Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. |
A2 |
CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo). |
A3 |
CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. |
A5 |
CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados. |
A10 |
CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros. |
A13 |
CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas. |
A14 |
CE14 - Xestionar as operacións da empresa. |
A15 |
CE15 - Xestionar os recursos financeiros. |
A18 |
CE18 - Identificar as características dunha organización. |
A20 |
CE20 - Identificar e operar o software adecuado. Deseñar e implementar sistemas de información. |
A21 |
CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas. |
B7 |
CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias. |
B8 |
CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable. |
B9 |
CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida. |
B10 |
CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas. |
B11 |
CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados. |
B12 |
CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros. |
B13 |
CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse. |
B14 |
CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprende-la problemática financeira da empresa
|
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Comprende-la lóxica financeira
|
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13
|
C1 C4 C8
|
Coñece-los fundamentos teóricos das finanzas |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Obter e interpreta-la información económico-financeira |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Manexa-los modelos financeiros básicos |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Coñece-la terminoloxía financeira |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
A función financeira da empresa |
Conceptos básicos sobre a empresa e o empresario
Contido da función financeira
O obxectivo financeiro: valor vs. beneficio, dividendos, etc.
A contorna financeira da empresa |
O patrimonio e as rendas da empresa |
O patrimonio da empresa: o activo e o pasivo. O equilibrio financeiro.
As rendas da empresa: a rendibilidade e o custo do financiamento
Fundamentos de análise financeira
Capital circulante e fondo de rotación |
A estrutura financeira da empresa |
A estrutura financeira e o custo de capital
Fontes de financiamento: características básicas e custo |
Decisións de investimento |
Concepto e clases de investimentos
Métodos para a análise de investimentos |
Xestión financeira e curto prazo |
Xestión de tesourería
Xestión de stocks
O risco de creto |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
16 |
32 |
48 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
16 |
32 |
48 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
4 |
28 |
32 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
6 |
12 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación dos aspectos básicos dos capítulos. O peso real da lección maxistral na docencia diaria dependerá do grao en que o alumnado desenvolva o traballo persoal preparatorio necesario para que poidamos desenvolver actividades participativas. |
Solución de problemas |
Actividades prácticas baseadas en exercicios, casos e/ou problemas, individuais ou en grupo. O grao de interactividade dependerá do desenvolvemento do traballo persoal preparatorio por parte do alumnado. |
Proba mixta |
Probas puntuables con contido teórico e práctico, e cuestións en calquera formato: test, desenvolvemento, análise de casos, exercicios numéricos, etc. |
Prácticas a través de TIC |
Tarefas, análise de casos e/ou resolución de problemas empregando recursos TIC. A programación destas actividades dependerá da realización do traballo persoal deslocalizado necesario para a súa preparación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Solución de problemas |
Proba mixta |
|
Descrición |
As titorías desenvolveranse en formato telemático e, de ser síncronas, previa petición de cita por correo electrónico. Son aplicables os límites que sinala a normativa de dedicación docente do profesorado da UDC e o dereito á desconexión dixital previsto na LO 3/2018. Estes criterios son de aplicación tamén ós alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
As TGR programaranse coa debida antelación, en dúas sesións, nas datas e formato que conveñan considerando as necesidades do grupo e a situación sanitaria, ata sumar un total de 4 horas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
A cualificación global calcularase sumando o resultado de dúas probas mixtas, valoradas cada unha delas cun máximo de 5 puntos. Estas probas mixtas poden conter cuestións teóricas e/ou prácticas, formuladas en calquera formato ou combinación de formatos: test, desenvolvemento, análise de casos, exercicios numéricos, etc.
Primeira oportunidade: a primeira proba realizarase cara á metade do cuadrimestre, nunha data que se comunicará con antelación, e incluirá a parte da materia que se determine. A segunda proba terá lugar na data que a Facultade designe para o exame final, e referirase exclusivamente á parte da materia non avaliada na primeira proba.
Segunda oportunidade: avaliarase nas mesmas condicións que a primeira. Salvo indicación en contrario, nesta segunda oportunidade ámbalas probas realizaranse de forma consecutiva na data que a Facultade acorde para o exame final.
Tódalas probas puntuables deberán realizarse na data prevista, coas únicas excepcións que sexan aplicables conforme a normativa académica; en caso contrario computaranse como cero.
Os estudantes exentos de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación.
A oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta de 10 puntos, relativa ós contidos e competencias definidos na guía do curso inmediatamente anterior. |
100 |
|
Observacións avaliación |
Formato das probas: salvo que as circunstancias o fagan necesario e/ou se reciban instrucións específicas ao respecto, as probas de avaliación realizaranse de xeito presencial e nas datas establecidas, coas únicas excepcións previstas na normativa académica. No caso de ser necesario utilizar un formato telemático, aplicaranse as seguintes regras: deberán accederse, realizarse e entregarse nos termos e condicións sinalados en cada caso. Enténdese realizadas se os rexistros da plataforma indican que se accedeu a elas, independentemente de que se rexistren ou non as respostas, e se confirme ou non a entrega. Se omiti-la confirmación, a actividade entenderase entregada en branco e cualificarase cun cero. O incumprimento das bases da proba suporá a expulsión da mesma, a cualificación cero na mesma e, se é o caso, a incoación de expediente por fraude segundo a normativa académica. Isto aplícase, en particular, ao acceso tardío ás probas telemáticas. O alumnado é responsable de dispor dos medios necesarios para acceder aos recursos electrónicos e, no seu caso, realizar unha avaliación neste formato. Cualificación de non presentado: corresponde a quen participe unicamente en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da nota final, independentemente da cualificación acadada. Idiomas: a opción por unha lingua concreta para a realización das probas de avaliación deberá realizarse por escrito e dentro da primeira semana lectiva do cuadrimestre en que se imparta a materia, e atenderase na medida en que as posibilidades técnicas e organizativas o permitan. Uso dos recursos TIC: os dispositivos e aplicacións que permitan a comunicación, almacenamento e/ou compartir datos deberán permanecer inactivos e fóra da vista, salvo autorización previa do profesorado. Enténdese activo calquera servizo dispoñible en segundo plano e/ou habilitado para recibir notificacións, mensaxes ou acceso a recursos compartidos de ou para terceiros; polo tanto, o alumnado é responsable de pechalos ou desactivalos cando o seu uso non estea xustificado nos termos anteriores. O incumprimento destas bases implicará a expulsión da proba, a cualificación de cero na mesma e, no seu caso, a incoación de expediente por fraude académico. Identificación: o alumnado deberá acreditar fidedignamente a súa identidade de acordo coa normativa vixente, utilizando os medios axeitados a cada circunstancia.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Dirección Financeira I/650G01019 | Dirección Financeira II/650G01025 |
|
Observacións |
Cumprimento da normativa sanitaria A participación nas actividades presenciais require inescusablemente o cumprimento estrito das indicacións das autoridades sanitarias. Atenderanse as instrucións e/ou adaptacións que se poidan recibir, na medida en que afecten á organización da asignatura. Sobre a metodoloxía A materia está deseñada en estrito cumprimento da distribución de tempos de traballo establecida no plano de estudos, que á súa vez está inspirado no crédito europeo transferible (ECTS) e nas liñas xerais da declaración de Boloña. Neste contexto, as responsabilidades académicas van máis aló de, simplemente, asistir ás aulas. O traballo non remata ó saír da aula (ou finalizar a sesión telemática), e non todo o traballo se fai aquí. O plano de estudos está deseñado para que exista una combinación de traballo presencial de 50 horas, e de 100 horas adicionais de traballo non presencial; estas últimas correspóndense co tempo que un alumno medio debe empregar para as súas tarefas persoais (lecturas, preparación de apuntes, e naturalmente tempo de estudo) e para prepara-las actividades que se van programando ó longo do cuadrimestre (busca de información, análise de documentos, traballos, prácticas baseadas nas TIC, etc.). As sesións presenciais (físicas ou telemáticas) dedicaranse prioritariamente a discuti-los aspectos teóricos básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver dúbidas de carácter xeral, debater e realizar actividades prácticas e interactivas. A partir deste traballo común, prográmase o traballo individual que cada alumno debe desenvolver para a(s) seguinte(s) sesión(s), coa orientación e apoio dos seus profesores cando así o precise. |
|