RÚBRICA PARA A AVALIACIÓN
Os criterios de avaliación e cualificación detállanse nunha matriz de valoración que se pode consultar en moodle
UTILIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
A utilización da lingua galega coa calidade requirida no documento escrito e na presentación pode incrementar a cualificación até un punto.
REQUISITOS PARA PODER PARA PRESENTAR O TFM
O TFM só se pode presentar tendo a totalidade das materias do mestrado aprobadas.
CONVOCATORIAS/OPORTUNIDADES , TRIBUNAIS E DEFENSA
O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades. A primeira oportunidade é a principios de xullo e a segunda en setembro. No documento marco poden consultarse toda a información relativa ao procedemento e as datas. ESte documento está accesible na web da Facultade e en moodle.
Para a avaliación dos TFM tribunais formados por tres persoas titulares e unha ou dúas suplentes. Os membros dos tribunais son docentes do Mestrado, dous deles imparten as materias específicas do itinerario de FOL. A dirección do TFM non pode formar parte dos tribunais que xulguen os TFM do alumnado que titorizou.
Para a defensa do TFM o alumnado disporá dun máximo de 20 minutos. O tribunal formulará as preguntas,comentarios e suxestións que estime oportunas. Finalizadas todas as defensas dos TFM o tribunal publicará as cualificacións provisionais na aplicación do TFM na intranet da Facultade e indicará a data, hora e lugar para revisión.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7ª edición.
Plaxio
O plaxio será motivo de suspenso. O artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC establece que " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incluido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
NORMAS PARA A AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓNS
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual