reflexivamente as reformas educativas e as súas implicacións no ámbito das actividades físico-deportivas. |
A6 A8 A10
|
B14
|
C1 C3 C4 C7
|
Coñecer e comprender os fundamentos curriculares da educación física formal |
A6 A8 A9 A10 A11
|
B3 B14 B15 B17
|
C1 C3 C4 C7
|
Desenvolver actitudes favorables cara á colaboración interdisciplinar, o traballo en equipo e ao respecto á diversidade |
A4
|
B3 B4 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Da Pedagoxía a Pedagoxía da actividade física e do deporte |
-A educación, a Pedagoxía e as Ciencias da Educación
-A Pedagoxía da actividade física e do deporte: Educación Física e Pedagoxía Deportiva
- Teorías críticas da educación e a súa incidencia na escola actua e no contexto da EF e o deporte ( Ideoloxía, curículum oculto, perspectiva comunicativa) |
Tema 2. A educación física de Calidade
|
- Educación Física de Calidade e perspectiva ecolóxica da Educación Física.
- O centro educativo como exe do fomento dos estilos de vida activos e saudables
- Un/unha alumna ben educado físicamente
- Bo docente de Educación Física
- Competencias docentes necesarias para unha Educación Física de Calidade
|
Tema 3. Condicionantes do proceso de ensino-aprendizaxe
|
- Estilos de comunicación e estilos de ensino.
- O/A profesor/a de Educación Física
* O pensamento: Coñecemento profesional e preocupacións docentes
* O comportamento: Destrezas docentes
- O alumno/a ben educado/a fisicamente
* O pensamento do/o alumno/a: Autoconcepto, percepcións, motivación, atención e atribución causal
* O comportamento do/o alumno/a: Aspectos cuantitativos (variables de contexto, programa e diferenzas individuais) e cualitativos (estilos de participación)
|
Tema 4.- Atención á diversidade e educación en valores na Educación Física e no deporte en idade escolar
|
- Principios de individualización e socialización
-Integración e inclusión
- Atención á diversidade individual e social na Educación Física
- Aprendizaxe cooperativo
- Educación en valores
- Valores abordables desde a Educación Física e o deporte en idade escolar
|
Tema 5. A Educación física na escola na lexislación actual.
|
- Introdución aos elementos curriculares
- Lexislación educativa
- Proceso de concreción curricular: desde a lei á aula
- Interdisciplinaridad e transversalidade
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A4 A9 A10 A13 B7 C1 C3 |
0 |
7 |
7 |
Portafolios do alumno |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B3 B4 B7 B11 B14 B15 B18 C1 C3 C4 |
18 |
30 |
48 |
Sesión maxistral |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B4 B7 B11 B14 B15 B17 B18 C4 |
20 |
20 |
40 |
Proba de ensaio |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 |
5 |
26 |
31 |
Aprendizaxe colaborativa |
A7 A8 A9 B4 B7 C1 C3 C7 |
7 |
14 |
21 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Portafolios do alumno |
É un cartafol ou archivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo/a profesor/a o que permite visualizar o progreso do/a alumno/a. O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o/a alumno/a, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoevaluaciones, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso, etc.
Consta de:
a. Material (traballado) de cada un dos temas. Trátase dos apuntamentos, esquemas, artigos, diapositivas, subliñados ou de elaboración propia, coas que cada estudante traballou o contido da materia. Pode estar en formato papel ou dixital, pero deberá optarse por un dos dous soportes.
b. Actividades realizadas nas clases interactivas (presenciais) e nas non presenciais. Recollerá todas as realizadas durante o desenvolvemento dos temas, elaboradas en horario lectivo e as propostas polo profesorado para o desenvolvemento do tema, en horario non lectivo.
Incluiranse neste apartado as actividades avaliables, unha ou dúas por tema (individuais e/ou por parellas), que se realizarán ou revisarán durante as clases interactivas. Estas serán entregadas en data e hora establecida para a corrección definitiva.
Débense refacer e incorporar no portafolio, tanto a orixinal como as súas correspondentes modificacións.
c. Rúbricas/lista de control do portafolio de cada un dos temas ou de actividades (auto e coevaluación).
(Este portafolios preferentemente realizarase en formato dixital)
|
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como Conferencia o método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Proba de ensaio |
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Aprendizaxe colaborativa |
Proba de ensaio |
|
Descrición |
As actividades reflectidas son aquelas que demandan a asistencia do/a alumno/a ás titorías. Nesta materia contémplanse 3 tipos diferentes de titorías:
- En pequeno grupo: son aquelas previstas no horario da materia que poderán utilizarse para revisar actividades que teñan que ver co contido do portafolios.
- Titorías individualizadas utilizando o moodle ou teams ou as horas de tutoría do profesorado.
- Titorías persoais/grupales e o despacho do profesorado ou por teams.
O alumnado que cursou a materia en cursos anteriores e aquelas/es con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de asistencia e avaliación para cada unha das oportunidades.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
A7 A8 A9 B4 B7 C1 C3 C7 |
As actividades evaluables, na sua maior parte son fruto dunha aprendizaxe colaborativo entre o alumnado. |
40 |
Proba de ensaio |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 |
- Realizaranse tres probas, para a avaliación continua. E de non superar algunha pódese ir a unha proba final.
1ª proba.- Temas 1, 2 e 3 (3 puntos)
2ª proba.- Temasw 4 e 5 (2 puntos)
Realziación individual dunha unidad didáctica (1 punto)
- Realizarase só unha proba final aqueles/as estudantes que non optan á avaliación continua.
|
60 |
|
Observacións avaliación |
*** O alumnado que cursase a materia en cursos anteriores, deberá dirixirse ao profesorado durante os primeiros 15 días do curso para valorar, en cada caso, o recoñecemento ou non da avaliación continua e por tanto a exención de asistencia e de realización das actividades contempladas nesta guía. ** O alumnado con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación para cada unha das oportunidades. Se o estudante ten posibilidade de manter unha asistencia periódica dun mínimo do 50% poderá acollerse á avaliación continua entregando sempre en prazo as actividades evaluativas, realizando a UD e elaborando o portafolio. * Os/as que non se atopen nesa situación especial, poderán elixir entre un sistema de avaliación formativa de carácter continua (auto, co e heteroevaluación) ou de avaliación final (heteroevaluación). 1. AVALIACIÓN FORMATIVA (CONTINUA) Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais; a elaboración do portafolio; a entrega de todas as actividades evaluativas e non evaluativas (en tempo e forma), a elaboración individual da unidade didáctica e as probas de ensaio programadas. En cada unha delas deberá obter, polo menos, o 50% da cualificación. a. Portafolio. Non ten valor numérico, pero a súa entrega será requisito imprescindible para optase a avaliación formativa (continua). A realización do portafolio terá un seguimento por parte do profesorado ao finalizar cada mes, solicitarase aleatoriamente presentar o portafolio a un grupo de alumnas/vos. Previo á realización da primeira proba de ensaio e da final, cada estudante presentará as rúbricas/listas de control de auto e coevaluación (de cada tema). A non entrega destes documentos significará a perdida da avaliación formativa (continua). b. Actividades evaluativas. Poden realizarse no horario de clase, en titorías grupais ou en
horarios non presenciais. Poderán ser correxidas no horario da tutoría grupal ou en horario de clase. Realizaranse unha ou duas actividades en cada tema cun valor total de 4 puntos. A non entrega de TODAS as actividades evaluativas ou non alcanzar a metade da puntuación no sumatorio das actividades na primeira oportunidade implicará a perdida da avaliación continua. A calificación de cada
actividade será efectiva unha vez entregada a corrección individual da mesma c. Proposta inicial/organizada dunha unidade didáctica. Realizarase na aula de forma individual ao finalizar o tema 5 e terá un valor de 1 punto. A non realización implicará a perdida da avaliación continua, senón se supera o 0,5 hai que repetila, en data e hora que establecerá o profesorado da materia. d. Probas de ensaio Realizaranse dúas probas - A primeira corresponderase cos temas 1, 2 e 3 e terá un valor de 3 puntos
- A segunda co 4 e 5, cun valor de 2 puntos
Cada proba esixirá unha cualificación do 50% para ser superada. As preguntas presentaranse en castelán, poderase realizar en calquera dos dous idiomas oficiais da Universidade da Coruña. O que desexe as preguntas en galego deberá solicitalo ao profesorado, polo menos cunha semana de antelación á data de realización. Aquelas/vos que non alcancen a nota mínima nestas dúas probas, deberán presentarse ao exame final (convocatoria oficial de exames). Para as oportunidades de xaneiro/xullo, se se supera a primeira proba, presentarase á segunda só cos temas 4 e 5 e se supera a segunda, á primeira cos temas 1, 2 e 3. As preguntas da proba son de desenvolvemento, de aplicación do contido e especialmente de relación. e. Atención personalizada Toda a materia está estruturada en base a unha necesidade de comprensión, polo que aínda que esta metodoloxía non ten peso directo na avaliación, é moi recomendable contactar co profesorado todas as veces que sexa necesario para compartir, aclarar, preguntas Pode realizarse a través de titorías grupais (en horario da propia materia recollido nos horarios oficiais) e en tutorías individuais presenciais ou por TEAMS (horario oficial de tutorías do profesorado) Consideracións de face ao mantemento de cualificacións e/ou partes da materia no caso de cumprir todos os criterios da avaliación formativa (continua): - Ao que supere os apartados b, c e d, pero que suspenda a proba de ensaio final, gardaráselle esta parte da cualificación para futuras convocatorias. Isto será igualmente de aplicación para o alumnado de cursos anteriores.
- Ao que supere só una das probas de ensaio, manteráselle a cualificación da superada para a oportunidade de xullo, pero non para futuras convocatorias.
Preséntase unha táboa resumen: a. Portafolio | 0 | Entregar rúbrica ao final de cada tema | b. Actividades evaluativas | 4 puntos | Na data establecida para cada unha ao longo de cuadrimestre | c. Unidad Didáctica | 1 punto | Ao remate do tema 5 | d. Proba ensaio temas 1, 2 e 3 Prueba ensayo temas 4 e 5 | 3 puntos | Ao remate do tema 3 | 2 puntos | Ao remate do tema 5 |
*** Valorarase a maiores da puntuación establecida no programa, a realización de cursos/seminarios relativos ao contido da materia ou a técnicas instrumentais de traballo (Bibliografía, bases de datos, técnicas de estudo, etc.). Poden realizarse, na Facultade, na UDC ou noutras entidades formativas, pero sempre dentro do curso académico 22-23 2. AVALIACIÓN FINAL Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non elaborarán o portafolio, nin se presentarán ás probas parciais, pero estarán obrigados a cumprir a asistencia de al menos un 50% das sesións. Realizarán a proba final na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberán obter ou superar o 70% (7 sobre 10 puntos), tendo en conta que o alumnado de avaliación continua mostrou un compromiso coa materia. A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, implicará directamente a cualificación de suspenso 0 na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Tema 1.- Material de lectura obligatoria: Blázquez, D. (2020). Descubre como es la
educación física del siglo XXI. INDE, pp. 150-157. Flecha, R. y Puigbert, L. (2002). Las comunidades de
aprendizaje: Una apuesta por la igualdad educativa. REXE: Revista
de estudios y experiencias en educación, 1(1),pp.11-20 López
Pastor, V. (coord.) (2002). Algunas reflexiones sobre educación física y
pedagogía crítica. Retos, 2, pp.30-35 Vázquez, B.
(2001): La Pedagogía de la Actividad Física y el Deporte. En B. Vázquez
(coord.). Bases educativas de la actividad física y el deporte. Síntesis,
pp. 25-46 Vázquez, B.
(2001): El Currículum oculto y las nuevas orientaciones en el estudio del
currículum en la EF. En B. Vázquez(coord.). Bases educativas de la
actividad física y el deporte. Síntesis, pp. 277-287 Tema 2.- Material de lectura obligatoria: Beneficios de una EFC https://www.youtube.com/watch?v=P9BJ9ExyfFU&feature=youtube
Bull, F.
C., Al-Ansari, S. S., Biddle, S., Borodulin, K., Buman, M. P., Cardon, G.,
Carty, C., Chaput, J.-P., Chastin, S., Chou, R., Dempsey, P. C., DiPietro, L.,
Ekelund, U., Firth, J., Friedenreich, C. M., Garcia, L., Gichu, M., Jago, R.,
Katzmarzyk, P. T., … Willumsen, J. F. (2020). World Health Organization 2020
guidelines on physical activity and sedentary behaviour. British
Journal of Sports Medicine, 54(24), 1451-1462.
https://doi.org/10.1136/bjsports-2020-102955
Mayor, A.,
Cantero, P.; Fernández-Villarino, M.A., Toja, B. y González-Valeiro, M.A.
(2016). Condiçoes que deve cumprir uma escola para se converter em promotora de
estilos de vida activos para os alumnos. Gymnasium 1(2), p
1-12
Sánchez,
A, Villaverde-Caramés, E., González-Valeiro, M.A. & Fernández-Villarino,
M.A. (2021). Physical Literacy and teacher training: Pilot study. Education
Sciences, 11(2), 42. https://doi.org/10.3390/educsci11020042
Villaverde-Caramés,
E., Fernández-Villarino, M.A., Toja-Reboredo, B. & González-Valeiro, M.A.
(2021): Revisión de la literatura sobre las características que definen a un
buen docente de Educación Física: consideraciones desde la formación del
profesorado. Retos, 41, 471-479.
https://doi.org/10.47197/retos.v0i41.84421
UNESCO
(2015). Educación Física de Calidad.
http://unescoittralee.com/wp-content/uploads/2017/11/QPE-for-policy-makers-Spanish.pdf Tema 3.- Material de lectura obligatoria:García-González,
L; Abós Catalán, A. y Sevil-Serrano, J. (2020). Acción docente en educación
física y actividades físico-deportivas. Teoría basada en evidencias
científicas. Prensas de la Universidad de Zaragoza Tema 4.- Material de lectura obligatoria: Arufe, V.
(2011). La educación en valores en el aula de EF. ¿Mito o realidad? EmásF,
Revista Digital de Educación Física. Año 2, Num. 9 (marzo-abril 2011)
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3618413 Blázquez, D.
(2020). Descubre como es la educación física del siglo XXI.
INDE, pp. 101-112. Fernández-Río,
J. (2017) El Ciclo del Aprendizaje Cooperativo: una guía para implementar de
manera efectiva el aprendizaje cooperativo en educación física. Retos,
32, 264-269 https://recyt.fecyt.es/index.php/retos/article/view/51298 Pinheiro,
V.; Camerino, O. y Sequeira; P. (2013) Recursos para potenciar el fair play en
la iniciación deportiva. Retos, 24, pp. 97-99 Sánchez
Alcaráz, B., López, J., Valero Valenzuela, A. y Gómez-Marmol, A. (2017). Los
programas de educación en valores a través de la Educación física y el deporte.
Actividad física y deporte. Ciencia y profesión, Vol.28, pp.
45-58 Velázquez
Callado (2015). Aprendizaje cooperativo en Educación Física: estado de la
cuestión y propuesta de intervención. Retos, 28, pp.234-239 Tema 5.- Material de lectura obligatoria: Gobierno de
España (2020) Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica
la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. BOE.es - BOE-A-2020-17264
Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica
2/2006, de 3 de mayo, de Educación. Gobierno de
España (2022) Real Decreto 217/2022, de 29 de marzo, por el que se establece la
ordenación y las enseñanzas mínimas de la Educación Secundaria
Obligatoria. Zapatero,
J.; González, M.D. y Campos, A. (2017) Programar por competencias en EF. Tamdem
didáctica de la EF, 57; pp 68-73 |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011 | Socioloxía da actividade física e do deporte/620G01015 | Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01022 | Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01035 | Prácticum/620G01040 |
|
Observacións |
Pór en coñecemento do profesorado os posibles aspectos que impidan levar con normalidade o establecido nesta guía.
Manter con regularidade tutorías co profesorado (presenciais ou on-line) para o seguimento da materia.
Co fin de mellorar a materia e o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería conveniente que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto de participar no proceso de avaliación da materia e cuxa chamada realiza baixo o nome de "AVALIA" consistindo en responder os cuestionarios que avalían a docencia do profesorado.
|
|