Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Actuacións Urbanísticas Contemporáneas Código 630G02060
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Seoane Prado, Enrique
Correo electrónico
enrique.seoane@udc.es
Profesorado
Llamazares Castro, Jesus
Seoane Prado, Enrique
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
j.llamazares@udc.es
enrique.seoane@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral O curso desenvolverase arredor da globalización da información e da cultura, da mundialización da economía, e do cambio climático como paradigmas da contemporaneidade, que se traducen na explosión da cidade sobre os territorios e na urbanización indiscriminada e na ocupación desde a urbanidade de territorios afastados das cidades (especialmente os territorios litorais) e na percepción desde a óptica, desde a sensibilidade e desde a cultura urbanas de todos os territorios.

Cas exposicións teóricas preténdese o estudio e o entendemento dos modos contemporáneos de intervención proxectual urbanística no mundo urbano, periférico, e territorial.

As actuacións urbanísticas contemporáneas teñen así moito que ver:
- co entendemento do metabolismo urbano (social e material) e de ciclo pechado nas cidades e no territorio(autoxeneración enerxética, autosuficiencia hídrica e sistemas urbanos de drenaxe sostible, valorización de resíduos, sustentabilidade e soberania alimentaria,...);
- ca valoración da competencia dos territorios frente á competitividade entre eles;
- con modelos alternativos e integrados de mobilidade e de accesibilidade aos bens materiais e culturais;
- ca valoración da salubridade (cidades saudables e descarbonizadas), da inclusividade fronte á "gentrification" e a "guettification", e da participación ciudadadana;
- ca incorporación da natureza e dos procesos naturais na cidade consolidada, e da infraestruturas e dotacións urbanas no territorio rural (natureza no urbano e urbanidade no territorio), que derivan en actuacións de carácter paisaxístico.

O alumnado -en grupo e individualmente- ha de desenvolvernos exercicios, actividades prácticas e prácticas de curso -tanto desde a discusión teórica como desde a necesaria investigación iniciática- para o establecemento de pautas e propostas de intervención urbanística que contemplen e entendan os paradigmas da contemporaneidade a partir do conxunto de clases teóricas sobre os diferentes tipos de proxectos urbanos e territoriais.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
coñecemento dos diferentes xeitos contemporáneos de intervir na cidade e no territorio A35
A37
A45
A46
A52
A53
A55
A58
A59
A69
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B12
C3
C4
C6
capacidade para analizar e propoñer actuacións urbanísticas en diferentes áreas urbanas, periurbanas ou territoriais A35
A37
A45
A46
A52
A53
A55
A58
A59
A69
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Capacidade dialéctica, discursiva, expositiva para a participación nos debatese para a exposición e defensa dos traballos e actividades prácticas A35
A37
A45
A46
A52
A53
A55
A58
A59
A69
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Intervencións relacionadas co METABOLISMO URBANO e SOCIAL.
Actuaciones vinculadas ao ciclo natural da auga (atmosférica, de superficie e do subsolo) cara á autosuficiencia hídrica e ao manexo da auga de chuvia.
Actuaciones favorecedoras da autoxeración enerxética e da eficiencia do sistema.
Actuacións urbanísticas de valorización de resíduos.
Actuacións de descarbonización das cidades e de medidas contra a contaminación ambiental, atmosférica e acústica.
Actuacións relacionadas ca REDE VERDE (pública, comunitaria e privada) de SOLO PERMEABLE e de ESPAZOS PÚBLICOS INCLUSIVOS INTERCONECTADOS - Rede VERDE (vexetación) e rede AZUL (auga) compatibles e interconectadas.
- Rutas e itinerarios interconectados en rede para un uso de ocio saludable, accesible, democrático e inclusivo.
- Topoloxía das redes e distribución, tipos e características dos espazos e as súas envolventes.
- Parques e hortas urbanas. Verde comestible. O papel urbano do hinterland das cidades: ocio verde e produción de alimentos de proximidade para mercados en rexións agropolitanas.


Actuacións RESIDENCIAIS INTEGRADAS en áreas de novo crecemento - ECOBARRIOS
- ECODISTRITOS
- ECOCIDADES
Actuacións de intervención integral ou selectiva en áreas degradadas ou singulares e na cidade construída en tecidos obsoletos, relacionados con modos e xeitos contemporáneos de REHABILITACIÓN, REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA. - Actuacións en Cidades Históricas, tecidos residenciais tradicionais e Polígonos de Vivenda Colectiva.
- Actuacións de planificación e intervención en áreas degradadas de carácter industrial, portuario, ou infraestrutural, para darlles un novo uso territorial ou urbano.
- Actuacións de planificación ou intervención en áreas patrimoniais naturais ou culturais do territorio ou de cidades e barrios históricos.
- Actuacións de incorporación do litoral fluvial ou marítimo aos usos cívicos da urbanidade e do territorio.
Plans e proxectos de introdución e reintrodución de COMPLEXIDADE E VARIEDADE de USOS E TECIDOS fronte á "gentrification", "guettification" ou tematización de barrios, cidades e territorios. - Turistización e diversos modos de "gentrification"
- Tematización e/ou especialización de cidades, barrios e áreas.
- Degradación social, devaluación económica e obsolescencia física e funcional en áreas urbanas e territoriais. Problemas e alternativas.
- Proxectos vinculados ao grandes equipamentos e infraestruturas, de enclave urbano ou territorial.
Actuacións urbanísticas de NOVA VIALIDADE, MOBILIDADE e TRANSPORTE - Transporte público e/ou colectivo inclusivo en cidades como elemento transformador da accesibilidade e da integración social.
- Mobilidade segura e eficiente en diferentes modos de desprazamento.
- Compatibilidade e complementariedade dos diferentes modos de transporte.
- Abastecemento loxístico e distribucuión de alimentos, bens e mercadorías.
Actuacións de carácter PAISAXÍSTICO no TERRITORIO -Actuacións en paisaxes naturais ou culturais con intervencións cualificadoras e/ou restauradoras de carácter integrador ou selectivo, relacionadas con diferentes xeitos de intervención e de contemplación do territorio e a paisaxe.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A52 A53 A55 A58 A59 A69 B8 B12 C6 C8 20 0 20
Discusión dirixida B1 B2 B3 B4 C1 C4 C7 10 15 25
Traballos tutelados A35 A37 A45 A46 B1 B2 B3 B4 B5 B12 C1 C3 C4 20 60 80
Estudo de casos A52 A53 A55 A58 A59 A69 B8 C3 C5 C8 10 10 20
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas para ampliar coñecementos e fomentar a participación e o avance nas actividades prácticas
Discusión dirixida Debates encamiñados a fomentar no alumnado criterios de razoamento urbanístico
Traballos tutelados Actividades prácticas a desenvolver polos alumnos durante o curso, que se han de materializar en estudos e propostas de diferentes actuacións urbanísticas.
Estudo de casos Estudo e análise de actuacións contemporáneas de natureza urbanística a distintas escalas, arredor das temáticas abordadas durante o curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Discusión dirixida
Descrición
As discusións dirixidas e os traballos tutelados supoñen o seguimento e asesoramento por parte dos profesores para incentivar no alumnado a investigación persoal e para orientar as propostas creativas fomentando a autocrítica e o avance na capacidade propositiva.

Medidas de dedicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”. O alumnado nesta circunstancia:
_Con respeto as clases de teoría terá a dispensa de asistencia a ditas clases do 50%. Deberá acudir polo menos a un 10% das tutorías establecidas no horario dos docentes de teoría da materia para resolver as cuestions pertinentes de seguimento.
_Con respeto as clases de práctica, estos estudantes deberán asistir a un mínimo do 80% das aulas, incluindose nesta porcentaxe os días da sesión de presentación conxunta dos traballos. Ase mesmo, os docentes de prácticas disporan un 20% das suas tutorías, a requerimento dos estudantes, para o reforzo necesario dos traballos a presentar.
En ambolos dous casos axustaránse ditas medidas segundo os casos concretos, adecuándoas as circunstancias.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A52 A53 A55 A58 A59 A69 B8 B12 C6 C8 Clases teóricas para ampliar coñecementos e fomentar a participación e o avance nas actividades prácticas 15
Traballos tutelados A35 A37 A45 A46 B1 B2 B3 B4 B5 B12 C1 C3 C4 Actividades prácticas a desenvolver polos alumnos durante o curso, que se han de materializar en estudos e propostas de diferentes actuacións urbanísticas. 60
Discusión dirixida B1 B2 B3 B4 C1 C4 C7 Debates encamiñados a fomentar no alumnado criterios de razoamento urbanístico 15
Estudo de casos A52 A53 A55 A58 A59 A69 B8 C3 C5 C8 Estudo e análise de actuacións contemporáneas de natureza urbanística a distintas escalas, arredor das temáticas abordadas durante o curso. 10
 
Observacións avaliación

Para a segunda oportunidade atenderase a normativa da UDC e será necesario entregar todos os traballos do curso para poder presentarse

*O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” para aprobar esta materia cumplirá as mesmas condicions que o resto do alumnado matriculado nela.

*IMPLICACIÓNS DO PLAXIO na realización das probas ou actividades de avaliación: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".


Fontes de información
Bibliografía básica jaime Lerner (2005). Acupuntura urbana. Institut d'arquitectura avanzada de catalunya
Busquets, J. (2006). Cities X Lines. Harvard University
AA.VV. (2009-13). DRU 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7. Depto: Proxectos e Urbanismo UDC
Batlle, E. (2011). El jardín de la metrópli. GG
AA. VV. (1999). Entornos vitales. GG
Paisaje Transversal (2019). Escuchar y transformar la ciudad. Urbanismo colaborativo y participación ciudadana. Catarata. Madrid
Salvador Rueda (2012). Guia metodológica para auditar la calidad y sostenibilidad en el medio urbano. Ministerio de Fomento
AA.VV. (2009). La ciudad paseable. CEDEX
Gehl, J. (2009). La humanización del espacio urbano. Ed. Reverté
Corominas, Sabaté & Sotoca (2007). Planes muy especiales. C. O. Arquitectes de Catalunya
AA.VV (1985-92). Revista UR (todos los números). Laboratorio Urbanismo Barcelona
A. Vegara & J.L. de las Rivas (2004). Territorios inteligentes: nuevos horizontes del urbanismo. Fundación Metrópoli Madrid

Bibliografía complementaria Philippe Rahm (2020). Arquitectura Meteorológica. Ed. Arquine. Ciudad de México
Richard Sennet (2018). Construír e Habitar. Etica para uma cidade aberta. Ed. Record. Rio de Janeiro
S. Sassen (2003). Contrageografías de la globalización. Ed. Traficantes de Sueños. Madrid
J. Sabaté Bel (2002). En la identidad del territorio está su alternativa. OP ingeniería y territorio nº 60
Francesco Tonucci (1996). La ciudad de los niños. fundación Rupérez
Christopher Alexander (1971). La estructura del medio ambiente. Ed. Tusquets
AAVV coord. por A. Font Arellano (2007). La explosión de la ciudad . Ministerio de Vivienda
François Jullien (2010). Las transformaciones silenciosas. Ediciones Bellaterra
Gustavo Duch (2014). No vamos a tragar. Soberanía Alimentaria. Editorial Gustavo Gili
Ian McHarg (2000). Proyectar con la naturaleza. ED. Gustavo Gili
Stephen Coyle (2011). Sustainable and resilient communities. editorial Wiley
Françésc Muñoz (2008). Urbanalización. Paisajes comunes. Lugares Globales . Ed. Gustavo Gili
J.Hoyer, W.Dickhaut, L.kronawiter & B.Weber (2011). Water Sensitive Urban Design: Principles and Inspiration for Sustainable Stormwater Management in the City of the Future. Ed. JOVIS


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Urbanística 5/630G02042

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías