Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Sistemas de Información para a Xestión Financeira da Empresa Código 650G01034
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Martínez Fernández, Paulino
Correo electrónico
paulino.martinez@udc.es
Profesorado
Aranda Vasserot, Adolfo
Fernández Rodríguez, María Teresa
López Pampín, José Carlos
Martínez Fernández, Paulino
Correo electrónico
adolfo.aranda@udc.es
m.fernandezr@udc.es
c.lpampin@udc.es
paulino.martinez@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Coñecer ás funcións e compoñentes dos Sistemas de Información Empresarial dende a óptica do titulado en Ciencias Empresariais.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o papel que desempeñan os sistemas de información nas organizacións empresariais e cáles son o seus compoñentes. Coñecer o ciclo de vida dun sistema de información empresarial e, específicamente, qué papel desempeñan os usuarios do mesmo nas distintas fases que abarca dito ciclo de vida. A1
A3
A4
A5
A7
A9
A10
A14
A16
A18
A20
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Aspectos prácticos específicos relacionados cas TIC no ámbito da xestión empresarial. A5
A7
A9
A10
A14
A16
A18
A20
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C3
C4
C7
C8
Coñecer e manexar ferramentas TIC usuais nos SIE, con especial incidencia nas denominadas de "automatización de ofiñas". A5
A7
A9
A10
A14
A16
A20
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C3
C4
C6
C7
Coñecer, dende do ponto de vista do usuario, as ferramentas básicas no deseño do modelo de dados e do subsistema de procedementos dun Sistema de Información Empresarial. A5
A10
A23
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C3
C6
C7
Alcanzar unha visión xeral do marco xurídico no que se desenvolven os sistemas de información empresarial. A7
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción ao Sistema de Información empresarial. 1.1 A información como recurso da actividade empresarial.
1.2. O Sistema de Información na empresa. Conceito, actividades e compoñentes.
1.3. O Sistema de Información e os niveis de decisión empresarial.
1.4. O Sistema de Información empresarial e o entorno da empresa.
2. O ciclo de vida dun Sistema de Información. 2.1. Introducción.
2.2. Ciclo de vida dun Sistema de Información. Fases.
2.3. Análise e deseño dun Sistema de Información. Conceito. Especial consideración do modelo de dados e procedimentos.
3. Sistemas de Información Empresarial e TIC. 3.1. Ferramentas básicas.
3.2. Ferramentas OAS.
3.3. Oturas ferramentas: de axuda ao deseño.
4. Visión xeral doutros aspectos relevantes nun Sistema de Información. 4.1. Especial consideración da seguridade.
4.2. Outros aspectos relevantes.
4.3. Novas tendencias.
5. Visión xeral do marco xurídico do Sistema de Información. 5.1. A protección de dados de carácter persoal.
5.2. A firma electrónica.
5.3. Os servicios da sociedade da información.
5.4. A protección xurídica do software e das bases de dados.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A5 A7 A10 A16 A18 A20 A23 B5 B6 C3 C4 C5 C7 C8 17 34 51
Solución de problemas A4 A9 A14 A24 B2 B3 B4 C3 25 50 75
Proba mixta A1 A4 B1 C1 C2 C6 1 8 9
Proba mixta A1 A4 B1 C1 C2 C6 1 8 9
Seminario B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 4 0 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral 1. Exposición nas clases presenciais dos contidos teóricos e prácticos da materia co obxecto de orientar o alumno na súa preparación.

2. O tempo dedicado a cada un dos capítulos nos que está dividida a materia será proporcional ao grao de dificultade na preparación destes e a súa extensión, de modo que non se dedicará o mesmo tempo a cada un dos capítulos, senón que se afondará máis nuns que noutros. Todo iso, a xuízo do profesor que imparte a materia.

3. Para a preparación dos capítulos de menor dificultade de comprensión remítese ao alumno á bibliografía, si ben nas clases presenciais orientarase ao alumno acerca de:
a) que fontes concretas se recomenda utilizar
b) que aspectos son os máis relevantes e de maior interese en orde a alcanzar os resultados da aprendizaxe establecidos para a materia.

4. Discusión, conxunta para todos os grupos de traballo, do desenvolvemento encomendado a cada un dos grupos. O alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra; b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.
Solución de problemas 1. Elaboración, exposición e solución de exemplos prácticos co alumno, formando parte dun grupo de traballo, que ten que realizar ao longo do curso.

2. Formularanse exercicios e/ou lecturas a realizar polo alumno en horas presenciais ou de traballo autónomo. Nas horas presenciais posteriores farase:

a) unha revisión dos exercicios nos que o alumno pode intervir nos termos descritos no punto 3 e b) das lecturas abrirase a correspondente quenda de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que o alumno formule sobre o contido destas.

3. O alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir a quenda de palabra; b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.
Proba mixta Durante o período lectivo realizaranse unha ou varias probas mixtas de avaliación continua, que non terán carácter liberatorio.
Proba mixta Exame teórico-práctico de todos os contidos da materia, que se realizará en primeira e segunda oportunidade
Seminario Titorías en grupos reducidos para a discusión dos contidos da materia. A data ou datas para a súa celebración, así como o seu formato, determinaranse ao longo do cuadrimestre, en función do avance do traballo a que se refire o apartado "Solución do problema".
O alumno pode intervir: a) por iniciativa propia, logo de pedir quenda de palabra; b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Seminario
Sesión maxistral
Proba mixta
Proba mixta
Descrición
1. Na sesión maxistral o alumno pode intervir, logo de petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención se estea a tratar.

2. Na solución de problemas o alumno pode intervir tal e como se expón no apartado de metodoloxías.

3. Nos horarios de titoría o alumno será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan para a preparación da materia. Aínda que non é obrigatorio, se a través do correo electrónico do profesor que imparte o curso ao que pertence o alumno, expón as súas dúbidas e data e hora (dentro das de titoría) en que está interesado en ser atendido, facilitarase a xestión e efectividade destas.

4. Sin citar á persoa que evacuó a consulta, ésta pode ser publicada en Moodle ou na páxina web do coordinador, xunto coa su respuesta, coa finalidade de que outros alumnos poidan sacar proveito da mesma. Todo elo si o profesor a considera oportuna e de interés xeral.

5. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A9 A14 A24 B2 B3 B4 C3 1. Elaboración dun ou varios supostos prácticos plantexados polo profesorado da materia, como parte da avaliación continua, nos que se desenvolverán aspectos relacionados co contido da materia, sendo parte esencial da avaliación a discusión de o seu desenvolvemento co profesorado Para resolver estes casos, pode ser necesario empregar as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), e se se precisan entregas, serán en formato electrónico.

2. Os casos desenvolveranse en grupos de 4 a 6 alumnos. Excepcionalmente, e previa aprobación do profesorado da materia, permitirase outro número de alumnos por grupo.

3. Calquera dúbida sobre este apartado avaliativo deberá ser resolta, baseándose a solución na idea de "avaliación continua".
40
Proba mixta A1 A4 B1 C1 C2 C6 Durante o período lectivo realizaranse unha ou varias probas mixtas de avaliación continua, que non terán carácter liberatorio. A proba non realizada puntuará como cero. 20
Proba mixta A1 A4 B1 C1 C2 C6 Exame teórico-práctico de todos os contidos da materia, que se realizará na primeira e segunda oportunidade. 40
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Canto á comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias, aplicarase o disposto no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario" da UDC.

2. Identificación do alumnado: O alumnado ha de acreditar a súa personalidade de acordo con a normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para o exame final, para as restantes actividades acordarase ao comezo do cuadrimestre un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. Por este motivo, este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia no primeiros dez días do cuadrimestre en que esta se imparte. As actividades terán o mesmo formato que para o alumnado con dedicación a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.

2. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos que na primeira oportunidade.

3. Oportunidade adiantada: Será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

1. Con carácter xeral, sen prexuízo do indicado para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, requírese a asistencia a clase para optar á parte da cualificación correspondente á avaliación continua, tanto en primeira oportunidade como en segunda oportunidade. Finalizado o período de avaliación correspondente á primeira oportunidade, ao alumnado que teña pendente a superación da materia poderánselle propor actividades que permitan recuperar a parte da cualificación correspondente á avaliación continua de cara a a segunda oportunidade, o que deberá solicitar ao profesorado da materia cunha antelación mínima de dez días respecto da data do exame de segunda oportunidade.

2. Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a coñecer no momento da proba e forneceranse co enunciado da mesma.


Fontes de información
Bibliografía básica Piattini, M. G.; Calvo-Manzano, J. A.; Cervera, J. y Fernández, L. (). Análisis y diseño detallado de Aplicaciones Informáticas de Gestión. Ra_ma. Madrid
Schmuller, J. (2000). Aprendiendo UML en 24 horas. Prentice Hall. México
Pablos Heredero, C. de et al (2006). Dirección y gestión de los sistemas de información en la empresa (una visión integradora). Madrid: ESIC
Casas Roma, Jordi & Conesa i Caralt, Jordi (2013). Diseño conceptual de bases de datos en UML. Editorial UOC, S.L.
Teaching Soft Group (2011). Excel 2010 : curso práctico. Madrid: RA-MA
Moreno Bonilla, Fernando (2010). Excel 2010 : modelos económicos y financieros. Madrid : Anaya Multimedia
Travería, Santiago (2011). Excel 2010 a fondo. Barcelona : Inforbook's
Silberschatz, A.; Korth, H. F. y Sudarshan (). Fundamentos de Bases de Datos. McGraw Hill. Madrid
Edwars, C. et al (1998). Fundamentos de sistemas de información. Madrid: Prentice Hall
Arjonilla Domínguez, S. J. y Medina Garrido. J. A (). La gestión de los sistemas de información en la empresa. Pirámide. Madrid
Giner de la Fuente, F. (2004). Los sistemas de información en la sociedad del conocimiento. Madrid: ESIC
Kimmel, P. (2007). Manual de UML. Guía de aprendizaje. McGraw Hill. México
Grau Fernández, L. y López Rodríguez, I. (2001). Problemas de Bases de Datos. Sanz y Torres. Mdrid
Almasri, R. y Navate, S. B. (). Sistemas de Bases de Datos. Conceptos fundamentales. Addison-Wesley. México
Gómez Vieites, Á.y Suárez Rey, C. (2005). Sistemas de información. RA-MA. Madrid
Cardona, J. R.; Bueno Ávila, S. y Bañuls Silvera, V. A. (). Sistemas de Información Empresarial. Casos y supuestos prácticos. GEU
O'Brien, J.A.; J.M. Marakas (2006). Sistemas de Información gerencial. Mexico: McGraw-Hill
Menchén Peñuela, Antonio (2011). Tablas dinámicas en Excel 2010. Madrid: RA-MA
Podeswa, H. (2010). UML. Anaya. Madrid
Arlow, J. y Neustadt, I. (2006). UML 2. Anaya. Madrid

Bibliografía complementaria Piattini Velthuis, M.; Peso Navarro, E. del; y Peso Ruís, M del (2008). Auditoría de Tecnologías y Sistemas de Información. RA-MA. Madrid
Piattini Velthuis, M. G.; García Rubio, F. O.; García Rodríguez de Guzmán, I. y Pino, F. (2011). Calidad de los Sistemas de Información. RA-MA. Madrid
Fernández Alarcón, V. (2010). Desarrollo de Sistemas de Información. Una metodología basada en el modelado. UPC. Barcelona
Rumbaugh, J.; Jacobson, I. y Booch, G. (). El Lenguaje Unificado de Modelado. Manual de referencia. Addison Wesley
de Pablos Heredero, Carmen; López Hermoso Agius, José Joaquín; Martín-Romo Romero, Santiago & Me (2021). Organización y transformación de los sistemas de información en la empresa. Madrid: ESIC
Areito, J. (2008). Seguridad de la Información. Redes, informática y sistemas de información. Paraninfo. Madrid
Debrauwer, L. y Van der Heyde, F. (2009). UML 2. Iniciación, ejemplos y ejercicios corregidos. ENI. Barcelona
Debrauwer, L. y Karam, N. (2010). UML 2. Practique la modelización. ENI. Barcelona
Fowler, M. y Scott, K. (1997). UML gota a gota. Pearson. México
Alarcón, R. (2000). UML. Diseño orientado a objetos con UML. Eidos. Madrid


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Contabilidade Financeira I/611G02013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Deseño de Sistemas de información/611G02041

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

  • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 
  • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e  nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías