Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación para Intervención Logopedica Código 652466103
Titulación
Mestrado Universitario en Intervención Logopédica na Infancia e na Adolescencia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral O Máster en Intervención Logopédica na Infancia e na Adolescencia ten como principal obxectivo lograr unha formación especializada de carácter profesionalizador permitindo a súa vez unha iniciación no campo da investigación sobre os trastornos da linguaxe.

A materia de novas tecnoloxías fará fincapé sobre o coñecemento e aplicación das ferramentas das tecnoloxías da información e a comunicación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de propostas educativas na intervención logopédica. Pretende que o alumando desenvolva capacidades na selección de recursos TIC e o manexo de software para crear propostas de intervención enfocadas tanto á prevención coma o tratamento das dificultades de aprendizaxe relacionadas co desenvolvemento da linguaxe.

Competencias do título
Código Competencias do título
A11 Coñecer, analizar e explorar novas formas de comunicación e expresión que favorecen as novas tecnoloxías da información e comunicación.
A13 Coñecer e seleccionar programas, ferramentas e software de intervención logopédica para o traballo reeducativo coas novas tecnoloxías da información e comunicación.
A14 Deseñar e planificar sesións de intervención e apoio logopédico con ferramentas da rede.
B1 Aprender a aprender.
B3 Traballar de forma colaborativa.
B20 Capacidade de organizar e planificar.
B26 Saber expresarse en público.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade da información e na educación en particular, como recurso para o desenvolvemento das capacidades lingüísticas e o acceso a aprendizaxe. AP11
AP13
AP14
BP1
BP20
BP26
CM3
CM6
Atender á diversidade na selección, produción e aplicación dos recursos tecnolóxicos para a intervención nos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe. AP11
AP13
AP14
BP1
BP20
BP26
CM3
CM6
Coñecer diferentes ferramentas de software para a produción de materiais multimedia como recursos na prevención e intervención dos diferentes trastornos da linguaxe. AP11
AP13
AP14
BP1
BP20
BP26
CM3
CM6
Seleccionar e avaliar recursos TIC educativos para a prevención e intervención dos diferentes trastornos da linguaxe no desenvolvemento das habilidades lingüísticas. AP11
AP13
AP14
BP1
BP3
BP20
BP26
CM3
CM6
Adaptar os recursos tecnolóxicos atendendo as características individuais na intervención dos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe. AP11
AP13
AP14
BP1
BP3
BP20
BP26
CM3
CM6
Deseñar e producir recursos multimedia para a intervención nos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe. AP11
AP13
AP14
BP1
BP3
BP20
BP26
CM3
CM6
Coñecer ferramentas de traballo colaborativo para a produción de recursos educativos multimedia e proxectos que permitan favorecer a adquisición e desenvolvemento da linguaxe. AP11
AP13
AP14
BP1
BP20
BP26
CM3
CM6
Desenvolver dinámicas de traballo colaborativo a través da rede no deseño e produción de materiais educativos para favorecer o desenvolvemento da linguaxe con tecnoloxías da información e a comunicación. AP11
AP13
AP14
BP1
BP3
BP20
BP26
CM3
CM6

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I: Novas tecnoloxías e sociedade da información.
­1. Características da sociedade da información.
­2. Papel das novas tecnoloxías na globalización económica, política e cultural.
­3. As novas tecnoloxías como produto de mercado.
­4. Desigualdades sociais e fenda dixital.
­5. Papel liberador ou opresor das TIC.
MÓDULO II: Novas tecnoloxías e atención a diversidade. ­1. Modelos de comunicación e integración das TIC.
­2. Enfoques educativos no uso das TIC.
­3. Novas tecnoloxías e accesibilidade.
­4. Atención a diversidade con medios tecnolóxico-didácticos.
MÓDULO III: Creación de contidos e elaboración de recursos multimedia para a avaliación e intervención logopédica. ­1. Programas de software libre, gratuíto e comercial para a elaboración de recursos multimedia.
­2. Creación de contidos multimedia para a atención á diversidade e o tratamento de problemas da linguaxe.
MÓDULO IV: Recursos e ferramentas na rede para a intervención logopédica. ­1. A filosofía do software libre en rede: gratuidade, "share" e "freeware".
­2. Recursos e redes sociais para compartir produtos multimedia para a avaliación e intervención nos procesos de adquisición da linguaxe.
­3. Ferramentas para a xestión, creación e publicación de contidos.
­4. Cooperación e colaboración na rede entre profesionais da logopedia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 6 10 16
Discusión dirixida 1 2 3
Prácticas a través de TIC 26 48 74
Proba oral 1 4 5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumando reflexione sobre a importancia das TIC na sociedade en educación en particular, atendendo aos múltiples factores que inciden na súa integración para desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa.
Prácticas a través de TIC En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo baseados en prácticas a través de TIC. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.

Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Basearanse no traballo con distintos recursos na rede, con distintos programas de software gratuíto e ferramentas de autor e coa pizarra dixital. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Proba oral A proba oral constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá realizar a presentación dos traballos realizados a través das sesións de prácticas TIC facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes contidos de traballo ao longo da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada que se describe para esta metodoloxía concíbese como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican a participación do alumando.

As tarefas realizaranse en pequenos grupos de traballo. Implican o uso de programas de software libre, gratuíto e comercial así como o uso da rede de Internet para a creación de recursos multimedia e ferramentas na rede. A forma e o momento en que se desenvolverá a atención individualizada indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC En relación ás Prácticas TIC valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A organización e presentación.
70
Proba oral Esta proba centrarase na presentación oral dos traballos desenvolvidos en torno aos traballos realizados nas prácticas TIC. Valorarase:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso
de cada unha das partes obxecto de avaliación (Prácticas TIC e Proba oral).


Fontes de información
Bibliografía básica

Alcantud Marín, F. y Soto Pérez, J. (coords.) (2003). Tecnologías de ayuda en personas con trastornos de comunicación. Valencia: Nau Llibres.

Area Moreira, M. (2004). Los medios y las tecnologías en la educación. Madrid. Pirámide.

Chacón Medina, A. (2007). La atención a la diversidad con medios tecnológico-didácticos. En Nuevas Tecnologías para la educación en la era digital. Ortega.

Iza Mikeleiz, M (2002). Recursos tecnológicos en logopedia. Archidona: Ediciones Aljibe.

Nova Escola Galega (2007). Competencia dixital e ferramantas TIC. Revista Galega de Eduacación, nº 38.

Sánchez Montoya, R (2002). Ordenador y discapacidad. Guía práctica de apoyo a las personas con necesidades educativas especiales. Madrid: CEPE.

Toledo Morales, P. (2002 ). Accesibilidad en la red. Diseños de web para todos. . Archidona:Ediciones Aljibe.

Toledo, Morales P. (2001). Accesibilidad, informática y discapacidad. Sevilla. Mergablum.

Bibliografía complementaria

http://www.logopediadigital.org/

http://www.logopediadigital.org/revista/

http://www.espaciologopedico.com/

http://w3.cnice.mec.es/recursos2/atencion_diversidad/02_00.htm

http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/

http://www.discapnet.es/Discapnet/CAstellano/default.htm

http://www.sidar.org

http://personal2.redestb.es/jamosa/lengua.htm

http://www.parasordos.com

http://www.ucv.ve/tartamudez.htm

http://blog.educastur.es/ticynee/category/logopedia/

http://www.uv.es/bellochc/pdf/pwlogo1.pdf


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  1. Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso.
  2. Levar a cabo un adecuado traballo en equipo e cooperativo.
  3. Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas.
  4. Traballar de forma individual e en grupo con todos os documentos, artigos, presentacións e demais recursos de cada bloque.
  5. Preparar de forma adecuada as presentacións orais.
  6. Realizar algún curso de manexo de ferramentas informáticas que ofrece a AFI se for preciso.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías