Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A14 |
Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade. |
A19 |
Planificar, desenvolver, controlar e avaliar técnica e cientificamente o proceso de adestramento deportivo nos seus distintos niveis e nas diferentes etapas da vida deportiva, de equipos con miras á competición, tendo en conta as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero na actuación do adestrador e nos deportistas. |
A22 |
Comprender os fundamentos neurofisiolóxicos e neuropsicolóxicos subxacentes ao control do movemento e, de ser o caso, ás diferenzas por xénero. Ser capaz de realizar a aplicación avanzada do control motor na actividade física e o deporte. |
A27 |
Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes. |
A28 |
Realizar e interpretar probas de valoración funcional nos ámbitos da actividade física saudables e do rendemento deportivo. |
B1 |
Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte. |
B2 |
Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte. |
B4 |
Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo. |
B7 |
Xestionar a información. |
B9 |
Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico. |
B10 |
Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os aspectos conceptuais, históricos e metodolóxicos da Anatomía e Cinesioloxía humanas e adquirir o suficiente dominio operativo dos mesmos. |
A22
|
B1
|
C6 C8
|
Coñecer e utilizar correctamente a terminoloxía anatómica e cinesiolóxica. |
|
|
C1
|
Coñecer, comprender e describir os aspectos xerais relacionados coa forma, estrutura e funcións de cada un dos diferentes sistemas do aparato locomotor (óseo, articular e neuromuscular). |
A22 A27
|
|
|
Coñecer os detalles da forma, estrutura e función de cada órgano ou elemento do aparato locomotor e comprender como intervén na estática e na dinámica corporal. |
A22 A27
|
|
|
Identificar, comprender e describir os diferentes movementos e os elementos internos e externos que interveñen neles, producíndoos ou limitándoos, no contexto da unidade funcional do organismo humano. |
A22 A27
|
|
|
Analizar exercicios (posturas e movementos) destiñados á utilización ou adestramento dos diferentes elementos do aparato locomotor. |
A14 A19 A28
|
|
|
Comprender, analizar e aplicar os principios biomecánicos das capacidades motrices, así como a súa interrelación co medio. |
A27
|
|
|
Encauzar a curiosidade natural do alumnado para estimular a análise crítica dos coñecementos transmitidos e das circunstancias e feitos relacionados coa actividade física, habituándoos a reflexionar sobre os seus fundamentos científicos a a súa pertinencia, fomentando a inquietude investigadora e a profundización nos temas da disciplina. |
|
B2
|
C6 C7 C8
|
Desenrolar actitudes favorables para a colaboración interdisciplinar, o traballo en equipo e a toma de decisións baseadas na reflexión personal. |
|
B2 B4
|
|
Adquirir as habilidades básicas para a búsqueda, identificación e manexo das fontes de información bibliográfica e a análise reflexiva e crítica da información obtida. |
|
B7 B9 B10
|
C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO 1: INTRODUCIÓN E XERALIDADES.
|
Temas 1 ao 5. |
Tema 1. Introdución á Anatomía e á Cinesioloxía humanas.
|
1.1. Conceptos de Anatomía e Cinesioloxía. Breve Historia e métodos de estudo.
1.2. Terminoloxía anatómica:
1.2.1. Posición anatómica, eixes, planos, xeometría das formas.
1.2.2. Termos de situación, dirección e descrición.
1.3. Organización do corpo humano.
1.3.1. Esquemas de construcción corporal.
1.3.2. Rexións e cavidades corporais.
1.4. Introducción ao Aparato Locomotor. Tipos de movementos.
1.5. Conceptos básicos de vascularización e inervación.
|
Tema 2. Introdución á Osteoloxía. |
2.1. Oso: definición e clasificación.
2.2. Esqueleto: división e compoñentes.
2.3. Tecidos esqueléticos.
2.4. Anatomía macroscópica e microscópica dos osos.
2.5. Formación e crecemento dos osos.
2.6. Funcións dos osos.
|
Tema 3. Introdución á Artroloxía. |
3.1. Definición de articulación.
3.2. Embrioloxía e clasificacións das articulacións.
3.3. Anatomía e funcións das articulacións sólidas (sinartrose e anfiartrose): sinfibrose e sincondrose.
3.4. Articulacións cavitadas (diartrose ou sinoviais): características; superficies articulares; anexos ás superficies articulares; medios de unión; cavidade articular; clasificacións das diartroses.
3.5. Cinesioloxía articular: movementos osteocinemáticos e artrocinemáticos; graos de liberdade; factores estabilizadores da articulación e limitantes da súa movilidade.
|
Tema 4. Introdución á Mioloxía. |
4.1. Definición de músculo. Tipos de tecido muscular, características e funcións.
4.2. Anatomía macroscópica do músculo esquelético e os seus anexos.
4.2.1. Embrioloxía, crecemento e desenrolo do tecido muscular esquelético.
4.3. Clasificacións dos músculos esqueléticos.
4.3. Histoloxía do músculo esquelético e os seus anexos.
4.4. Vascularización e inervación: unión neuromuscular.
4.5. Fisioloxía da contracción muscular: acoplamento excitación-contracción.
4.6. Unidades motrices do músculo esquelético: control da tensión muscular.
|
Tema 5. Cinesioloxía muscular. |
5.1. Tipos de contraccións.
5.2. Palancas: tipos e vantaxes mecánicas.
5.3. Compoñentes da forza muscular.
5.4. Factores que afectan á eficacia mecánica da contracción.
5.5. Clasificación funcional dos músculos.
5.6. Concepto de cadea cinética. Tipos de cadeas cinéticas.
5.7. Conceptos de insuficiencia activa e insuficiencia pasiva dos músculos.
5.8. Concepto e tipos de lazada muscular.
|
MÓDULO 2: MEMBRO INFERIOR |
Temas 6 ao 16. |
Tema 6. Osteoloxía do membro inferior.
|
6.1. Coxal.
6.2. Estudo da pelve.
6.3. Fémur e rótula.
6.4. Tibia e peroné.
6.5. Osos do pé: tarso, metatarso e falanxes.
6.6. A bóveda plantar: elementos óseos que a conforman.
|
Tema 7.- Articulacións da pelve. |
7.1. Articulacións sacroilíacas.
7.2. Sínfise pubiana. |
Tema 8. Articulación coxofemoral. |
8.1 Estudo anatomofuncional da articulación coxofemoral. |
Tema 9. Músculos motores da articulación coxofemoral. |
9.1. Músculos abductores e aductores.
9.2. Músculos flexores e extensores.
9.3. Músculos rotadores internos e externos. |
Tema 10. Articulación do xeonllo. |
10.1 Estudo anatomofuncional da articulación do xeonllo. |
Tema 11. Músculos motores da articulación do xeonllo. |
11.1. Músculos flexores e extensores.
11.2. Músculos rotadores internos e externos. |
Tema 12. Articulacións entre os osos da perna. |
12.1. Articulación tibioperonea superior.
12.2. Articulación tibioperonea inferior.
12.3. Sindesmose tibioperonea ou membrana interósea.
|
Tema 13. O complexo articular do nocello. |
13.1. Articulación talocrural (tibioperoneoastragalina).
13.2. Articulación subastragalina. |
Tema 14. Articulacións do pé.
|
14.1. Outras articulacións do tarso.
14.2. Articulacións tarsometatarsianas.
14.3. Articulacións intermetatarsianas.
14.4. Articulacións metatarsofalánxicas.
14.5. Articulacións interfalánxicas.
|
Tema 15. Músculos das rexións da perna e do pé. |
15.1. Músculos da rexión da perna.
15.2. Músculos propios do pé. |
Tema 16. Vascularización e inervación esquemáticas do membro inferior. |
16.1. Vascularización esquemática do membro inferior.
16.2. Inervación esquemática do membro inferior.
|
MÓDULO 3: CABEZA E TRONCO. |
Temas 17 ao 24. |
Tema 17. Osteoloxía da cabeza e do tronco. |
17.1. Estudo da columna vertebral.
17.1.1. Estudo dunha vértebra tipo.
17.1.2. Vértebras cervicais, torácicas e lumbares.
17.1.3. Sacro e cóccix.
17.2. Estudo do tórax.
17.2.1. Esternón, costelas e cartilaxes costais.
17.3. Cabeza ósea.
17.3.1. Osos do cranio.
17.3.2. Osos da cara. |
Tema 18. Articulacións da columna vertebral.
|
18.1. Articulacións comúns á maioría das vértebras. Movementos.
18.2. Articulacións entre occipital, atlas e axis. |
Tema 19. Articulacións do tórax. |
19.1. Articulacións costovertebrais.
19.2. Articulacións costocondrais.
19.3. Articulacións condroesternais.
|
Tema 20. Músculos da rexión do tórax. |
20.1. A respiración: mécanica dos movementos respiratorios.
20.2. Músculo toraco-abdominal ou diafragma.
20.3. Músculos do tórax.
|
Tema 21. Músculos motores da columna vertebral. |
21.1. Músculos do pescozo: grupos lateral, recto e prevertebral.
21.2. Músculos do dorso do tronco.
21.3. Músculos do abdome. |
Tema 22. Articulacións da cabeza. |
22.1. Articulacións do cranio.
22.2. Articulacións da cara.
22.3. Articulación témporo-mandibular.
|
Tema 23. Músculos da cabeza. |
23.1. Músculos da cabeza.
23.2. Músculos que moven a articulación temporomandibular. |
Tema 24. Vascularización e inervación esquemáticas da cabeza e do tronco. |
24.1. Vascularización e inervación esquemática da cabeza.
24.2. Vascularización e inervación esquemática do tronco. |
MÓDULO 4: MEMBRO SUPERIOR. |
Temas 25 a 34. |
Tema 25. Osteoloxía do membro superior. |
25.1. Osos da cintura escapular: clavícula e escápula.
25.2. Úmero.
25.3. Radio e ulna.
25.4. Osos da man: carpo, metacarpianos e falanxes.
|
Tema 26. Complexo articular do ombro. |
26.1. Articulación esternoclavicular.
26.2. Articulación acromioclavicular.
26.3. Sinsarcose escapulotorácica.
26.4. Articulación glenoumeral.
26.5. Bolsa subacromiodeltoidea.
|
Tema 27. Músculos da rexión do ombro. |
27.1. Músculos que actúan sobre as articulacións dos osos da cintura escapular.
27.2. Músculos motores da articulación glenoumeral.
27.2.1. Músculos flexores e extensores.
27.2.2. Músculos abductores e aductores.
27.2.3. Músculos rotadores internos e externos. |
Tema 28. Articulación do cóbado. |
28.1 Estudo anatomofuncional da articulación do cóbado. |
Tema 29. Articulacións entre os osos do antebrazo. |
29.1. Articulación radiocubital proximal.
29.2. Articulación radiocubital distal.
29.3. Sindesmosis radiocubital ou membrana interósea. |
Tema 30. Articulación do pulso. |
30.1. Cámara proximal: articulación radiocarpiana.
30.2. Cámara distal: articulación mediocarpiana. |
Tema 31. Articulacións da man. |
31.1. Articulacións dos osos do carpo.
31.2. Articulacións carpometacarpianas.
31.3. Articulacións intermetacarpianas.
31.4. Articulacións metacarpofalánxicas.
31.5. Articulacións interfalánxicas.
|
Tema 32. Músculos da rexión do antebrazo |
32.1. Músculos da rexión anterior do antebrazo.
32.2. Músculos da rexión lateral do antebrazo.
32.3. Músculos da rexión posterior do antebrazo. |
Tema 33. Músculos da rexión da man. |
33.1. Músculos motores da rexión da man.
33.2. Movementos de prensión da man. |
Tema 34. Vascularización e inervación esquemáticas do membro superior. |
34.1. Vascularización esquemática do membro superior.
34.2. Inervación esquemática do membro superior.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B7 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A14 A22 A27 B1 |
28 |
70 |
98 |
Prácticas de laboratorio |
A19 A28 B2 B4 B9 B10 C1 |
12 |
30 |
42 |
Estudo de casos |
C3 C6 C7 C8 |
5 |
2 |
7 |
Proba mixta |
C1 C6 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
- Farase unha presentación da asignatura, coa lectura dos aspectos máis importantes da guía docente, e resolveranse as cuestións que plantexe o alumnado sobre a mesma.
- Avaliaránse os coñecementos previos do alumnado no ámbito da Bioloxía e a Física que lle permitan abordar con seguridade os contidos da Anatomía e a Cinesioloxía.
- Discutirase sobre a motivación pola que o alumnado inicia estes estudios e sobre cal é a importancia que neles lle asignan ao estudo da Anatomía e a Cinesioloxía.
- A información obtida permitirá iniciar e desenrolar a docencia con maiores garantías de comprensión e interese por parte do alumnado.
- Proporcionaranse orientacións e consellos xerais para o estudio axeitado da materia. |
Sesión maxistral |
- As sesións maxistrais levaranse a cabo en grupo grande (de 60 ou máis alumnos/as).
- A maior parte da sesión dedicarase a resolver as dúbidas ou dificultades que o alumnado atope ao longo do estudo e preparación previa dos temas, cos materiais proporcionados ou recomendados polo profesor. Durante estas sesións, o profesor fará unha exposición oral e resumida dos contidos máis importantes, coa axuda de medios audiovisuais.
- Nestas sesións faranse preguntas dirixidas ao alumnado para que reflexionen sobre os aspectos máis relevantes e fixen, de este modo, ditos conceptos. |
Prácticas de laboratorio |
- A docencia interactiva (prácticas de laboratorio) levarase a cabo en grupos medianos (de 20 alumnos/as).
- Nelas abordaranse os contidos de Osteoloxía e Cinesioloxía, coa axuda de maquetas e pezas esqueléticas humanas.
- Previamente á práctica, o alumnado fará un estudo (non presencial) dos osos que correspondan a cada práctica, co material docente dispoñible en Moodle.
- O profesor resolverá ás dúbidas que os alumnos poidan plantexar, e incidirá nos elementos máis relevantes de cada peza ósea e dos movementos articulares. |
Estudo de casos |
- Os estudos de casos vanse desenrolar en grupos medianos (de 20 alumnos/as).
- Consistirán no estudo de patoloxías ou lesións nas que están implicadas estructuras anatómicas, así como pode ser a resolución de problemas de análises articulares e musculares de posturas ou de movementos propostos polos profesores. |
Proba mixta |
- Consistirá en probas mixtas parciais e final que permitan avaliar a adquisición dos obxectivos sobre os coñecementos e competencias da materia.
- Explícase con máis detalle no apartado de Avaliación.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Actividades iniciais |
Prácticas de laboratorio |
Estudo de casos |
Sesión maxistral |
Proba mixta |
|
Descrición |
A atención personalizada concrétase en diferentes situacións:
- Correo electrónico (de luns a venres en días laborables): atención personalizada ás consultas dos/as alumnos/as que se fagan a través do correo electrónico. No caso de alumnado con matrícula parcial, poderán consultar todas as súas dúbidas por correo electrónico ou por Teams.
- Microsoft Teams (de luns a venres en días laborables). O alumnado poderá concertar unha cita previa por correo electrónico para manter unha reunión personalizada en Teams nas horas de titorías, nas que se resolverán as dúbidas e se darán consellos para a aprendizaxe idónea da materia.
- Interacción persoal co alumnado nas clases maxistrais, nas prácticas de laboratorio e nos estudos de casos. O profesor resolverá as dúbidas que poidan xurdir e comprobará a aprendizaxe do alumnado ao longo do curso.
- Revisión da proba mixta, na que se explicarán os erros nas cuestións plantexadas e se aclararán dúbidas sobre ditos conceptos.
No caso de alumnado con adicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia, a atención personalizada levarase a cabo mediante correo electrónico ou Teams e na revisión da proba mixta.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
C1 C6 |
¡IMPORTANTE ! Vexa as observacións de avaliación máis abaixo.
- As probas mixtas incluirán tódolos contidos impartidos en tódalas sesións maxistrais, nos estudos de casos e en tódalas prácticas de laboratorio.
As preguntas poden ser de diferentes tipos: preguntas curtas; de verdadeiro/falso; de tipo test con varias opcións de resposta (das que somentes unha será correcta ou ben de resposta múltiple). |
100 |
|
Observacións avaliación |
AVALIACIÓN Contémplanse dúas modalidades de avaliación: avaliación continua e avaliación única final. A avaliación continua será a modalidade preferente. O alumnado poderá optar pola avaliación única final sempre que a solicite, de xeito motivado, na primeira semana do cuadrimestre de impartición da asignatura. Excepcionalmente, a solicitude de avaliación única final poderá realizarse fora do prazo establecido en casos de cambios de situación laboral ou de problemas de salud sobrevidos, debidamente xustificados. A solicitude de avaliación única final supón a renuncia á avaliación continuada. AVALIACIÓN CONTINUA.- - É obrigatoria a asistencia ao 70% das sesións de docencia expositiva e ao 70% das sesións de prácticas de laboratorio. O incumprimento desta porcentaxe mínima de asistencia implicará que o alumno/a non poderá seguir coa avaliación continua e pasará a acollerse únicamente á avaliación única final tanto na primeira como na segunda oportunidade. O alumnado que, por causas xustificadas contempladas na normativa académica, non acade a porcentaxe de presencialidade esixida, poderá seguir realizando a avaliación continua. A xustificación das ausencias deberá estar documentada. Os requisitos para superar a asignatura mediante avaliación continua son: - Avaliación continua formativa (75% da puntuación total final).- Consistirá en tres probas obxetivas parciais (presenciais ou a través de Moodle da UDC) que terán lugar ao longo do cuadrimestre. Estas probas terán as seguintes puntuacións: - Bloque 1 (Introducción e xeralidades): 25% da puntuación total final. - Bloque 2 (Membro inferior).- 25% da puntuación total final. - Bloques 3 y 4 (Cabeza e tronco e Membro superior).- 25% da puntuación total final. - Avaliación continua mediante unha proba mixta global (25% da puntuación total final) .- Consistirá nunha proba global de tódolos contidos da asignatura e que coincidirá coas datas oficiais da primeira e a segunda oportunidade. Na primeira oportunidade, para superar a asignatura mediante avaliación continua será preciso obter un 50% da puntuación total, que será a suma das puntuacións da avaliación continua formativa e a da proba mixta global. Segunda oportunidade.- O alumnado que suspenda a asignatura na primeira oportunidade, poderá presentarse á proba mixta global na segunda oportunidade, que terá o mesmo valor que na primeira (25% da puntuación total final). Nesta segunda oportunidade manteránse as puntuacións obtidas nas tres probas parciais. Non se gardará ningunha cualificación para convocatorias do seguinte ou seguintes cursos académicos. AVALIACIÓN ÚNICA FINAL.- A esta modalidade de avaliación acolleráse todo o alumnado que optou por esta modalidade de avaliación, así como o alumnado con matrícula parcial. Consistirá nunha proba mixta final (proba única que se valora ata un 100% da puntuación final). Terá lugar nas datas oficiais das probas de primeira e segunda oportunidade. Para superar a asignatura mediante este tipo de avaliación será preciso obter un 60% da puntuación total da proba. Idioma das probas escritas de avaliación.- - As probas serán redactadas en castelán. Se alguén desexase facer a/as probas en galego, deberá solicitalo cunha semana de antelación. Outras consideracións.- - O alumnado con diversidade funcional que se poida ver afectado polo tipo de avaliación deberá comunicalo ao profesor para adaptar as probas tanto en duración como realizando outro tipo de proba. - Cada proba parcial ou final poderá constar de preguntas de diferentes tipos: pregunas curtas; de verdadeiro/falso; de tipo test con varias opcións de resposta (das que somentes unha será correcta ou ben de resposta múltiple). - O alumnado con matrícula parcial terá os mesmos criterios de avaliación e a mesma atención personalizada que o resto de alumnado con matrícula completa. - A realización fraudulenta das probas (copiando ou coa axuda de dispositivos electrónicos, teléfonos móbiles, etc) implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en tódalas actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. Asemade, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, de 25 de febreiro de 2022), o fraude académico, considerase falta moi grave, pudendo implicar a expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumplimento; así como a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académico calquer comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun examen ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha asignatura ou acreditar o rendemento académico (art. 11) As cualificacións finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. Estas cualificacións serán: 0-4.9=Suspenso; 5-6.9=Aprobado; 7-8.9=Notable; 9-10=Sobresaliente; Matrícula de Honra (graciable a partir de 9). O alumnado cunha cualificación final global superior a 9,0 puntos (sobre 10) que queira optar á cualificación de “Matrícula de Honra” deberá asistir, unha vez finalizadas tódalas probas, a unha reunión co profesor, onde deberá responder de xeito oral a preguntas dos contidos da asignatura.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Pró EA. (2012). Anatomía clínica. Editorial Médica Panamericana
Latarjet, M y Ruiz-Liard, E. (2006 ). Anatomía humana. Madrid: Médica Panamericana.
García-Porrero JA y Hurlé JM. (2005). Anatomía Humana. McGraw Hill
Rouviere, H.; Delmas, A. (2005). Anatomía humana. Tomo I: cabeza y cuello. Barcelona: Masson.
Rouviere, H.; Delmas, A. (2005). Anatomía humana. Tomo II: tronco. Barcelona: Masson.
Rouviere, H.; Delmas, A. (2005). Anatomía humana. Tomo III: miembros. Barcelona: Masson.
Lippert, L. (2013). Anatomía y Cinesiología clinicas. Barcelona. Editorial Paidotribo
Schünke, M.; Schulte, E. y Schumacher, U. (2015). Colección Prometheus. Texto y Atlas de anatomía. . Madrid: Médica Panamericana.
Mansfield, P. y Neumann, D. (2014). Essentials od Kinesiology. Elsevier
Kapandji, A. (2010). Fisiología articular. Tomo 1: Miembro superior.. Madrid: Médica Panamericana.
Kapandji, A. (2010). Fisiología articular. Tomo 2: Miembro inferior.. Madrid: Médica Panamericana.
Kapandji, A. (2011). Fisiología articular. Tomo 3: Tronco y raquis.. Madrid: Médica Panamericana.
Kendall, FP. (2007 ). Kendall's musculos, pruebas funcionales. Postura y dolor.. Madrid: Marbán
Muscolino, J. (2017 ). Kinesiology The Skeletal System and Muscle Functions 3rd edition. Elsevier
Floyd, RT. (2008). Manual de cinesiología estructural.. Barcelona: Paidotribo.
Llusá Pérez, M. y Merí Vived, Á. (2004). Manual y Atlas fotográfico del Aparato Locomotor. Edit. Médica Panamericana
Netter, F.H. (2007). Netter. Atlas de anatomía humana. . Barcelona: Masson.
www.anatomystandard.com (). Web de Osteología. |
Nos guións sobre obxectivos de coñecementos e competencias para cada tema, dispoñibles na plataforma de teleensinanza, indícanse tamén os capítulos e os libros máis recomendables para o seu estudo. |
Bibliografía complementaria
|
Palastanga, N; Field, D.; Soames, R. (2000). Anatomía y movimiento humano. Estructura y funcionamiento.. Barcelona. Paidotribo.
Drake, RL; Vogel. AW: Mitchell, A (2010 2ª ed.). Gray. Anatomía para estudiantes.. Elsevier
Olson T.R. (1997). A.D.A.M. Atlas de anatomía humana.. Barcelona. Masson-Williams & Wilkins.
Pérez Casas, A.; Bengoechea, M.E. (1987). Anatomía funcional del Aparato locomotor.. Oviedo. Gráficas Summa.
Orts Llorca, F. (1969). Anatomía Humana .. Barcelona. Editorial Científico-Médica.
Nordin, M; Frankel, V.H. (2004). Biomecánica básica del sistema musculoesquelético. Madrid. McGraw-Hill/Interamericana
Luttgens K. Wells K.F (1985). Kinesiología. Bases científicas del movimiento humano.. Philadelphia. Saunders Collegue Publishing |
Nas prácticas de Laboratorio para o estudo da
Osteoloxía, pódense utilizar tamén os seguintes cadernos de prácticas: Prácticas de Anatomía
Humana. Osteología del miembro inferior. Autores:
Carlos Mª Agrasar Cruz. Juan Suárez Quintanilla. Javier de Toro Santos. Esther Fernández
Fernández. Colección Cuadernos Técnico-Pedagógicos del I.N.E.F. Cuaderno
Técnico Pedagógico nº 34. Edit.Agrupación Deportiva I.N.E.F. de Galicia. 2000.
ISBN 84-699-2087-1. Prácticas de
Anatomía Humana. Osteología de la cabeza y tronco. Autores:
Carlos Mª Agrasar Cruz. Javier de Toro Santos. Mª Teresa Jorge Mora. Esther
Fernández Fernández. Colección CuadernosTécnico-Pedagógicos del I.N.E.F.
Cuaderno Técnico Pedagógico nº 35. Edit. AgrupaciónDeportiva I.N.E.F. de
Galicia. 2000.
ISBN 84-699-2672-1.
Prácticas de Anatomía Humana.
Osteología del miembro superior. Autores: Carlos Mª Agrasar
Cruz. Mª Ángela Varela Martínez. Mª Consuelo Martínez Otero. Xosé Antón Pedrido
Fernández. Colección Cuadernos Técnico-Pedagógicos del I.N.E.F. CuadernoTécnico
Pedagógico nº 41. Edit. Agrupación Deportiva I.N.E.F. de Galicia. 2002. ISBN
84-699-8575-2. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Fisioloxía do exercicio I/620G01013 | Biomecánica do movemento humano/620G01014 |
|
|