Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A14 |
Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade. |
A18 |
Deseñar e aplicar métodos adecuados para o desenvolvemento e a avaliación técnico-científica das habilidades motrices básicas nas diferentes etapas evolutivas do ser humano, considerando o xénero. |
A19 |
Planificar, desenvolver, controlar e avaliar técnica e cientificamente o proceso de adestramento deportivo nos seus distintos niveis e nas diferentes etapas da vida deportiva, de equipos con miras á competición, tendo en conta as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero na actuación do adestrador e nos deportistas. |
A22 |
Comprender os fundamentos neurofisiolóxicos e neuropsicolóxicos subxacentes ao control do movemento e, de ser o caso, ás diferenzas por xénero. Ser capaz de realizar a aplicación avanzada do control motor na actividade física e o deporte. |
A27 |
Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes. |
A29 |
Identificar os riscos para a saúde que se derivan da práctica de actividade física insuficiente e inadecuada en calquera colectivo ou grupo social. |
A35 |
Coñecer e saber aplicar o método científico nos diferentes ámbitos da actividade física e o deporte, así como saber deseñar e executar as técnicas de investigación precisas, e a elección e aplicación dos estatísticos adecuados. |
A36 |
Coñecer e saber aplicar as novas tecnoloxías da información e a imaxe, tanto nas ciencias da actividade física e do deporte, como no exercicio profesional. |
B1 |
Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte. |
B2 |
Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte. |
B3 |
Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B9 |
Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico. |
B10 |
Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte. |
B11 |
Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. |
B13 |
Coñecer e aplicar metodoloxías de investigación que faciliten a análise, a reflexión e cambio da súa práctica profesional, posibilitando a súa formación permanente. |
B20 |
Coñecer, reflexionar e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo a partir das prácticas externas en algún dos principais ámbitos de integración laboral, en relación ás competencias adquiridas no grao que se verán reflectidas no traballo fin de grao. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer o concepto actual de Biomecánica, orixe do termo, obxecto de estudo e os seus ámbitos aplicación. Coñecer os principais feitos históricos da biomecánica así como os seus precursores. Interpretar correctamente o seu ámbito de estudo e a súa relación interdisciplinar con outras ciencias do deporte, e a súa relación con ciencias afíns. |
A35 A36
|
B2
|
C6 C8
|
Coñecer, comprender e aplicar os coñecementos da cinemática e a cinética do movemento humano.
Así como manexar e explicar con precisión a terminoloxía mecánica. |
A27 A36
|
B2 B11 B20
|
C6
|
Comprender a influencia do medio no movemento humano e aplicar este coñecemento na optimización do movemento na terra na auga e no aire. |
A27
|
B2 B3
|
C7
|
Coñecer as leis básicas do comportamento mecánico dos materiais e aplicalas aos tecidos biolóxicos comprendendo a súa influencia no movemento e o seu as causas do seu fracaso estrutural
|
A14 A27 A29 A36
|
B1 B2
|
C7
|
Adquirir coñecementos básicos de ergonomía e aplicala ao ambito da educación física e deporte. Coñecer os aspectos biomecánicos básicos de bipedestación, locomoción e habilidades motrices básicas |
A14 A18 A22
|
B2 B11
|
C6
|
Coñecer os métodos e ferramentas de investigación en Biomecánica. Ser capaz de analizar e interpretar gráficos e ilustracións das análises biomecánicos. Comprender as fontes bibliográficas básicas, manexar a terminoloxía científica específica da biomecánica e ser capaz de autoformarse neste ámbito |
A18 A19 A27 A35 A36
|
B1 B2 B9 B10 B11 B13 B20
|
C3 C6 C8
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1.-Biomecánica |
1.1.-Conceptualización.
1.2.-Evolución histórica, desenvolvemento e situación actual
1.3.-Relación con ciencias afíns e novas tendencias |
2.-Mecánica aplicada ao movemento humano |
2.1.-Introdución á mecánica
2.2.-Descrición do movemento: Cinemática aplicada ao movemento humano
2.3.-A causa do movemento: Dinámica aplicada ao movemento humano
2.4.-O equilibrio: Estática. Equilibrio en diferentes medios e situacións
2.5.-Enerxética do movemento: Traballo, potencia , enerxía e eficiencia do movemento
2.6.-O medio. Movemento sobre a terra, a a auga e no aire |
3.-Biomecánica estructural |
3.1.-Reoloxía. Comportamento mecánico dos materiais
3.2.-Biomecánica do tecido óseo
3.3.-Biomecanica articular. Comportamento mecánico do cartílago
3.4.-Comportamento mecánico de tendónes e ligamentos
3.5.-Biomecánica muscular |
4.-Biomecánica das habilidades básicas |
4.1.-O home como sistema biomecánico
4.2.-Biomecánica da postura. Bipedestación. Sedestación
4.3.- Patrons básicos de Movemento
4.4.-Conceptos básicos de ergonomía. Características ergonómicas do posto escolar. Ergonomia aplicada aos exercicios físicos
4.5.-Biomecánica da marcha
4.6.-Biomecánica da carreira
4.7.-Biomecánica dos saltos
4.8.-Biomecánica dos lanzamentos
4.9.-Biomecánica dos golpeos |
5.-Metodos e ferramentas de investigación en Biomecánica |
5.1.-Metodos de análise cinemático. Metodos directos e indirectos
5.2.-Metodos de análise cinético. Dinámica inversa
5.3.-Electromiografía |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Introductory activities |
C7 |
2 |
0 |
2 |
Guest lecture / keynote speech |
A22 A27 A29 A36 B1 B13 B20 C6 C8 |
24 |
48 |
72 |
Mixed objective/subjective test |
B2 |
2 |
0 |
2 |
Case study |
A14 B3 |
10 |
20 |
30 |
Supervised projects |
A19 A35 B10 |
6 |
24 |
30 |
Workbook |
A18 B9 B11 |
2 |
2 |
4 |
Document analysis |
C3 |
4 |
4 |
8 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Introductory activities |
Farase unha presentación da materia e resolveranse as cuestións que expoña o alumnado sobre a mesma. Realizarase unha avaliación para coñecer o nivel de coñecemento previo da materia e das súas fontes directas ( anatomía, fisioloxía, física e matemáticas ) e indirectas ( informática, técnicas de imaxe...).
Discutirase sobre a motivación do alumnado para afrontar os contidos desta materia e a importancia que teñen os coñecementos de biomecánica no deporte actual
Proporcionaranse orientacións e consellos xerais para o estudo da materia |
Guest lecture / keynote speech |
Levaranse a cabo en grupo grande (60 alumnos/as)
Exposición oral e resumida dos contidos máis importantes, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Mixed objective/subjective test |
Proba mixta que consta dunha proba obxectiva, na que se expón un número de preguntas entre 50 e 70 de tipo:
-Preguntas de elección múltiple, nas que o alumnado deberá escoller a resposta correcta entre cinco posibles opcións. Achega o 70% da nota obtida na avaliación.
|
Case study |
O alumnado enfróntanse á descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. Os/as estudantes enfrontaranse a un caso concreto dun problema de movemento humano e deben ser capaces de analizar unha serie de aspectos biomecánicos, para chegar a unha solución a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Supervised projects |
Realizarán un traballo continuo sobre unha folla de cálculo en que se irán desenvolvendo supostos dos temas de mecánica aplicada ao movemento humano, resolvéndose con simulación diversos problemas expostos nas sesións de clase.
Estes traballos realizaranse de forma individual ou en grupos de ata tres alumnos. Aporta o 20% da nota |
Workbook |
Lectura de artigos ou capítulos de libros seleccionado para a profundización dalgúns temas |
Document analysis |
Utilización de documentos audiovisuais, páxinas web e documentos bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Achega o 10% da nota |
Personalized attention |
Methodologies
|
Supervised projects |
Document analysis |
|
Description |
A atención personalizada concrétase en diferentes situacións:
- Asignación de tempo para cada alumno/a, mediante cita previa por correo electrónico (j.r.barral@udc.es), para que poida acudir á tutorías personalizadas co profesor, nas que se resolverán as dúbidas e daranse consellos para a aprendizaxe idónea da materia.
- Interacción persoal co alumnado nas prácticas de pequeno grupo
- Atención ás consultas personalizadas que se fagan a través do correo electrónico.
- Revisión da proba obxectiva, na que se explicarán os erros nos conceptos básicos e aclararanse dúbidas.
Os traballos estarán tutelados polo profesorado nas sesións prácticas e durante as tutorías, así como por correo electrónico.
O alumnado con matrícula parcial terán atención do profesor na aula, no despacho nos horarios de tutorías e a través do correo electrónico, Moodle e Teams onde poderán acceder á documentación exposta na aula e aos traballos prácticos. Ademais poderán consultar todas as súas dúbidas por correo electrónico, ou concertando unha cita previa para manter unha conversación telefónica. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Mixed objective/subjective test |
B2 |
Proba mixta que consta dunha proba obxectiva, na que se expón un número de preguntas entre 50 e 70 de tipo:
-Probas de elección múltiple, nas que o alumno deberá escoller a resposta correcta entre cinco posibles opcións. Achega o 70% da nota obtida na avaliación.
Puntuación = (A- E/n-1) x 10/N
sendo A o número de respostas acertadas, E o número de respostas erróneas, n o número de opcións de resposta en cada pregunta e N o número total de preguntas
|
70 |
Supervised projects |
A19 A35 B10 |
O alumnado fará de 5 a 7 traballos durante o cuatrimestre nos que resolverán problemas nos que aplicarán a practica os contidos teóricos expicados na aula.
Estes traballos realizaranse de forma individual ou en grupos de ata tres alumnos/as |
20 |
Document analysis |
C3 |
Utilización de documentos audiovisuais, páxinas web e documentos bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. |
10 |
|
Assessment comments |
A asistencia á aula non computa na avaliación, pero a participación no 70% o as sesións de pequeno grupo entregando os exercicios realizados nas citadas sesións é imprescindible para que os traballos sexan incluídos na avaliación. A puntuación obtida polo alumnado será a suma arimética da obtida en cada una das metodoloxías de avaliación, sin esixirse un mínimo en cada unha de elas. O modelo de avaliación será o mesmo na segunda oportunidade ou en avaliacións posteriores que na primeira oportunidade. As cualificacións das partes da avaliación superadas na primeira oportunidade manteranse na segunda oportunidade. Os traballos tutelados e análises de documentais superados en calquera avaliación manteranse de maneira indefinida. Se se presentan novos traballos a nota destes substitúe á previa aínda que sexa inferior. O alumnado de matrícula a tempo parcial terán o mesmo modelo de avaliación e coas mesmas características que o resto das estudantes salvo nos casos que polas súas especiais circunstancias sexa precisa algunha modificación. E o alumnado non terá a obrigación de remitir ao profesor as tarefas realizadas nas sesións de pequeno grupo Non existe unha proposta concreta para os/as estudantes con diversidade dado que existen moitas posibilidades na diversidade, pero faranse as adaptacións necesarias en cada caso para conseguir as solucións máis adecuadas. Os traballos da materia poderán presentarse en galego ou en castelán. A proba mixta de maneira xeral exporase en castelán, existindo a posibilidade de ser realizada en galego para aqueles alumnos que o soliciten por escrito polo menos 7 días antes da data de avaliación. Contémplase a posibildade de opcións de avaliación alternativa para casos especiais e xustificados Si se realizasen probas on-line faríanse a través da plaraforma Moodle ou Teams A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, aperda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico(art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo,realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11). As cualificacións finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. Estas cualificacións serán: 0-4.9=Suspenso; 5-6.9=Aprobado; 7-8.9=Notable; 9-10=Sobresaliente; Matrícula de Honra (graciable a partir de 9).
|
Sources of information |
Basic
|
LLANA BELLOCH S., PEREZ SORIANO P. (2014). Biomecánica Básica Aplicda a la Actividad Física y el Deporte. Ed. Paidotribo
BLAZEVICH ANTHONY (2007). Biomecánica Deportiva. Manual para la mejora del Rendimiento Humani. Ed. Paidotribo
AGUADO JODAR X., IZQUIERDO R.M., GONZÁLEZ PÉREZ M. J..L. (1997). Biomecánica fuera y dentro del laboratorio. Servicio de Publicaciones de la Universidad de León
HAMILL J., KNUTZEEN K., DERRICK T. (2017). Biomecánica. Bases del Movimiento Humano. Ed. Lippincott
AGUADO JODAR, x (1993). Eficacia y Técnica Deportiva. Análisis del Movimiento Humano. Ed. INDE
GUTIERREZ DAVILA M (2015). Fundamentos de Biomecánica Deportiva. Ed, Síntesis
VIEL E (2002). La marcha humana, la carrera y el salto. Ed. Masson
PEREZ SORIANO P. (2018). Metodología y Aplicación Práctica de la Biomecánica Deportiva. Ed. Paidotribo
ARTEAGA ORTIZ R., VICTORIA D.J. (2001). Problemas de Biomecánica para estudiantes de Educación Física. Servicio de Publicaciones y Producción Documental Universidad de Las Palmas de Gran Canaria |
|
Complementary
|
LLANOS ALCAZAR F. (1988). Biomecánica del Aparato Locomotor. Editorial de la Universidad Complutense
VERA P., HOYOSJ.V., NIETO J. (1985). Biomecánica del Aparato Locomotor. Ed. IBV
IZQUIERDO M. (2008). Biomecánica y Bases Neuromusculares de la Actividad Física y el Deporte. Ed. Panamericana
RICHARDS JIM (2008). Biomechanics in Clinics and Research. Ed. Churchill Livinstone
CROMER A.H. (1986). Física para las Ciencias de la Vida. Ed. Reverter
ALEXANDER R.M. (1992). The Human Machine. Natural History Museum, Stationery Office Books |
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Anatomy and Kinetics of Human Movement/620G01002 | Bases of Physical Education and Sport/620G01004 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
Learning and Motor Control/620G01012 | Physiology of Exercise I/620G01013 |
|
Subjects that continue the syllabus |
Physiology of Exercise II/620G01025 | Sport Performance Methodology/620G01024 | Technology in Physical Activity and Sport/620G01034 | Theory and Practice of Sports Training/620G01037 |
|
Other comments |
O acceso do alumnado aos estudos do Grado en Ciencias da Actividade Física en o Deporte pode facerse dende calquera dos itinerarios de Bacherelato. Esta asignatura precisa que os estudantes posuan certos coñecementos previos no ámbito da física e das matemáticas, no caso de non telos e recomendable repasar os conceitos básicos nalgún dos textos recomendados na bibliografía. Coa
finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso
centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC,
con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación
das materias cursadas e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA”
consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia |
|