Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Economía da Empresa: Función Financeira Código 650G01008
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
carlos.psanchez@udc.es
Profesorado
Llano Monelos, Pablo de
Miñones Crespo, Ramon
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
pablo.de.llano@udc.es
ramon.minones@udc.es
carlos.psanchez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral A materia pretende forma-los coñecementos e desenvolve-las habilidades básicas precisas para comprende-la problemática financeira da empresa, iniciarse no estudio da teoría financeira e as Finanzas, e manexa-los modelos básicos de traballo. Preténdese tamén que o alumno adquira un dominio inicial da terminoloxía e xerga financeira, se familiarice coa lóxica financeira, e aprenda a buscar e interpreta-la información relevante.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprende-la problemática financeira da empresa A1
A2
A3
A5
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Comprende-la lóxica financeira A1
A2
A3
A5
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C1
C4
C8
Coñece-los fundamentos teóricos das finanzas A1
A2
A3
A5
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Obter e interpreta-la información económico-financeira A1
A2
A3
A5
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Manexa-los modelos financeiros básicos A1
A2
A3
A5
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñece-la terminoloxía financeira A1
A2
A3
A5
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
A función financeira da empresa Conceptos básicos sobre a empresa e o empresario
Contido da función financeira
O obxectivo financeiro: valor vs. beneficio, dividendos, etc.
A contorna financeira da empresa
O patrimonio e as rendas da empresa O patrimonio da empresa: o activo e o pasivo. O equilibrio financeiro.
As rendas da empresa: a rendibilidade e o custo do financiamento
Fundamentos de análise financeira
Capital circulante e fondo de rotación
A estrutura financeira da empresa A estrutura financeira e o custo de capital
Fontes de financiamento: características básicas e custo
Decisións de investimento Concepto e clases de investimentos
Métodos para a análise de investimentos
Xestión financeira e curto prazo Xestión de tesourería
Xestión de stocks
O risco de creto

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 16 32 48
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 16 32 48
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 4 28 32
Prácticas a través de TIC A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 6 12 18
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos aspectos básicos dos capítulos. O peso real da lección maxistral na docencia diaria dependerá do grao en que o alumnado desenvolva o traballo persoal preparatorio necesario para que poidamos desenvolver actividades participativas.
Solución de problemas Actividades prácticas baseadas en exercicios, casos e/ou problemas, individuais ou en grupo. O grao de interactividade dependerá do desenvolvemento do traballo persoal preparatorio por parte do alumnado.
Proba mixta Probas puntuables con contido teórico e práctico, e cuestións en calquera formato: test, desenvolvemento, análise de casos, exercicios numéricos, etc.
Prácticas a través de TIC Tarefas, análise de casos e/ou resolución de problemas empregando recursos TIC. A programación destas actividades dependerá da realización do traballo persoal deslocalizado necesario para a súa preparación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Proba mixta
Descrición
As titorías desenvolveranse en formato telemático e, de ser síncronas, previa petición de cita por correo electrónico. Son aplicables os límites que sinala a normativa de dedicación docente do profesorado da UDC e o dereito á desconexión dixital previsto na LO 3/2018. Estes criterios son de aplicación tamén ós alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
As TGR programaranse coa debida antelación, en dúas sesións, nas datas e formato que conveñan considerando as necesidades do grupo e a situación sanitaria, ata sumar un total de 4 horas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A cualificación global calcularase sumando o resultado de dúas probas mixtas, valoradas cada unha delas cun máximo de 5 puntos. Estas probas mixtas poden conter cuestións teóricas e/ou prácticas, formuladas en calquera formato ou combinación de formatos: test, desenvolvemento, análise de casos, exercicios numéricos, etc.
Primeira oportunidade: a primeira proba realizarase cara á metade do cuadrimestre, nunha data que se comunicará con antelación, e incluirá a parte da materia que se determine. A segunda proba terá lugar na data que a Facultade designe para o exame final, e referirase exclusivamente á parte da materia non avaliada na primeira proba.
Segunda oportunidade: avaliarase nas mesmas condicións que a primeira. Salvo indicación en contrario, nesta segunda oportunidade ámbalas probas realizaranse de forma consecutiva na data que a Facultade acorde para o exame final.
Tódalas probas puntuables deberán realizarse na data prevista, coas únicas excepcións que sexan aplicables conforme a normativa académica; en caso contrario computaranse como cero.
Os estudantes exentos de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación.
A oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta de 10 puntos, relativa ós contidos e competencias definidos na guía do curso inmediatamente anterior.
100
 
Observacións avaliación

Formato das probas: salvo que as circunstancias o fagan necesario e/ou se reciban instrucións específicas ao respecto, as probas de avaliación realizaranse de xeito presencial e nas datas establecidas, coas únicas excepcións previstas na normativa académica.

No caso de ser necesario utilizar un formato telemático, aplicaranse as seguintes regras: deberán accederse, realizarse e entregarse nos termos e condicións sinalados en cada caso. Enténdese realizadas se os rexistros da plataforma indican que se accedeu a elas, independentemente de que se rexistren ou non as respostas, e se confirme ou non a entrega. Se omiti-la confirmación, a actividade entenderase entregada en branco e cualificarase cun cero. O incumprimento das bases da proba suporá a expulsión da mesma, a cualificación cero na mesma e, se é o caso, a incoación de expediente por fraude segundo a normativa académica. Isto aplícase, en particular, ao acceso tardío ás probas telemáticas. O alumnado é responsable de dispor dos medios necesarios para acceder aos recursos electrónicos e, no seu caso, realizar unha avaliación neste formato.

Cualificación de non presentado: corresponde a quen participe unicamente en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da nota final, independentemente da cualificación acadada.

Idiomas: a opción por unha lingua concreta para a realización das probas de avaliación deberá realizarse por escrito e dentro da primeira semana lectiva do cuadrimestre en que se imparta a materia, e atenderase na medida en que as posibilidades técnicas e organizativas o permitan.

Uso dos recursos TIC: os dispositivos e aplicacións que permitan a comunicación, almacenamento e/ou compartir datos deberán permanecer inactivos e fóra da vista, salvo autorización previa do profesorado. Enténdese activo calquera servizo dispoñible en segundo plano e/ou habilitado para recibir notificacións, mensaxes ou acceso a recursos compartidos de ou para terceiros; polo tanto, o alumnado é responsable de pechalos ou desactivalos cando o seu uso non estea xustificado nos termos anteriores. O incumprimento destas bases implicará a expulsión da proba, a cualificación de cero na mesma e, no seu caso, a incoación de expediente por fraude académico.

Identificación: o alumnado deberá acreditar fidedignamente a súa identidade de acordo coa normativa vixente, utilizando os medios axeitados a cada circunstancia.


Fontes de información
Bibliografía básica Suárez, A. (2003). Curso básico de Economía de la Empresa. Un enfoque de organización. Madrid: Pirámide
Piñeiro, C.; de Llano, P. (2010). Dirección Financiera: un enfoque centrado en valor y riesgo. Madrid: Delta
Piñeiro, C.; de Llano, P. (2012). Finanzas empresariales. Teoría y modelos con hoja de cálculo. Santiago: Andavira
Doldán, F. (2001). Fundamentos de las decisiones financieras empresariales. Santiago: Tórculo
Piñeiro, C. (2016). Oikonomicon. Un viaje virtual a la lógica de la dirección financiera de la empresa (http://oikonomicon.udc.es/). A Coruña

Esta é unha bibliografía básica e de carácter xeral para a materia; en cada capítulo recóllense referencias específicas adicionais.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dirección Financeira I/650G01019
Dirección Financeira II/650G01025

Observacións

Cumprimento da normativa sanitaria

A participación nas actividades presenciais require inescusablemente o cumprimento estrito das indicacións das autoridades sanitarias. Atenderanse as instrucións e/ou adaptacións que se poidan recibir, na medida en que afecten á organización da asignatura.

Sobre a metodoloxía

A materia está deseñada en estrito cumprimento da distribución de tempos de traballo establecida no plano de estudos, que á súa vez está inspirado no crédito europeo transferible (ECTS) e nas liñas xerais da declaración de Boloña. Neste contexto, as responsabilidades académicas van máis aló de, simplemente, asistir ás aulas. O traballo non remata ó saír da aula (ou finalizar a sesión telemática), e non todo o traballo se fai aquí. O plano de estudos está deseñado para que exista una combinación de traballo presencial de 50 horas, e de 100 horas adicionais de traballo non presencial; estas últimas correspóndense co tempo que un alumno medio debe empregar para as súas tarefas persoais (lecturas, preparación de apuntes, e naturalmente tempo de estudo) e para prepara-las actividades que se van programando ó longo do cuadrimestre (busca de información, análise de documentos, traballos, prácticas baseadas nas TIC, etc.). As sesións presenciais (físicas ou telemáticas) dedicaranse prioritariamente a discuti-los aspectos teóricos básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver dúbidas de carácter xeral, debater e realizar actividades prácticas e interactivas. A partir deste traballo común, prográmase o traballo individual que cada alumno debe desenvolver para a(s) seguinte(s) sesión(s), coa orientación e apoio dos seus profesores cando así o precise.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías