Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A34 |
Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T) |
A37 |
Capacidade para elaborar programas funcionais de edificios e espazos urbanos. (T) |
A39 |
Aptitude para suprimir barreiras arquitectónicas. (T) |
A50 |
Coñecemento axeitado dos métodos de estudo dos procesos de simbolización, as funcións prácticas e a ergonomía. |
A53 |
Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos. |
A55 |
Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto. |
A56 |
Coñecemento axeitado das bases da arquitectura vernácula. |
A57 |
Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas. |
A63 |
Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas. |
B1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B6 |
Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta |
B9 |
Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes |
B12 |
Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O resultado da aprendizaxe da materia é o coñecemento esencial e específico do título de Grao: a capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozo e anteproxectos.
Na preparación e desenvolvemento do curso e na selección de lugares e proxectos prestarase especial atención ao respecto pola natureza e ao emprego de boas prácticas ambientais. |
A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 A63
|
B1 B2 B3 B6 B9 B12
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1_COMPRENDER/COÑECER UN LUGAR.
Entende-lo territorio contextualmente como un soporte complexo de realidades construídas. |
1.1. Coñecemento presencial do lugar designado.
-Identidade do lugar.
1.2. Análise do espazo dende diferentes perspectivas: xeográfica, paisaxística, cultural e histórica.
-Recursos e métodos.
1.3. Síntese persoal do lugar.
|
2_APREHENDER UN LUGAR.
Relacións entre o contexto e a arquitectura. Relacións do urbano co medio.
|
2.1. Valoración das preexistencias.
2.2. A escala como recurso.
-Noción de escala do medio construído.
2.3. Espazo público e espazo privado
Categorías espaciais.
|
3_ PROXECTAR O LUGAR
A ocupación e vivencia dun espazo urbano público e privado.
|
3.1. Obxectivos
-Desenrolo de elementos propios del ámbito urbano.
-Condicionantes de relación: contexto urbano, estructuras do lugar (topografía, clima, escala, materialidade-tectónica, tipoloxías, viarios, etc.)
3.2. Espazo arquitectónico exterior-interior
- Tramas, patrons, texturas, límites, proporcións, ritmos, formas, escala, percepción háptica, luz.
3.3.Cometidos
-O espazo como medio social
-O espazo como medio funcional
|
4_ PROCESOS
Desenrolo dun sistema de ferramentas para o proxecto arquitectónico.
|
4.1. Elaboración do proxecto a través de bosquexos, esquemas, planos, maquetas.
-Ideación como articulación.
-Formalización como concreción.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A34 A37 A53 A55 A56 A57 B3 B12 C4 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A34 A37 A39 A50 A55 A56 A57 B9 B12 C8 |
9 |
0 |
9 |
Proba obxectiva |
A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 |
4 |
0 |
4 |
Discusión dirixida |
A34 A37 C1 C6 |
6 |
0 |
6 |
Saídas de campo |
A34 A37 A55 A56 A57 B12 C4 C8 |
4 |
0 |
4 |
Obradoiro |
A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 A63 B1 B2 B3 B6 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
48 |
114 |
162 |
Análise de fontes documentais |
A34 A37 A53 A55 A56 A57 B6 |
0 |
6 |
6 |
Esquemas |
A34 A37 B1 B2 B3 B6 |
0 |
6 |
6 |
Lecturas |
A53 A55 A56 A57 B6 |
0 |
6 |
6 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A34 A63 C7 C8 |
3 |
3 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Presentación dos obxectivos, contidos e metodoloxías da materia. Introdución sobre o lugar no que se vai traballar, expoñendo os proxectos que se desenvolverán nel ao longo do cuadrimestre.
|
Sesión maxistral |
Exposición oral, con apoio multimedia, dos contidos teóricos da materia, co obxectivo de trasladar coñecementos, fomentar o seu desenvolvemento e facilitar ao alumno a elaboración do traballo específico do Obradoiro. Estimulando a súa aprendizaxe autónoma. |
Proba obxectiva |
Desenvolvemento na aula dunha práctica que demostre de forma sintética as habilidades e competencias adquiridas polo alumno ao redor dos temas tratados no desenvolvemento dos exercicios de curso.
Esta proba poderá incluír preguntas sobre os temas tratados nas Clases Maxistrais. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por el profesor. |
Saídas de campo |
Visita ao lugar onde se desenvolverán os traballos do cuadrimestre. O obxectivo é a observación directa e sistemática do lugar, recollendo información, toma de datos, bosquexos, análise, etc. |
Obradoiro |
O Obradoiro é a modalidade formativa básica da materia. Está orientado á aplicación de aprendizaxes nos que se poden combinar diversos métodos (prácticas individuais e en grupo, exposición dos traballos, debates e comentarios, así como a docencia individualizada).
A través do obradoiro, o alumnado desenvolverá os proxectos propostos, co apoio e supervisión do profesorado.
Aprendizaxe colaborativa: A clase organízase en pequenos grupos, onde os alumnos co profesor traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas. Desta forma procúrase reunir e compartir a máxima información posible (toma de datos e medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, análise da parcela, procura de exemplos, construción da maqueta xeral do emprazamento, etc.). O obxectivo é optimizar a aprendizaxe.
Realizaranse exposicións orais complementarias sobre os temas teóricos correspondentes a cada fase do exercicio en curso, que permitirán ao alumno enfrontarse coa materia e desenvolver as prácticas do obradoiro.
Os resultados do Obradoiro, colectivos e individuais, formarán parte do Portafolio do alumno.
|
Análise de fontes documentais |
Constitúe a recompilación e proceso de datos que o alumno elaborou a partir das sesións teóricas e das consultas en bibliotecas e outros arquivos.
Este traballo recollerase no Portafolio do alumno. |
Esquemas |
Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados coas reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntamentos. Vinculados aos lugares de traballo e ao desenvolvemento da cada un dos exercicios propostos.
Este traballo recollerase no Portafolio do alumno. |
Lecturas |
Lectura crítica da bibliografía facilitada e da complementaria seleccionada polo alumno. Resumos e anotacións do lido sintetizando os contidos fundamentais e as principais ideas.
Este traballo recollerase no Portafolio do alumno. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e/o participación en eventos científicos e/o divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia.
Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa publicación ou exposición pública. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
O profesor responsable do Obradoiro simultaneará o seguimento colectivo do grupo co de cada alumno, garantizando a evolución do proceso proxectual individual.
Esta atención personalizada estenderase á docencia do Obradoiro compartido con outras materias. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 A63 B1 B2 B3 B6 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Proxectos 3 impartirase no Taller ao longo de aproximadamente 30 encontros, dos cales 15 son de docencia compartida.
Cualificarase a través dunha avaliación continua onde o alumno desenvolverá un traballo constante, con resultados parciais que mostren unha progresión ascendente. Os requisitos imprescindibles, ademais da calidade e a progresión ascendente do traballo de curso, son:
1º. Ter entregados todos os exercicios nos prazos e forma indicados na materia.
2º. Acreditar unha asistencia mínima, tanto ao taller como á docencia compartida, do 80% en cada unha delas.
O traballo persoal do alumno cualificarase a través de dous exercicios desenvolvidos durante o cuadrimestre, realizados no Taller, recollidos no Portafolios. |
80 |
Proba obxectiva |
A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 |
A proba obxectiva consistirá nunha práctica que demostre de maneira sintética as habilidades e competencias adquiridas polo alumno ao redor dos temas tratados ao longo dos exercicios do curso.
Esta proba poderá incluír preguntas sobre os temas tratados nas Clases Maxistrais.
|
20 |
Análise de fontes documentais |
A34 A37 A53 A55 A56 A57 B6 |
Este traballo recollerase no Portafolios do alumno e avaliarase co traballo do obradoiro. |
0 |
Esquemas |
A34 A37 B1 B2 B3 B6 |
Este traballo recollerase no Portafolios do alumno e avaliarase co traballo do obradoiro. |
0 |
Lecturas |
A53 A55 A56 A57 B6 |
Este traballo recollerase no Portafolios do alumno e avaliarase co traballo do obradoiro. |
0 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A34 A63 C7 C8 |
Este traballo avaliarase co traballo do obradoiro. |
0 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia en primeira oportunidade é necesario cumprir os seguintes tres requisitos: 1_Asistencia mínima do 80% ás clases das materias (excepto o alumnado con dedicación a tempo parcial). 2_Ter todos os traballos do curso presentados en data de entrega e cun contido propositivo e completo, acorde ao cronograma da materia. Non se permitirá completar ou modificar os traballos da materia carentes do desenvolvemento suficiente fora da data de entrega. 3_Realizar a proba obxectiva. Se non se cumpre un dos tres requisitos antes apuntados, a cualificación será de "Non presentado". En caso de incumprir os dous primeiros requisitos, a segunda oportunidade manterá a cualificación de "Non presentado", ao non cumprir a condición deavaliación continua. A proba obxectiva é eliminatoria, a cualificación mínima para aprobar a materia é apto. Non se admitirán ampliacións dos traballos entre primeira e segunda oportunidade. Baremo na primeira oportunidade: -80% corresponde ao traballo desenvolvido durante o cuadrimestre. -20% corresponde á proba obxectiva. Baremo na segunda oportunidade: A proba obxectiva poderá ponderar ata o 50% da cualificación sempre que beneficie ao estudante. Medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial: non se contemplan, debido a que setrata dunha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental. Dispensa académica: non se contempla, por ser unha materia na que o taller é ametodoloxía fundamental. Á parte doutras consecuencias académicas e legais, o plaxio supoñerá a cualificación de cero na materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
TANIZAKI, J. (2017). El elogio de la sombra.. Madrid: Siruela.
LYNCH, K. (1998). La imagen de la ciudad.. Barcelona: Gustavo Gili.
ARNHEIM, R. (1979). Arte y percepción visual. Psicología del ojo creador.. Madrid: Alianza Editorial.
ROWE, C. (1981). Ciudad collage.. Barcelona: Gustavo Gili.
DESPLAZES, A. (2010). Construir la Arquitectura: Del material en bruto al edificio. Un manual.. Barcelona: Gustavo Gili.
McHARG, I. L. (1969). Design with nature.. Garden City, N.Y.:Natural History Press.
NORBERG-SCHULZ, Ch. (1975). Existencia, espacio y arquitectura.. Barcelona: Blume.
NORBERG-SCHULZ, Ch. (1980). Genius Loci.. Barcelona: Gustavo Gili.
MONEO, R. (2004). Inquietud teórica y estrategia proyectual.. Barcelona: Gustavo Gili.
RASMUSSEN, S.E. (2000). La experiencia de la arquitectura. Sobre la percepción de nuestro entorno.. Madrid: Celeste.
SOLÁ-MORALES, M. (1997). Las formas de crecimiento urbano.. Barcelona: UPC.
MARTÍ ARÍS, C. (1993). Las variaciones sobre la identidad.. Barcelona: El Serbal.
HERTZBERGER, H. (1991). Lessons for students in architecture.. Rotterdam: 010 Publishers.
PALLASMA, J. (2014). Los ojos de la piel. La arquitectura y los sentidos.. Barcelona: Gustavo Gili.
LE CORBUSIER. (2014). Mensaje a los estudiantes de arquitectura.. Buenos Aires: Infinito.
ZEVI, B. (1981). Saber ver la arquitectura.. Barcelona: Poseidón.
MONTANER, J. M. (2008). Sistemas arquitectónicos contemporáneos.. Barcelona: Gustavo Gili.
ALEXANDER, Ch. (1980). Un lenguaje de patrones.. Barcelona: Gustavo Gili.
CARERI, F. (2002). Walkscapes. El andar como práctica estética.. Barcelona: Gustavo Gili. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
-ABALOS, I. (2010). Naturaleza y artificio.
Barcelona: Gustavo Gili. -CORTÉS, J.A. y MONEO, J.R. (1976). Comentarios
sobre dibujos de 20 arquitectos actuales. Barcelona: ETSAB. -DE LLANO, P. (2006). Arquitectura popular en
Galicia: Razón y construcción. Santiago de Compostela: Xerais. -GAUSA, M. et. al. (2002). Diccionario Metapolis
de Arquitectura Avanzada. Barcelona: Actar. -KANDINSKY, Wassily (2007). Cursos de la Bauhaus.
Madrid: Alianza Editorial. -KLEE, Paul (1972). Pedagogical sketchbook.
Nueva York: Praeger Publishers. -LENAGHAN, P et al. (2016). Una mirada de antaño: Fotografías de
Ruth Matilda Anderson en Galicia. A Coruña: Afundación, The Hispanic Society of
America. -MUNARI, B. (2005). El arte como oficio.
Barcelona: Idea Books. -MUNTAÑOLA Th., J. (2004). Arquitectura y
contexto. Barcelona: UPC. -OTERO PEDRAYO, R. (2009). Paisaxe e cultura.
Vigo: Galaxia. -VILLARES, R. (2004). Historia de Galicia. Vigo: Galaxia. -ALONSO PEREIRA, J.R. (2005). Introducción a la historia de la
arquitectura. Barcelona: Reverté. -BALDELLOU, M.A. (1995). Arquitectura moderna en Galicia. Barcelona:
Electa. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Análise Arquitectónico 1/630G02012 | Proxectos 2/630G02006 | Proxectos 1/630G02001 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Urbanística 1/630G02018 | Análise Arquitectónico 2/630G02017 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Condicións específicas relativas á mobilidade para
alumnos saíntes e entrantes:
Dado que o curso de Proxectos 3 persigue unha evaluación continua para todos os
alumnos inclusive aqueles que se atopen en mobilidade, saínte ou entrante,
rexerán as mesmas condicións de evaluación para todo alumnado sen perxuicio de
que se preste atención específica ao alumnado entrante por causa lingüística ou
diferenzas manifestas entre a escola de orixe e destino. |
|