Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A12 |
Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar estruturas de edificación. (T) |
A17 |
Aptitude para aplicar as normas técnicas e construtivas. |
A18 |
Aptitude para conservar as estruturas de edificación, a cimentación e obra civil |
A44 |
Capacidade para redactar proxectos de obra civil. (T) |
A63 |
Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas. |
B1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta |
B9 |
Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes |
B11 |
Coñecer as industrias, organizacións, normativas e procedementos para plasmar os proxectos en edificios e para integrar os planos na planificación |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Representar convenientemente diferentes tipoloxías de estruturas de formigón armado, no ámbito da edificación e a nivel de proxecto de execución.
|
A12 A17 A18 A63
|
B1 B2 B3 B4 B6 B9 B11
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Adquirir os coñecementos básicos relativos ás características físicas e mecánicas do formigón armado.
|
A17
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11
|
|
Coñecer e saber aplicar os métodos de cálculo de estruturas de formigón armado.
|
A12 A17 A18 A44 A63
|
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Deseñar e calcular diferentes elementos e sistemas estruturais en formigón armado, no ámbito da edificación.
|
A12 A17 A18 A44 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9
|
C6 C7 C8
|
Familiarizarse coa consulta, interpretación e aplicación da normativa vixente no ámbito das estruturas de edificación de formigón armado.
|
A12 A17 A18
|
|
|
Iniciarse na utilización de aplicacións informáticas de análise estrutural, e de ferramentas básicas ligadas á implementación das tecnoloxías da información e das comunicacións.
|
A12 A44
|
|
C3 C6 C7
|
Fomentar o desenvolvemento de capacidades e actitudes de carácter autónomo (tendencia á aprendizaxe continua, habilidade para resolver problemas de forma efectiva, capacidades de análise e síntese, organización e planificación persoal, xestión produtiva da información) ou colaborativo (comunicación efectiva, comportamento fundamentado en responsabilidades compartidas). |
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tipoloxías e representación |
Tipos estruturais en formigón armado
Representación de proxectos de estruturas
|
Tipificación de formigóns |
Materiais constitutivos
Características mecánicas
Durabilidade
Especificacións
|
Bases de cálculo |
Estados límite
Diagramas de esforzos característicos
Rexións B e D
Dominios de deformación
|
Flexión simple |
Disposicións relativas ás armaduras
Diagrama rectangular
Limitación da ductilidade
Método aproximado
Diagramas dimensionais
Ábacos adimensionais |
Flexión composta |
Tracción simple
Compresión simple
Tracción composta
Flexión e compresión composta
Armado asimétrico
Armado simétrico
Inestabilidade
|
Flexión esviada |
Ábacos adimensionais en roseta
Método simplificado por redución a flexión recta
|
Esforzos cortante e rasante |
Mecanismo resistente
Tratamento normativo
Resistencia entre formigóns de diferentes idades
|
Torsión |
Torsiones principais e secundarias
Mecanismo resistente
Procedemento de cálculo
|
Ancoraxe e empalme de armaduras |
Ancoraxe de barras corrugadas
Ancoraxe de grupos de barras
Empalme de armaduras pasivas
|
Organización de armaduras |
Armado de vigas
Armado de alicerces
Soluciones construtivas
|
Estados límite de servizo |
Fisuración
Deformación
Limitación por canto mínimo
Cálculo de frechas
|
Forxados unidireccionais |
Funciones
Tipoloxía
Consideracións de deseño
Estados límite últimos
Estados límite de servizo
Aspectos construtivos |
Forxados bidireccionais |
Tipoloxía e elementos constitutivos
Consideracións de deseño
Consideracións de análise
Punzonamento
Aspectos construtivos |
Rexións D |
Modelos de bielas e tirantes
Vigas parede
Ménsulas curtas
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A12 A17 A18 A44 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 |
30 |
25 |
55 |
Solución de problemas |
A12 A17 A18 A44 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
13 |
48 |
61 |
Obradoiro |
A12 A17 A18 A44 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
12 |
15 |
27 |
Esquemas |
A12 A17 A18 |
0 |
2 |
2 |
Proba mixta |
A17 A18 A44 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Unha fracción relevante da actividade presencial sérvese do método expositivo, cuxa responsabilidade recae fundamentalmente sobre o profesorado, xa sexa de forma oral ou co complemento de medios audiovisuais. No entanto, e con independencia do anterior, durante as devanditas sesións perséguese alcanzar unha certa cota de participación por parte do alumnado, potenciando a súa implicación, fomentando a retroalimentación do proceso (e por tanto o carácter bidireccional da comunicación), e dinamizando os mecanismos de aprendizaxe mediante técnicas de interacción. |
Solución de problemas |
Realizaranse probas de carácter práctico, deseñadas a partir dos contidos traballados previamente, e que deben ser resoltas nun tempo limitado. O carácter progresivo de tales probas obedece aos criterios de avaliación continua, de forma que as conclusións de cada fase poidan servir para reconducir os procesos de ensino e aprendizaxe convenientemente, adecuándoos ás particularidades do grupo a fin de alcanzar as pretendidas competencias. |
Obradoiro |
A materia participa no taller de 7º cuadrimestre, onde se integran igualmente Proxectos 6, Construción 5 e Urbanística 4. O taller concíbese como un espazo de traballo e intercambio concibido para facilitar a confluencia dos contidos das diferentes materias en torno ao proxecto arquitectónico, e por tanto baséase na integración multidisciplinar sobre a resolución de casos prácticos. |
Esquemas |
Preténdese que o alumno desenvolva durante o curso as capacidades de análise e síntese mediante a confección de documentos sinópticos. Téntase reforzar así a aprendizaxe significativa mediante a síntese estruturada dos principais contidos traballados. A elaboración enténdese progresiva, ordenando de forma continuada conceptos e expresións, esquematizando procesos de análises, e incidindo na dedución de posibles relacións entre os sucesivos temas do programa. |
Proba mixta |
Exponse probas escritas como ferramenta de avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. O deseño axústase en cada enunciado ao perfil de coñecementos e capacidades que se pretende valorar, incidindo na comprensión dos contidos teóricos e nas destrezas asociadas á análise e resolución de casos prácticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Unha metodoloxía orientada cara á aprendizaxe require a consideración das singularidades que distancian a uns alumnos doutros dentro dun mesmo grupo, en termos de formación previa, posibles carencias, actitudes e aptitudes, expectativas e motivacións. Por iso enténdese necesaria unha dedicación adicional estruturada basicamente mediante tutorías presenciais ou virtuais, cuxo froito depende en gran medida do nivel de implicación do discente. Con obxecto de facilitar o seguimento da súa evolución ao longo do curso, ao principio do mesmo debe cumprimentar correctamente a correspondente ficha de alumno.
Así mesmo, e dado o carácter progresivo da materia, é aconsellable liquidar todas as posibles dúbidas a medida en que van xurdindo, o máis axiña posible e facendo uso das correspondentes tutorías.
Esta cuestión intensifícase, se cabe, no desenvolvemento dos proxectos propostos a nivel de taller, cuxa metodoloxía só adquire sentido se se produce un contacto regular e xornal co profesorado a fin de optimizar e no seu caso reconducir as actividades en curso.
As probas propostas poderán ser revisadas tras a súa cualificación, dentro dos prazos establecidos, a efectos de constatar os erros cometidos e servir en consecuencia a unha mellor función formativa dos procesos de avaliación continua.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A17 A18 A44 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Ditas probas contemplarán a resolución de exercicios teóricos-prácticos e o desenvolvemento de determinados aspectos vinculados ao proxecto de estruturas de edificación. A configuración das mesmas, así como os oportunos criterios de cualificación, serán definidos expresamente en cada enunciado. |
80 |
Obradoiro |
A12 A17 A18 A44 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Valoraranse os resultados obtidos no obradoiro tendo en conta a complexidade da solución e a súa adecuación á proposta arquitectónica, así como o seu desenvolvemento considerando tanto os aspectos de análise e cálculo como de representación gráfica. |
20 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación, como sistema de recollida de información
orientada á emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o
proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante
implicación do alumno. Con esta premisa, a asistencia e participación do alumno
enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia inxustificada e reiterativa
pode repercutir desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar
proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa. Nos
criterios de corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón
tamén a claridade da presentación, a estructuración da análise efectuada, a utilización
de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminoloxía
empregada. O sistema de avaliación continua configúrase con probas mixtas
(exame teórico-práctico) que se realizarán durante o período lectivo, e a
práctica de taller, representando cada un destes ítems a porcentaxe antes
indicada sobre a cualificación global. Para poder realizar as probas mixtas intermedias son requisitos
necesarios: ·
Entregar a ficha de alumno correctamente no
prazo estipulado. ·
Unha asistencia non inferior ao 80% no período
correspondente, aplicable en cada unha das categorías de clases presenciais
(expositivas, interactivas e de taller). Esta condición non será esixible aos
alumnos con matrícula a tempo parcial. Para poder superar a materia por curso deberanse satisfacer as
seguintes esixencias: ·
Obter en cada unha das probas mixtas intermedias
unha cualificación non inferior a 5 sobre 10. ·
Obter no exercicio de taller unha cualificación
non inferior a 1 sobre 5. Os alumnos que non superasen a materia por curso volverán
examinarse das partes (probas mixtas) pendentes nas dúas oportunidades oficiais
do mesmo curso. En ambos os casos conservarase a nota do taller obtida, dado
que a entrega deste exercicio é única, na data que para ese efecto se defina. Loa alumnos que superasen a materia de proxectos 6, para poder
aprobar estruturas 4, terán que desenvolver a súa proposta de taller sobre o
tema desenvolvido no curso en que superasen proxectos 6, sendo esixible en todo
caso un adecuado seguimento durante o período da docencia de taller. Cualquier constatación de plaxio ou incumprimento relevante
das condicións establecidas para o desenvolvemento de entregas e/ou exámenes,
derivará nunha calificación de suspenso (0) na materia e na convocatoria
correspondentes, invalidando calquera valoración obtida en todas as actividades
de avaliación previas de cara a outras convocatorias.
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Estruturas 1/630G01019 | Estruturas 2/630G01023 | Estruturas 3/630G01028 |
|
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Proxectos 6/630G01026 | Urbanística 4/630G01032 | Construción 5/630G01033 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para lograr unhas mellores aprendizaxes no marco do taller,
enténdese necesario cursar simultaneamente, e coa debida dedicación, todas as
materias que o conforman. |
|