Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A10 |
Redactar e interpretar documentación técnica e publicacións náuticas. |
A14 |
Planificar e dirixir unha travesía, determinar a situación por calquera medio de navegación, e dirixir a navegación. |
A32 |
Controlar o asento, a estabilidade e os esforzos. |
B2 |
Resolver problemas de xeito efectivo. |
B5 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B6 |
Traballar de forma colaboradora. |
B8 |
Aprender en ámbitos de teleformación. |
B10 |
Versatilidade. |
B11 |
Capacidade de adaptación a novas situacións. |
B12 |
Uso das novas tecnoloxías TIC, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información. |
B14 |
Capacidade de análise e síntese. |
B15 |
Capacidade para adquirir e aplicar coñecementos. |
B16 |
Organizar, planificar e resolver problemas. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C10 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplas (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
C13 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber manexar sistemas de información xeográfica (SIX) e cartografía electrónica (ENC) |
A10 A14
|
B5 B12
|
C3
|
Saber manexar follas de cálculo para a resolución de problemas na práctica profesional náutica |
|
B2 B5 B8 B10 B11 B15 B16
|
C3 C6 C10
|
Coñecer os pasos para a realización dun programa e as súas principais compoñentes |
|
B8 B12 B16
|
C1 C10 C13
|
Saber manexar plataformas de programación low-code |
|
B5 B6 B8 B10 B11 B16
|
C6
|
Aplicar os coñecementos adquiridos no desenvolvemento de aplicacións que resolvan problemas de carga, cálculo de calados, trimado, estabilidade e esforzos estructurais do buque |
A10 A32
|
B2 B5 B6 B14 B15 B16
|
C6 C10
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. CARTOGRAFÍA ELECTRÓNICA |
1.1. SIVCE/ECDIS
1.2. PUBLICACIÓNS NÁUTICAS
1.3. CARTAS NÁUTICAS
1.4. DERROTA
1.5. BALIZAMENTO DA IALA
1.6. CASO PRÁCTICO DE NAVEGACIÓN |
2. SISTEMAS DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA |
2.1. INTRODUCCIÓN AOS SIX
2.2. SERVIZOS DA OGC
2.3. SOFTWARE SIX
2.4. CASOS PRÁCTICOS CON APLICACIÓN Á NAVEGACIÓN |
3. FOLLA DE CÁLCULO |
3.1. INTRODUCCIÓN
3.2. FILAS E COLUMNAS
3.3. TIPOS DE DATOS
3.4. FORMATOS
3.5. FÓRMULAS
3.6. REFERENCIAS
3.7. GRÁFICAS
3.8. FUNCIÓNS
3.9. CASOS PRÁCTICOS DE APLICACIÓN Á NAVEGACIÓN E AOS CÁLCULOS DE CARGA |
4. POWER APPS |
4.1 PLATAFORMA MICROSOFT POWER
4.2 TIPOS DE POWER APPS
4.3 FONTES DE DATOS
4.4 INTERFACES DE USUARIO
4.5 DISTRIBUCIÓN DE APLICACIÓNS |
5. APLICACION DE CARGA |
5.1. MANUAL DE CARGA DO BUQUE
5.2. ADAPTACIÓN DOS DATOS DE ESTABILIDADE ÁS FOLLAS DE CÁLCULO
5.3. CÁLCULO DE CALADOS
5.4. CÁLCULO DA CARGA A BORDO (DRAFT SURVEY)
5.5. CÁLCULO DAS CURVAS DE ESTABILIDADE ESTÁTICA E DINÁMICA (BRAZOS ADRIZANTES)
5.6. CÁLCULO DA RESISTENCIA ESTRUCTURAL (ESFORZOS CORTANTES E MOMENTOS FLECTORES) |
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 3000 GT. |
Cadro A-II/2 del Convenio STCW.
Especificación de las normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns y primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B8 C1 C6 C13 |
27 |
27 |
54 |
Proba de resposta múltiple |
A10 B8 B12 C1 C3 |
3 |
6 |
9 |
Prácticas a través de TIC |
A10 A14 B5 B8 B12 B15 C3 C13 |
12 |
24 |
36 |
Traballos tutelados |
A10 A32 B2 B6 B8 B10 B11 B14 B15 B16 C3 C6 C10 C13 |
12 |
24 |
36 |
Proba mixta |
A14 A32 B2 B5 B10 B14 B16 C3 C6 C10 |
3 |
6 |
9 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaráselle ao alumnado ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundar no seu estudo. Os conceptos teóricos básicos serán tratados na aula, e tamén se introducirán os conceptos prácticos por medio de exemplos e titoriais que estarán dispoñibles na plataforma de aprendizaxe da universidade para que o alumnado poida iniciarse no uso das aplicacións que vai empregar durante as sesións prácticas. Ademais tamén se lles proporcionarán vídeos que poden visualizar en modo asíncrono. |
Proba de resposta múltiple |
Ó inicio da sesión maxistral, o alumnado terá que responder a una serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión anterior. |
Prácticas a través de TIC |
Levaranse a cabo prácticas sobre o uso dun catálogo de cartas náuticas, un plotter de cartas ENC, unha aplicación SIG, unha folla de cálculo e unha plataforma de programación low-code. |
Traballos tutelados |
Proporase a elaboración dun traballo práctico consistente na programación dunha App para o cálculo de carga, calados, trimado, estabilidade e esforzos estructurais dun buque. |
Proba mixta |
O alumnado que non acade unha nota mínima de 5 coas prácticas e traballos propostos ao longo do cuadrimestre terá dereito a ser avaliado por medio dunha proba mixta, na que terá que resolver problemas similares aos propostos nas sesións prácticas ao longo do curso.
A proba desenrolarase facendo uso da plataforma de aprendizaxe da universidade. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba mixta |
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
Proba de resposta múltiple |
|
Descrición |
A atención personalizada é imprescindible para dirixir ao alumnado na realización das prácticas no Aula de Informática e o traballo tutelado.
Realizaranse no despacho do profesorado nos horarios de titorías establecido a comezo do curso e posto en coñecemento do alumnado polos medios apropiados no centro e na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.
Ademais o profesorado tamén poderá resolver as dúbidas recibidas por medios electrónicos como correo electrónico ou foros creados a tal efecto na plataforma de teleaprendizaxe da universidade, ou videoconferencias a través de Teams. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A10 A14 B5 B8 B12 B15 C3 C13 |
O alumnado terá que entregar unha serie de exercicios sobre o uso dun catálogo de cartas náuticas, un plotter de cartas ENC, unha aplicación SIG, unha folla de cálculo e unha plataforma de programación low-code. |
40 |
Traballos tutelados |
A10 A32 B2 B6 B8 B10 B11 B14 B15 B16 C3 C6 C10 C13 |
O alumnado terá que defender o traballo práctico proposto diante do profesorado. |
50 |
Proba de resposta múltiple |
A10 B8 B12 C1 C3 |
No inicio da sesión maxistral o alumnado terá que responder a unha serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión anterior. |
10 |
|
Observacións avaliación |
AVALIACIÓN CONTINUA: - Cuestionarios tipo test (10%)
- Prácticas a través de TIC (40%)
- Traballos tutelados (50%)
Para superar a materia por avaliación continua será preciso obter: - Nota mínima final de 50 puntos
- Nota mínima nos traballos tutelados de 25 puntos
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Poderanse recuperar as partes suspensas correspondentes a: - Cuestionarios tipo test (10%)
- Prácticas a través de TIC (40%)
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Avaliarase cunha proba mixta, na que se poderá recuperar o 100% da nota, e que consistirá en: - Proba mixta sobre as competencias teóricas tratadas nas clases maxistrais (20%).
- Exercicio práctico sobre as competencias traballadas ao longo do curso nas prácticas e traballos tutelados (80%).
Para superar a materia na segunda oportunidade será preciso obter: - Nota mínima na proba mixta de 10 puntos
- Nota mínima no exercicio práctico de 40 puntos
OBSERVACIONS: Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017): - Na primeira oportunidade se lles avaliará cunha proba mixta e un exercicio práctico seguindo os mesmos criterios que se especifican para todo o alumnado na segunda oportunidade.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á segunda oportunidade e á oportunidade adiantada.
Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Leung T. (2021). Beginning power apps: the non-developer's guide to building business mobile applications. Apress
(2019). Excel (versiones 2019 y Office 365) : Domine las funciones avanzadas de la hoja de cálculo de Microsoft. Barcelona : Ediciones ENI
Gallego M. (2020). Excel 2019 : avanzado. Paracuellos del Jarama (Madrid) : Ra-Ma
Longley P, Goodchild M, Maguire D, Rhind D. (2001). Geographic Information Systems and Science. John Wiley & Sons
Weston M. (2019). Learn Microsoft Power Apps: build customized business applications without writing any code. Packt Publishing
Hecht, Horst (2018). The electronic chart : fundamentals, functions, data and other essentials. Lemmer, The Netherlands : Geomares |
|
Bibliografía complementaria
|
De Levie R. (2008). Advanced Excel for scientific data analysis. Oxford : Oxford University Press
Luna Huertas P. (1998). Aprendiendo hoja de cálculo con casos prácticos. Madrid: McGraw Hill
Worboys M.F. (1995). GIS: a computing perspective. London : Taylor Francis
Sjöstrand D. (1997). Matemáticas con Excels. Madrid: Universidad Pontificia Comillas
Wall H.J. (2022). Microsoft Power Apps 2022 beginners guide. Independently published
Mendoza E. (2021). Microsoft power apps cookbook. Packt Publishing |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Informática/631G01110 | Navegación I/631G01202 | Teoría do Buque I/631G01208 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Navegación Astronómica/631G01277 |
|
Materias que continúan o temario |
Navegación II/631G01306 | Estiba/631G01301 | Teoría do Buque II/631G01404 |
|
|