Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Xeometría Descritiva Código 630G02003
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Expresión Gráfica Arquitectónica
Coordinación
Perez Naya, Antonia Maria
Correo electrónico
antonia.perez.naya@udc.es
Profesorado
Perez Naya, Antonia Maria
Tarrio Carrodeguas, Santiago
Zas Gomez, Evaristo
Correo electrónico
antonia.perez.naya@udc.es
santiago.tarrio@udc.es
evaristo.zas@udc.es
Web
Descrición xeral A Xeometría Descritiva concíbese como soporte da linguaxe gráfica, posibilitando o uso do debuxo como expresión e representación do espazo arquitectónico. Achega rigor xeométrico á representación e análise da arquitectura e desenvolve a capacidade de imaxinación e lectura espacial.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aptitude para aplicar os procedementos gráficos á representación de espazos e obxectos (T)
A2 Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T)
A3 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos sistemas de representación espacial.
A4 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da análise e teoría da forma e as leis da percepción visual.
A5 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da xeometría métrica e proxectiva.
A6 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das técnicas de levantamento gráfico en todas as súas fases, dende o debuxo de apuntes á restitución científica.
A10 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das bases de topografía, hipsometría e cartografía e as técnicas de modificación do terreo.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolvemento da capacidade de imaxinación e lectura espacial, tanto para que o alumno poida imaxinarse no espazo un obxecto representado no plano, coma para que poida representar no plano o previamente imaxinado no espazo, é dicir, estimular a aprehensión espacial ou "ver no espazo" A1
A3
A4
A5
A6
A10
A63
B1
B4
B5
B12
C2
Achegar rigor xeométrico á representación e análise do espazo arquitectónico, sen esquecer que o proceso creativo do arquitecto se basea fundamentalmente na súa capacidade racional de percepción do espazo A1
A2
A3
A5
A10
B1
B4
B5
B12
C3
Estudo dos diferentes Sistemas de Representación gráfica de aplicación no campo arquitectónico, a partir dos seus fundamentos teóricos, cun afondamento diferenciado en función da súa operatividade, baseándose na selección do sistema máis adecuado en cada caso concreto A3
A5
A10
A63
B4
B5
C3
C6
C7
Desenvolvemento da expresividade mediante proxeccións intencionadas, perspectivas e trazado de sombras, útiles noutros ámbitos da formación arquitectónica A2
A3
A4
A5
A6
A63
B4
C3
C6
Introducir o alumno no coñecemento de exemplos arquitectónicos de interese que vaian formando a súa cultura arquitectónica, facéndoo ver que o seu obxectivo é a Arquitectura e non o debuxo en abstracto A1
A2
A3
A4
A5
A6
A10
B1
B5
B12
C1
C4
C5
C8
Introducir o alumno na representación da arquitectura mediante procesos informáticos, concretamente a utilización de programas CAD 3D A1
A2
A3
A4
A5
A63
C3

Contidos
Temas Subtemas
I.- SISTEMA DIÉDRICO.

TEMA 1.- CONCEPTO DE XEOMETRÍA DESCRITIVA.
1.1.- Obxectivos da Geometría Descritiva.
1.2.- Concepto de Proxección. Clasificación e propiedades.
1.3.- Concepto de biunivocidad. Os sistemas de representación. Clasificación.
1.4.- Elementos xeométricos no espazo. Notación.
TEMA 2. - XENERALIDADES DO SISTEMA DIÉDRICO. 2.1 Concepto do sistema.
2.2 Sistema Europeo e Americano.
2.3 Vistas auxiliares primarias:
- Plantas, Alzados e Cortes
TEMA 3.- VISTAS AUXILIARES SECUNDARIAS. 3.1.- Cambio de plano vertical.
3.2.- Cambio de plano horizontal.
3.3.- Doble cambio de plano.
TEMA 4. - ELEMENTOS XEOMÉTRICOS FUNDAMENTAIS.
4.1.- Representación da recta e o plano.
-Diferentes posicións.
4.2.- Rectas principais do plano.
4.3.- Relacións entre recta e plano.
-intersección e paralelismo
4.4.- Relaciones entre planos.
-intersección e paralelismo


TEMA 5. - VERDADEIRAS MAGNITUDES E FIGURAS PLANAS.

5.1.- Verdadeiras magnitudes:
- Por cambios de plano.
- Por xiro ou abatemento.
- Procedementos mixtos.
5.2.- Representación de figuras planas.

II.- SISTEMAS AXONOMÉTRICO E ACOUTADO

TEMA6.- XENERALIDADES DO SISTEMA AXONOMÉTRICO.

6.1.- Concepto do sistema.
6.2.- Axonometría ortogonal.
6.3.- Axonometría oblicua.
6.4.- Principais axonometrías.
TEMA 7. - XENERALIDADES DO SISTEMA ACOUTADO. REPRESENTACIÓN DO TERREO.
7.1.- Concepto do sistema.
7.2.- Superficies topográficas. Curvas de nivel.
7.3.- Perfís e panoramas.
7.4.- Análise e interpretación de superficies topográficas.


TEMA 8.- SISTEMA ACOTADO. RESOLUCIÓN DE CUBERTAS.

8.1.- Conceptos básicos.
8.2.- Coberta con faldóns de pendentes iguais.
8.3.- Coberta con faldóns de pendentes distintas.
III.- PERSPECTIVA LINEAL.

TEMA 9. -XENERALIDADES DA PERSPECTIVA LINEAL.
9.1.- Concepto de Perspectiva Lineal.
9.2.- Representación da recta.
9.3.- Representación do plano.
9.4.- Clasificación das perspectivas lineais.
TEMA 10. - MÉTODOS CLÁSICOS DA PERSPECTIVA. RAIOS VISUAIS. 10.1.- Perspectiva lineal central.
10.2.- Perspectiva lineal oblicua.
10.3.- Percepción visual e representación. Diagramas de deformación.
10.4.- Posición relativa dos elementos en perspectiva:
- Influencia do ángulo visual.
- Influencia da posición do punto de vista.
TEMA 11.- MEDICIÓN DIRECTA EN PERSPECTIVA. PUNTOS DE MEDICIÓN. 11.1.- Concepto de punto de medición.
11.2.- Perspectiva central.
11.3.- Perspectiva oblicua.
IV.- INTRODUCCION A TEORÍA DE SOMBRAS.

TEMA 12. - ELEMENTOS DE TEORIA DE SOMBRAS.
12.1.- Asoleo xeométrico.
12.2.- Sombra de puntos e segmentos verticais.
12.3.- Sombra de segmentos calquera.
12.4.- Contraproxección.
12.5.- Sombras de liñas curvas.
TEMA 13.- SOMBRAS EN PERSPECTIVA LINEAL. 13.1.- Luz solar paralela ao plano do cadro.
13.2.- Luz solar oblicua ao plano do cadro.
- Sol detrás do observador.
- Sol diante do observador.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B5 B12 C2 C5 C6 C7 C8 1 0 1
Sesión maxistral A3 A4 A5 A6 A10 15 15 30
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A63 B1 B4 B5 B12 C3 C4 C5 C6 C7 45 45 90
Proba práctica A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B4 B5 B12 C6 C7 4 10 14
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B1 B4 B5 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 11 13
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar.
Sesión maxistral Na que se expoñen as bases do coñecemento da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases o alumnado ten unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de debuxos na lousa, proxeccións en pantalla e sistemas informáticos (TICs). Tomará apuntamentos e formulará preguntas sobre os temas expostos. Ten por obxecto desenvolver os temas, proporcionando tanto os conceptos coma as ferramentas necesarias para a súa comprensión dende unha perspectiva na que a arquitectura se encontra sempre presente.
Obradoiro É aquí onde o alumnado participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios:
1.- Prácticas de debuxo sobre taboleiro cunha dedicación dunha sesión por práctica.
2.- Prácticas especiais como control do proceso de aprendizaxe.
Estas prácticas poderán constar de contidos teóricos.

Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos arquitectónicos de prestigiosos arquitectos/arquitectas ou elementos que se consideren axeitados, cuxos procesos de formalización sexan claros e definibles, co obxecto de que o alumnado vaia formando unha cultura arquitectónica.
Todos os exercicios son obligatorios e entregados na mesma sesión do obradoriro.
Proba práctica Realizarase unha proba final en xaneiro (xullo 2ª oportunidade) para todos aqueles alumnos que malia seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado, superando a materia por curso.
Constará de duas partes que se corresponderán cos contidos das dúas prácticas especiais realizadas no cuatrimestre.
Aprendizaxe colaborativa Formularanse traballos individuáis ou en grupo, que se deberán desenvolver a man alzada e en CAD.

As horas presenciais correspondentes a esta metodoloxía dedicaranse á formulación do traballo, a unha serie de clases teóricas, e ao seguimento colectivo e/ou personalizado de dito/s traballo/s proposto/s.

Esta metodoloxía refirese prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas" para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Aprendizaxe colaborativa
Actividades iniciais
Descrición
A materia concíbese eminentemente como experimental-práctica xa que o proceso de aprendizaxe do alumno se basea na realización de prácticas gráficas nas que participa activamente dentro dunha relación máis personalizada co profesor.

Desenvolverase de xeito individual ou en pequenos grupos, estará relacionada coas prácticas e traballos do curso.

Para conseguir os obxectivos establecidos considerarase recomendable a asistencia ás titorias do profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A63 B1 B4 B5 B12 C3 C4 C5 C6 C7 É aquí onde o alumnado participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios:
1.- Prácticas de debuxo sobre taboleiro cunha dedicación dunha sesión por práctica (cualificación 35%)
2.- Prácticas especiais como control do proceso de aprendizaxe do alumno (cualificación 50%). Estas prácticas poderán constar de contidos teóricos.

Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos arquitectónicos de prestigiosos arquitectos/arquitectas ou elementos que se consideren axeitados, cuxos procesos de formalización sexan claros e definibles, co obxecto de que o alumnado vaia formando unha cultura arquitectónica.

Todos os exercicios son obligatorios entregándose na misma sesión do obradoiro.
85
Proba práctica A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B4 B5 B12 C6 C7 A superación da materia na primeira oportunidade será o resultado de avaliación continua. A calificación do curso quedará definida do seguinte xeito:

35% prácticas semanais
50% prácticas especiais. Será necesario alcanzar unha calificación de 5 en cada unha delas.
15% traballo CAD

1ª OPORTUNIDADE (XANEIRO)

Realizarase unha proba final en xaneiro para todos os/as alumnos/as que a pesar de seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado na primeira oportunidad ou non superen algunha das prácticas especiais. Neste caso poderase presentar únicamente á que teña suspensa.

Deben cumplir as condicións seguintes:
- 80% asistencia e entrega de todas as prácticas semanais.
- Entrega do traballo en CAD

A cualificación mínima da proba para superar a materia será de 5 puntos sobre 10. A nota final será resultado da proba práctica e do traballo desenvolvido ao longo do curso.

2ª OPORTUNIDADE (XULLO)

Realizarase unha segunda proba final en xulio para todos os/as alumnos/as que a pesar de seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado na primeira oportunidad. Esta proba comprenderá todos os contidos da materia.

Deben seguir cumplindo as condicións seguintes:
- 80% asistencia e entrega de todas as prácticas semanais.
- Entrega do traballo en CAD

A cualificación mínima da proba para superar a materia será de 5 puntos sobre 10. A nota final será resultado da proba práctica e do traballo desenvolvido ao longo do curso.
0
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B1 B4 B5 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Formularanse traballos en grupo que deberán desenvolver a man alzada e en CAD e TICS.

As horas presenciais correspondentes a esta metodoloxía dedicaranse á formulación do traballo, a unha serie de clases teóricas, e ao seguimento colectivo e/ou personalizado de dito/s traballo/s proposto/s.
15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia na 1ª oportunidade e/ou 2ª oportunidad aquel alumnado que, de modo xustificado, non podan cumplir o 80% da asistencia e entregas de practicas e traballos tutelados, o profesorado definirá de xeito particularizado as condicions de avaliación. 

Medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial: non se contemplan, debido a que se trata dunha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental.  

Dispensa académica: non se contempla, por ser unha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental.

A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

 


Fontes de información
Bibliografía básica SCHAARWACHTER,G. (1983). Perspectiva para arquitectos. México: Gustavo Gili
BARTSCHI, W. (1980). El estudio de las sombras en perspectiva. Barcelona:Gustavo Gili
FRANCO TABOADA, J. A (2011). Geometría Descriptiva para la Representación Arquitectónica. Vol. 1. Fundamentos. Santiago de Compostela: Andavira
FRANCO TABOADA, J. A (2011). Geometría Descriptiva para la Representación Arquitectónica. Vol. 2. Geometría de la Forma Arquitectónica. Santiago de Compostela: Andavira
PÉREZ NAYA, A. M.; TARRÍO CARRODEGUAS, S. B. (2015). Geometría Descriptiva y Arquitectura. Trabajos docentes a partir de obras y proyectos de David Chipperfield.. A Coruña:
SANCHEZ GALLEGO, J. A (1993). Geometría Descriptiva. Sistemas de Proyección Cilíndrica. Barcelona: Ediciones U.P.C
GHEORGHIU Y DRAGOMIR. (1978). Geometry of Structural Forms . London : Applied Science Publishers, cop.
WAY, M., (1991). La perspectiva en el dibujo,. Barcelona: Omega
VILLANUEVA BARTRINA, L. (1996). Perspectiva lineal. Su relación con la fotografía. Barcelona:Ediciones U.P.C

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Considérase fundamental para a comprensión da materia que o alumno teña unha boa formación na materia de Debuxo Técnico de Bacharelato.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías