ASISTENCIA
A asistencia ás sesións é obrigatoria, e está xustificada en base a que as clases son moi interactivas e se traballa aspectos procedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia, polo tanto, nesta materia non procederá a dispensa de asistencia do alumnado.
O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar e entregar as actividades realizadas na aula.
REQUERIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas distintas actividades que computan na cualificación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no traballo tutelado e no portafolio. Na avaliación da segunda oportunidade recupéranse as actividades non superadas. A non realización dalgunha das actividades de avaliación implica a cualificación de Non presentada
É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA máis actuais. Co obxectivo de visibilizar as achegas das autoras, escrbirase o neme completo dos autores e autoras.
Plaxio
O plaxio será motivo de suspenso. Así o establece o artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC
- https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
- http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual