Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e analizar críticamente propostas de innovación e investigación educativa na área de Educación Física. |
AP15 AP17 AP19 AP26
|
|
CM2
|
Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a transformación e a innovación no ámbito da Educación Física. |
AP14 AP20 AP21 AP22 AP23 AP24 AP25 AP27 AP28
|
|
CM1 CM3 CM4 CM6
|
Ser capaces de identificar que elementos do currículo de Educación Física se trabállan a través das innovacións educativas analizadas. |
AP4 AP18 AP20 AP24 AP28
|
|
CM1 CM6
|
Valorar a importancia da innovación e a investigación como estratexias para mellorar a calidade educativa na área de Educación Física.
|
AP11 AP14 AP21 AP23 AP24 AP28
|
|
CM5 CM7 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Investigación en Educación Física (EF) |
-Deseño de Investigación.
- Liñas máis frecuentes de investigación en EF.
- Exemplos de Invesrtigación en EF.
- Análise crítica dunha investigación. |
2. Innovación en EF |
- Deseño dun proxecto de Innovación.
- Estratexias e factores que condicionan a innovación en EF.
- Exemplos de proxectos innovadores no ámbito da EF.
- Análise crítica da innovación en Educación Física. |
Proxectos de innovación en EF |
- Protocolo para a realización dun proxecto de Innovación en Educación Física.
- Posta en práctica dun proxecto innovador en Educación Física. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A11 A15 A17 A18 A19 A21 A25 C7 |
6 |
0 |
6 |
Traballos tutelados |
A4 A14 A20 A22 A23 A24 A27 A28 C3 C5 C8 |
2 |
12 |
14 |
Aprendizaxe colaborativa |
A21 A22 A26 A27 C6 C8 |
2 |
8 |
10 |
Presentación oral |
A21 A22 A23 A26 C1 C4 C8 |
1 |
3 |
4 |
Discusión dirixida |
A17 A18 A22 C1 |
1 |
2 |
3 |
Práctica de actividade física |
A25 |
2 |
0 |
2 |
Análise de fontes documentais |
A15 A17 A18 A19 C2 |
1 |
8 |
9 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte do docente, dos contidos da materia relacionados cos proxectos de innovación e a investigación. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico. |
Traballos tutelados |
Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse un proxecto innovador de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.
O docente especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
|
Aprendizaxe colaborativa |
Traballarase na aula, a través de pequenos grupos nos que o alumnado traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas pola profesora para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Discusión dirixida |
Promoveranse actividades de debate sobre diferentes aspectos do temario, nas que se contrastarán as idas e opinións de todo o alumnado e tratarase de buscar puntos de consenso. |
Práctica de actividade física |
Realizaranse sesións de actividade física para poñer en práctica os coñecementos teóricos sobre propostas innovadoras en Educación Física. |
Análise de fontes documentais |
Utilizaranse diversos documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que co seu análise aportarán coñecementos e contribuirán o desenvolvemento das competencias marcadas para a mesma. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Para a elaboración dos traballos tutelados, os alumnos poden acudir en grupos reducidos a revisar o traballo (titoría). O docente poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, antes da entrega definitiva.
Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co docente para poder desenvolvelas.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A4 A14 A20 A22 A23 A24 A27 A28 C3 C5 C8 |
"Proxecto de innovación en EF": Este traballo consiste en deseñar e xustificar un proxecto de innovación educativa na área de Educación Física, dirixido a poboacións de Educación Secundaria e/ou Bacharelato . As características que debe cumprir este traballo atópanse detalladas Campus Virtual UDC. |
50 |
Aprendizaxe colaborativa |
A21 A22 A26 A27 C6 C8 |
Ao longo do curso, os grupos formados na primeira sesión teñen que resolver tarefas breves, que poden concretarse en documentación a entregar ou a expoñer. |
40 |
Presentación oral |
A21 A22 A23 A26 C1 C4 C8 |
Os grupos formados na primeira sesión terán que realizar unha presentación oral en formato do seu proxecto de innovación en Ed. Fís. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.
Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo.
O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Para a procura de información vinculada a esta materia recoméndase utilizar como principal fonte de información as revistas científicas da área de coñecemento. O alumnado pode acceder cun só click a unha listaxe de 200 revistas vinculadas ás Ciencias do Deporte. CLICK AQUÍ
A maiores, poderá solicitar á docente recomendación persoal de libros vinculados á Innovación e a Investigación en Educación Física. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
No caso de que se solicite entregar algún traballo impreso, teranse en conta as seguintes recomendacións: non utilizar plásticos, elixir impresión a dobre cara e empregar papel reciclado. Na medida dos posible, evitar a impresión de borradores. |
|