Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A20 |
Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. |
A21 |
Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. |
A24 |
Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
A27 |
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Os/as estudantes deben demostrar coñecemento teórico e dominio práctico dos principios e criterios que presiden o proceso de desenvolvemento e concreción do currículo (con especial atención aos que se refiren ao deseño de unidades didácticas, que e a súa derradeira fase). |
AJ20 AJ21 AJ27
|
|
CC1 CC3 CC4 CC6
|
Os/as estudantes deben familiarizarse coas concepcións «modernas» da avaliación, as cales, no canto de a reducir ao mero acto de corrixir e puntuar, prefiren contemplala como unha práctica que precede, acompaña e segue ao proceso de ensinanza-aprendizaxe (e que, por tanto, axuda a planificalo, a xestionalo e, por suposto, a valorar os seus resultados e extraer leccións para o porvir). |
AJ24
|
|
CC1 CC3 CC4 CC6
|
En primeiro lugar, os/as estudantes deben tomar conciencia da(s) diversidade(s) que poboa(n) as nosas aulas; en segundo lugar, deben explorar as posibles abordaxes desa realidade ineludible, asimilando (reflexiva e criticamente) algunhas das pautas e suxestións dos especialistas en orientación educativa, e mais asumindo os valores do respecto da diferenza e a consideración por «o outro». |
AJ20 AJ21 AJ27
|
|
CC1 CC3 CC4 CC6
|
Os/as estudantes deben coñecer, grosso modo, as etapas do proceso de selección do persoal docente dos centros de titularidade pública, tomando conciencia dos principios que o presiden (igualdade, mérito, capacidade) e establecendo as oportunas comparacións cos procedementos en uso nos países do noso contorno. |
|
|
CC1 CC3 CC4
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1. CUESTIÓNS PREVIAS |
1.1. A noción de currículum
1.2. Os niveis de concreción curricular no sistema educativo español
1.3. A lingua e a literatura no marco lexislativo do Ensino Secundario en Galicia
|
2. A PROGRAMACIÓN |
2.1. A programación de aula: que é?, que criterios presiden a súa elaboración?
2.2. As unidades didácticas: que son?, como se deseñan?, cales son as condicións xerais que deben satisfacer?
|
3. A AVALIACIÓN |
3.1. Concepto e tipos
3.2. Obxectivos, criterios e instrumentos
3.3. Do dito ao feito: como deberia e como adoita avaliar o profesorado de Lingua e Literatura
|
4. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE NA ÁREA DE LINGUA E LITERATURA |
4.1. A atención á(s) diversidad(es), unha responsabilidade... e un desafío
4.2. Algunhas orientacións de alcance xeral |
5. APÉNDICE: DE GRADUADO EN LINGUA E LITERATURA A TRABALLADOR DO ENSINO |
5.1. O estatus laboral do docente na escola pública española
5.2. Vías de acceso ao exercicio profesional
|
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 |
12 |
0 |
12 |
Workshop |
A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 |
14 |
25 |
39 |
Supervised projects |
A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 |
2 |
45 |
47 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Os docentes farán unha presentación breve, mais substanciosa, das cuestións nucleares da materia, esforzándose en todo momento por poñer de manifesto que as disquisicións teóricas non son simples logomaquias, senón que teñen gran relevancia para a planificación do traballo de aula. Que é a teoría de hoxe senón o que fica tras someter a práctica de onte a un proceso —descúlpese a metáfora— de filtrado e refinado? |
Workshop |
Espérase que o alumnado participe de xeito activo nos distintos obradoiros programados na aula, así como, se as houber, naquelas actividades que se leven a cabo fóra dela. A asistencia, imprescindíbel para optar á avaliación desta parte da materia, será controlada polo equipo docente.
Cabe a posibilidade de que, para facilitaren a avaliación do seu labor, os/as estudantes teñan que entregar un portafolio no que quede constancia das súas reflexións sobre os asuntos abordados nos obradoiros. |
Supervised projects |
Baixo a dirección dos docentes, os/as estudantes terán que facer un bosquexo de unidade didáctica para as materias de Lingua Castelá e Literatura ou Lingua Galega e Literatura, orientada cara a alumnos/as de ESO ou Bacharelato. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Workshop |
Supervised projects |
|
Description |
Cando os/as alumnos/as leven a cabo tarefas de carácter propiamente creativo (sono case todas as relacionadas co deseño das programacións de aula), o equipo docente orientará os seus esforzos ofrecéndolles modelos ou consellos. Esta intervención poderá producirse tanto nas horas lectivas como nas de titoría. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Workshop |
A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 |
Unha advertencia que engadimos ao dito no apartado de «Metodoloxía»: a asistencia regular é requisito indispensable para que o equipo docente tome en consideración as achegas que un/unha alumno/a faga no marco dos obradoiros. Considerarase regular a asistencia de todos/as os/as estudantes que estean presentes na aula, cando menos, nun 80 % das horas lectivas. |
25 |
Supervised projects |
A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 |
Nada que engadir ao que dixemos no apartado de «Metodoloxía». |
75 |
|
Assessment comments |
- Non se pode superar a materia sen obter, cando menos, o 50% dos puntos que están en xogo nos talleres (1,25 sobre 2,5) e no traballo tutelado (3,75 sobre 7,5). Se un/unha alumno/a ficou por baixo dos mínimos establecidos nunha das dúas partes, na segunda oportunidade só terá que repetir esa, e conservaráselle a nota que obtivese na outra. No caso de que non alcanzase o nivel-soleira en ningunha das partes, terá que repetir as dúas. - Os/as estudantes que conten con dispensa académica suplirán a participación nas actividades presenciais someténdose a unha proba de ensaio (con outras palabras: a un exame final). O equipo docente proporcionará instrucións ao respecto con antelación suficiente. Cómpre indicar que o peso da proba de ensaio na cualificación final será superior ao do taller no caso do alumnado «común»: no canto dun 25 %, un 50 %. Sendo así, o peso do traballo tutelado —que será de autoría individual— terá que descender dun 75 % ata un 50 %, obviamente. - Os traballos entregaranse, por defecto, de xeito telemático. De non ser posible, recoméndase que non se utilicen plásticos na encadernación, que se imprima a dobre cara e que se empregue papel reciclado. Cómpre, en suma, facer un uso sustentable dos recursos, a fin de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Nos nosos comportamentos persoais e profesionais, debemos abrazar principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade. |
Complementary
|
|
Hermida , Sonia (07/06/2021). Libros infantiles y juveniles extraordinarixs para todxs. https://soniahermida.com/libros-infantiles-y-juveniles-extraordinarios-y-discapacidad-listado-e-instrucciones-de-uso/ Lomas, C. (1999). Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras: teoría y práctica de la educación lingüística. Paidós. Lomas, C. y Osoro, A. (Comps.) (1993). El enfoque comunicativo en la enseñanza de la lengua. Paidós. Lomas, C. et alii (1993). Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua. Paidós. López Valero, A. y Encabo Fernández, E. (2001). El desarrollo de habilidades lingüísticas: una perspectiva crítica. Granada: Grupo Editorial Universitario. López Valero, A. y Encabo Fernández, E. (2002). Introducción a la didáctica de la lengua y la literatura: un enfoque sociocrítico. Octaedro. Mendoza Fillola, A. et alii (1996). Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria. Akal. Mendoza Fillola, A. (Coord.) (1998). Conceptos clave en didáctica de la lengua y la literatura. Barcelona: S. E. D. L. L. / UB – I. C. E. / Horsori. Mendoza Fillola, A. (Coord.) (2003). Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria. Pearson. Muriano Rodríguez, M. M. O noso Symbaloo. https://www.symbaloo.com/mix/osymbaloodefundamentos Muriano Rodríguez, M. M. Conta da docente na rede social Instagram para uso académico: @montsemurianor Muriano Rodríguez, M. M. Conta da docente na rede social Twitter para uso académico: @montsemr Muriano Rodríguez, M. Pinterest: Os imprescindíbeis da nosa biblioteca de profes. https://www.pinterest.es/montsemurianor/os-imprescind%C3%ADbeis-da-nosa-biblioteca-de-profes/ Pérez Esteve, P. y Zayas, F. (2007). Competencia en comunicación lingüística. Alianza Editorial. Serrano, J. y Martínez, J. E. (Coords.) (1997). Didáctica de la lengua y la literatura. Oikos-Tau. Unamuno, V. (2003). Lengua, escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica. Graó. |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
|